O reiterado e manifesto incumprimento da Lei de Memoria Democrática no concello da Coruña

Na cidade da Coruña conviven 110 símbolos franquistas, algúns sorprendentes a día de hoxe.

A Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña insiste en denunciar o "incumprimento reiterado" da Lei de Memoria Histórica por parte do goberno local da Coruña, ao non retirar a simboloxía franquista da cidade. Lembrar que hai un ano deuse a coñecer á alcaldesa, Inés Rey, un informe do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, responsabilidade da historiadora Ana Romero, no que se recolleron 110 símbolos herdados do franquismo que quedan nas rúas e diversas distincións coruñesas e preguntarlle ao Executivo municipal por que non actúa, cando dende o ano 2008 se lle remitiron informes e o 1 deste mes remitironlle un escrito avisando de que a Comisión estuda medidas legais.

A continuación reproducimos a Memoria do informe de Ana Romero que presenta o grupo de traballo da Memoria Democrática para a aplicación da Lei da Memoria Histórica no Concello da Coruña en relación coa denominación de rúas, avenidas e prazas da cidade
Membros da CRMH da Coruña

Na sesión extraordinaria celebrada o 27 de novembro de 2019 polo Consello da Memoria Democrática baixo a presidencia da Srª Alcaldesa, no Asunto nº 4 da orde do día foi aprobado, por unanimidade, a formación dun grupo de traballo, liderado polo Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, que puxese en marcha estudos sobre a retirada da simboloxía franquista conforme ao proposto polo propio Consello na súa reunión do 28 de febreiro de 2019.

Para coordinar o citado grupo de traballo, o devandito Instituto propuxo a un dos seus membros numerarios, Ana Romero Masiá, que tamén forma parte do Consello da Memoria Democrática, proposta que foi aceptada por todos os presentes.

O director do Instituto José Cornide, D. Xosé Antón Fraga Vázquez, informou deste nomeamento á Xunta de Goberno e ao Pleno de Numerarios da institución, que tamén aceptaron por unanimidade a decisión.

Ana Romero Masiá

Aceptada a proposta por todas as partes implicadas, formalizouse o nomeamento e Ana Romero Masiá organizou o grupo de traballo formado por ela mesma xunto con Luis Lamela García, Segundo Saavedra Rey e Carmen Martín Velázquez, grupo que se puxo a traballar de inmediato.

O novo grupo de traballo tiña como obxectivo continuar o labor realizado pola Comisión de Expertos que entregou o seu informe ao Concello en 2009 e seguir investigando sobre símbolos e personaxes que poidan ser obxecto de aplicación da Lei da Memoria Histórica (Lei 52/2007 de 26 de decembro e a súa modificación de 25 de agosto de 2018), especialmente o artigo 15 relativo a símbolos e monumentos públicos facultando ás administracións públicas para adoptar as medidas oportunas para a eliminación de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, do levantamento militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura. Así mesmo, a Lei establece unha serie de medidas para evitar calquera exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura, e para que os diversos símbolos que prevalezan na nosa democracia sexan ocasión de encontro e non de enfrontamento.

As dificultades da investigación obrigaba a dosificar o traballo a realizar para poder documentar con amplitude e rigor as biografías de personaxes aos que, no seu momento, se lles concedeu o honor de contar coa dedicatoria dunha rúa, unha placa, un monumento ou unha mención honorífica. Tendo en conta que a práctica totalidade das rúas que puidesen ser obxecto de aplicación da citada lei están dedicadas a persoas individuais, isto implica unha profunda investigación biográfica do personaxe, traballo nada doado polas múltiples fontes a consultar en variados arquivos. Xa que logo, o grupo comezou a traballar, nesta primeira fase, investigando ás persoas que dan nome a rúas da cidade e que, en aplicación da Lei de Memoria Histórica, poderíaselle retirar tal honor se se comproba a súa participación na sublevación militar e/ou na represión posterior. O traballo permite tamén dar resposta á solicitude presentada por D. Manuel Monge González ante o Concello o 28 de xaneiro de 2019 sobre a retirada de numerosos símbolos franquistas.

O traballo que agora de presenta é o resultado desta primeira fase de investigación cumprindo así o prazo previsto no proxecto presentado ao Concello o 20 de xaneiro de 2020. Traballouse sobre un total de 14 rúas dedicadas a personaxes que tiveron unha relación directa co franquismo e/ou as autoridades franquistas tratando de localizar o maior número de datos posibles para poder elaborar conclusións baseadas unicamente en probas documentais contrastadas e verídicas. A maioría destas rúas, avenidas e prazas están dedicadas a alcaldes do período da ditadura franquista en virtude de acordos adoptados polo Concello ao longo dos anos, pero non todos tiveron o mesmo grao de implicación na sublevación militar e na represión da ditadura. Noutros casos as rúas están dedicadas a personaxes que beneficiaron o desenvolvemento económico e urbanístico da cidade desde os seus postos de responsabilidade outorgados polos ministerios de Franco, pero que puideron ter graves implicacións coa sublevación e/ou a represión nos inicios da ditadura.

O traballo preséntase organizado por orde alfabética dos protagonistas cos datos que puidemos localizar relacionados coa investigación concreta de que se trata, é dicir, a relacionada cos supostos que contempla a Lei 52/2007, para finalizar cunha proposta sobre a conveniencia de retirada do nome da vía pública e dos posibles honores concedidos a maiores polo Concello (Fillo Adoptivo, Fillo Predilecto, Medalla de Ouro, Medalla de Prata). No caso dos retratos dos alcaldes, consideramos que, unha vez retirados os dos máximos represores dos inicios da Guerra Civil, recomendamos que se retiren tamén aqueles aos que propoñemos retirar a rúa e que se manden a un futuro museo da cidade, así como as placas e monólitos levantados na súa memoria.

A Coruña, novembro 2020

ÁLVAREZ DE SOTOMAYOR Y ZARAGOZA, FERNANDO

Ferrol 25/09/1875 – Madrid 17/03/1960

Fernando Alvarez de Sotomayor

O pintor Fernando Álvarez de Sotomayor era o director do Museo do Prado cando se proclamou a Segunda República, cargo que viña desempeñando desde 1922. En 1931 dimitiu porque non estaba disposto a seguir baixo as ordes do novo goberno, tal como el mesmo confesou en carta dirixida ao Duque de Alba, quen fora quen indicara o seu nome para o cargo: por una cuestión de dignidad no podía servir a las órdenes de Marcelino Domingo, unha declaración que tamén recolleu, anos máis tarde, o periodista do Diario de Noticias de Lisboa do 12 de agosto de 1937. Tamén en1931, e por idéntico motivo, renunciou á medalla de académico de Belas Artes, aínda que esta renuncia non lle foi aceptada.

Durante a Segunda República foi dirixente na Coruña do partido Renovación Española. En maio de 1934 foi elixido vicepresidente segundo do Comité Provincial e, en agosto dese mesmo ano, visitouno José Calvo Sotelo, presidente dese Comité Provincial, na súa finca de recreo en Lamastelle, onde tivo lugar unha reunión cun grupo de cualificados amigos do citado partido político. En xaneiro de 1935 foi elixido vicepresidente segundo da directiva do Consejo Auxiliar de Renovación Española, e en maio seguinte foi elixido de novo segundo vocal do Comité Provincial, presidido por Calvo Sotelo.

En xullo de 1936 o pintor Sotomayor tiña 60 años e la guerra civil de España le sorprendió en La Coruña, y allí hubo de abandonar su arte para dedicarse exclusivamente a la causa de la nueva España, confesou el mesmo ao periodista Armando Boaventura no Diario de Noticias de Lisboa, o 12 de abril de 1937. Nos primeiros días do levantamento militar contra a legalidade republicana, e ao iniciarse a chamada subscrición patriótica na Coruña, Álvarez de Sotomayor doou para as forzas sublevadas 5.000 pesetas, aplaudindo o golpe e colaborando intensamente coas novas autoridades civís e militares franquistas, convertido nun belixerante activo contra a Segunda República uníndose, por tanto, aos sublevados.

El insigne pintor D. Fernando Álvarez Sotomayor, al recibir las gracias por la donación de CINCO MIL PESETAS para la suscripción abierta a favor de la Defensa de la Patria, que le expresaba el oficial do Ejército encargado de la colecta, manifestó de manera emocionante y lleno de amor patrio que esa cantidad era la que disponía de momento, pero que tanto sus cuentas corrientes en los Bancos, como todo lo que posee, así como sus servicios, pertenece al Ejército, salvador de nuestra querida Patria, sin cuyo movimiento glorioso y triunfante continuaría España en la tiranía opresora de Moscú. Es verdaderamente ejemplar tan noble, patriótico y espléndido gesto[1].

Uns días despois, no libro-rexistro de entrada e saída de correspondencia da Delegación de Orde Pública da Coruña, o 14 de agosto de 1936, figura un asento que di: Fernando A. Sotomayor. Ofrece finca Lamastelle con 20 camas para heridos guerra[2]. Trátase dunha finca na que máis tarde Falanxe instalará unha escola de adoutrinamento falanxista.

Todas estas mostras de adhesión incondicional á rebelión militar levaron a que o delegado de Orde Pública e gobernador civil, Florentino González Vallés, requirise a mediados de agosto de 1936 a directa colaboración de Fernando Álvarez de Sotomayor para dirixir un novo negociado –o chamado noveno– ligado directamente ao xefe de prensa e propaganda de Burgos, negociado constituído cos elementos que o prestixioso pintor xulgase precisos[3]. E desde este posto Álvarez de Sotomayor desenvolveu un extraordinario labor en favor do Movimiento Nacional e colaborou tamén na represión económica de todos os habitantes da provincia por medio das subscricións e donativos (in)voluntarios a favor da causa nacional. Por medio do negociado noveno organizouse a subscrición para a compra do avión Hércules, entre outras moitas[4].

Dentro das actividades desenvolvidas polo negociado noveno do Goberno Civil, e baixo a súa presidencia, estivo a creación de talleres de vestiario (Mujeres al Servicio de España) na Coruña, co o obxectivo de auxiliar as necesidades da guerra, unha institución dedicada á recollida e distribución de donativos de diñeiro, xoias de ouro e prata, roupas e á creación de talleres de confección de prendas para o exército e as milicias franquistas.

El glorioso artista y ejemplar Español don Fernando Álvarez de Sotomayor, uno de los españoles con más lealtad a sus convicciones y a sus afectos reaccionaron el 14 de abril contra la República, por considerarla -ya se ve con qué sagacidad- ruinosa y envilecedora para España, ha dirigido a la presidenta de la benemérita entidad gallega Mujeres al Servicio de España la siguiente carta: Señora doña Matilde Vela, presidenta de Mujeres al Servicio de España: Mi distinguida amiga: Llevo cerca de un año y medio colaborando con ustedes en la obra de vestir a nuestro glorioso Ejército y proporcionar al soldado el abrigo y bienestar a que le da derecho su heroica actuación[5].

Así pois, politicamente, Fernando Álvarez de Sotomayor tiña as ideas moi claras: Hoy sólo hay una política. La de la salvación de España. Obedecemos únicamente al Generalísimo Franco. España se le entrega confiada porque el Jefe sabrá encaminarla, guiarla, conducirla a través de sus destinos históricos […] y, consiguientemente, él estuvo dispuesto a apoyarlo con todas las consecuencias y en todas las estancias. […] Cuándo volverá a su estudio de artista? No lo sé. Cuando España sea enteramente nuestra, nacionalista, esto es, española[6].

Convocadas polo gobernador civil, Julio Muñoz Aguilar, autoridades civís e representantes das institucións económicas coruñesas asistiron a unha reunión para discutir sobre a doazón a Francisco Franco dun pazo na provincia da Coruña, encomendando a Sotomayor, pola súa profesión artística, elixir o edificio. Propuxo as Torres de Meirás, converténdose el mesmo nun dos máis destacados promotores da compra do pazo.

La Presidencia [da comisión permanente municipal] dio cuenta oficial a la Corporación de la adquisición que la Ciudad y provincia de La Coruña hacen del señorial Pazo de las Torres de Meirás […] para ofrecerlo como residencia veraniega a nuestro invicto Generalísimo y Glorioso Caudillo. Esta feliz iniciativa, que ha sido acogida con gran entusiasmo y general aplauso por toda la Región, fue sugerida en la Permanente de este Ayuntamiento por el miembro de la misma Don Fernando Álvarez de Sotomayor, que puso todo su celo y actividad en realizar las gestiones precisas para ello[7].

Aceptada a proposta, a Comisión Pro-Pazo que se organizou, e que Sotomayor presidía, negociou a venda cos propietarios e sucesores da escritora e condesa Emilia Pardo Bazán -Blanca Quiroga Pardo Bazán, a filla, e Manuela Esteban Collantes, viúva do fillo Jaime-, adquisición taxada nunhas 415.000 pesetas en marzo de 1938.

Durante a sanguenta contenda civil española, Fernando Álvarez de Sotomayor achegou máis servizos á causa dos sublevados. O 3 de febreiro de 1938 foi designado polo gobernador civil terceiro tenente de alcalde do concello da Coruña,e uns días máis tarde o alcalde encargoulle a comisión de Paseos e Xardíns. O pleno da corporación municipal celebrado o 18 de agosto de 1938 foi informado do nomeamento de Álvarez de Sotomayor como novo alcalde da Coruña, de acordo coa designación realizada o día 11 polo Ministerio de Interior, presidindo o novo alcalde o seu primeiro pleno o 22 de setembro de 1938[8]. O seu mandato durará ata que cese oficialmente na sesión celebrada o 9 de outubro de 1939[9], pero desde a celebrada o 3 de marzo non estaba na Coruña e presidiron a Corporación, de forma accidental, varios concelleiros. A razón do abandono da política municipal estaba en que fora nomeado, de novo, director do Museo do Prado, cargo que desempeñou ata 1960.

Sobre a posibilidade dunha mediación para deter a Guerra Civil en España, o entón alcalde coruñés, Fernando Álvarez de Sotomayor, declarou: La mayor imposibilidad para la mediación es el convencimiento que nos anima a todos de que sólo las armas pueden decidir y nuestra seguridad en la victoria. Por otra parte, la mediación podría mezclarnos, en mezcla detonante. Pero unirnos, jamás[10]. Rexeitou, por tanto, calquera acordo de paz, confirmando a súa comuñón absoluta cos sublevados e coa guerra civil que estaba sufrindo e desangrando España.

E mentres os paseados eran enterrados en fosas comúns e nas cunetas e camiños da Galicia rural, o alcalde coruñés aprobou unha proposición do poñente de sanidade, na que acordaba condonar os dereitos municipais do enterramento do tenente coronel da Garda Civil e represor, Florentino González Vallés, concedendo a súa viúva a propiedade do nicho onde foi enterrado[11].

O 3 de agosto de 1945 a Alcaldía solicitou do gobernador civil que tramitase a petición de conceder a Álvarez de Sotomayor o título de Fillo Adoptivo, petición aceptada polo Ministerio de Gobernación o 25 do mesmo mes[12], de modo que o 17 de outubro de 1945 a corporación municipal acordou facer efectivo o honor polos seus méritos artísticos que ha culminado en el arte pictórico y que ha llevado a todos los ámbitos de España, trascendiendo su nombre preclaro al extranjero[13].

En 1958 foi nomeado procurador en Cortes, cargo no que se mantivo ata o seu falecemento en 1960.  O 19 de abril de 1960 a corporación municipal decidiu dedicarlle unha rúa.

A Lei 52/2007, de 26 de decembro, é moi taxativa e determina que deben ser retirados os honores a persoas que tiveron un papel destacado na exaltación da Guerra Civil, da sublevación militar e da represión da ditadura. E, sen dúbida, polo seu protagonismo e plena convicción a favor dos sublevados desde o primeiro momento de producirse o chamado Alzamiento Nacional e súa contribución ao triunfo dos militares sublevados, Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza é candidato a que se lle retiren os honores concedidos polas corporacións municipais franquistas coruñesas durante a ditadura: eliminar o nome da Praza Pintor Sotomayor, situada na zona de Panaderas fronte ao antigo Museo de Belas Artes, retirarlle o título de Fillo Adoptivo e o seu retrato, realizado por Rosario Álvarez de Sotomayor Castro, da galería de alcaldes do Concello.


[1] La Voz de Galicia, 30/07/1936.

[2] AGA, Libro 188. TOP 25/00, signatura 193.

[3] Con data do 17 de agosto de 1936, González Vallés creou este novo negociado no Goberno Civil encargado de organizar festivales, colectas públicas, propaganda de nuestro glorioso movimiento e incorporación definitiva y total de la Prensa al servicio de la gloriosa causa de España, marcándole normas de carácter ejecutivo, que inexorablemente han de seguir. […] Para llevar a cabo este proyecto, he resuelto nombrar jefe de este negociado al ilustre pintor y benemérito patriota D. Fernando Álvarez de Sotomayor, delegado de Bellas Artes, director del Museo Provincial y presidente de la Comisión provincial de Monumentos. O novo negociado quedou instalado no domicilio da Sociedade Filarmónica en Riego de Auga 9. La Voz de Galicia, 20/08/1936.

[4] El Gobierno Civil de La Coruña creó un organismo dedicado a recoger donativos y a fabricar y distribuir ropas y agasajos para las tropas nacionalistas. Se me otorgó el cargo de director de la oficina, declarou Álvarez de Sotomayor no citado Diario de Noticias (Lisboa), 12/04/1937.

[5] ABC (Lisboa), 12/12/1937.

[6] Diario de Noticias (Lisboa), 12/04/1937.

[7] AMC. AC. Libro de actas da comisión permanente. Sesión do 31/03/1938.

[8] Acompañan a Álvarez de Sotomayor concelleiros que tamén serán alcaldes no futuro como Pérez Ardá como segundo tenente de alcalde e membro da comisión do Ensanche, Diego Delicado tamén na do Ensanche e na de Beneficencia e Alfonso Molina na comisión de recrutas. Libro de Actas de Acordos Municipais (en adiante LAAM). AMC. AC. c-167/1.

[9] Nesta sesión tomou posesión como novo alcalde José Pérez Ardá, que iniciaba o primeiro dos seus tres mandatos. LAAM. AMC. AC. c-171/1.

[10] La Voz de Galicia,16/10/1938.

[11] La Voz de Galicia, 02/12/1938.

[12] ARG. FGC. G-32.447.

[13] LAAM. AMC. AC. c-168, fol. 194v-195.

BARRIÉ DE LA MAZA, PEDRO

A Coruña 17/12/1888 – A Coruña 14/03/1971

Pedro Barrie de la Maza

Pedro Barrié foi un dos empresarios galegos máis destacados do período franquista e o ditador destacouno, o 1 de outubro de 1955, coa concesión do título de Conde de Fenosa, denominación alusiva á grande empresa hidroeléctrica que posuía (Fuerzas Eléctricas del Noroeste. Sociedad Anónima. FENOSA).

A vinculación con Franco foi moi estreita desde o inicio da Guerra Civil e mantívose durante toda a ditadura, manifestada a través de numerosas colaboracións e servizos. Así, durante a guerra, Barrié fixo importantes donativos ao exército sublevado destacando as cantidades entregadas a favor da Defensa de la Patria-25.000 pesetas a título persoal e 50.000 do Banco Pastor[1]-, ademais das 6.100 latas de conserva, 15.000 pastillas de jabón La Toja, 240 kilos de jabón especialmente elaborado para la tropa y 1.000 botellas de agua de Mondariz[2] para o exército. Pouco máis tarde regalaba ás novas autoridades dos coches turismo[3]e repetía o envío de 28 cajas de jabón La Toja dous meses máis tarde[4].

Segundo un informe da Garda Civil asinado polo tenente coronel Benito Haro Lumbrera o 23 de setembro de 1937, Pedro Barrié de la Maza era persona de buena conducta pública y privada. No se tiene noticias de que haya estado afiliado a partido político alguno. Es de sentimientos católicos, que practica, y está considerado como uno de los principales capitalistas de la población y se le considera afecto al Glorioso Movimiento Nacional[5].

No desempeño do seu cargo de director do Banco Pastor participou activamente na depuración do persoal da entidade bancaria. En aplicación do decreto-lei nº 108 do 13 de setembro de 1936 (Boletín Oficial de la Junta de Defensa Nacional nº 22 do 16), os funcionarios públicos e de empresas subvencionadas polo Estado podrán ser corregidos, suspendidos y destituidos de los cargos que desempeñen cuando aconsejen tales medidas sus actuaciones antipatrióticas o contrarias al Movimiento Nacional (artigo 3), medidas que debían ser acordadas polo xefe da entidade previas á instrución dun expediente (artigo 4). Deste modo, e tras solicitar informes á Garda Civil sobre a totalidade dos empregados do banco, tanto da súa sede central da Coruña como das numerosas sucursais espalladas por toda Galicia, Pedro Barrié asinou, entre outubro de 1937 e marzo de 1938, polo menos 25 sancións que ían desde a suspensión definitiva do emprego ata a suspensión de emprego e soldo por un período de entre 15 días e un mes ou o traslado definitivo ou temporal a outra sucursal[6].

Pedro Barrié foi nomeado procurador nas Cortes franquistas, ocupando este cargo, de forma ininterrompida, entre os anos 1946 e 1967. No pleno do Concello de 30 de marzo de 1950 solicitouse a concesión de Fillo Predilecto da Coruña, petición aceptada pouco despois polo Ministerio de Gobernación[7].

A Lei 52/2007, de 26 de decembro, é moi taxativa e determina que deben ser retirados os honores a persoas que, como neste caso, tiveron un papel destacado no apoio aos sublevados e na represión de traballadores da entidade que presidía polo que se lle deben retirar os honores concedidos: a substitución da denominación da avenida que leva seu nome, a retirada do título de Fillo Predilecto e tamén o seu retrato, obra do pintor Rogelio Puente Díaz de la Rocha, que se exhibe na planta nobre da Casa Consistorial.

AVENIDA PEDRO BARRIE DE LA MAZA

https://goo.gl/maps/JQgwJSSm2iETHXGT6


[1] La Voz de Galicia, 01/08/1936.

[2] El Ideal Gallego, 05/08/1936.

[3] La Voz de Galicia, 09/09/1936.

[4] La Voz de Galicia, 21/11/1936.

[5] ARG. FGC. G-33.789.

[6] ARG. FGC. G-33.789. Tamén en AGA, sección Xustiza, caixa 75/951.O Banco contaba, ademais da casa central da Coruña, unha ampla rede de sucursais polo que o efecto das sancións afectou a traballadores de toda Galicia. En agosto de 1936 contaba coas seguintes sucursais nas localidades de: Barco de Valdeorras, Caldas de Reis, Cangas do Morrazo, Carballiño, Carballo, Cedeira, Celanova, Chantada, Ferrol, Fonsagrada, A Estrada, A Guarda, Lugo, Marín Melide, Mondoñedo, Monforte, Muxía, Noia, Ordes, Ourense, Padrón, Pontevedra, Pobra do Caramiñal, Ponteareas, Pontedeume, Ribadavia, Ribadeo, Rúa Petín, Ortigueira, Sarria, Tui, Verín, Vigo, Vilalba, Vimianzo e Viveiro. La Voz de Galicia,13/08/1936.

[7] O alcalde Alfonso Molina enviaba a solicitude ao gobernador civil con data do 13/04/1950 e este reenviaba a petición ao Ministerio de Gobernación o 03/05/1950, sendo aceptada por este con data de 26/05/1950. Expediente en ARG. FGC. G-31.543.

BLANCO-RAJOY ESPADA, BENITO

A Coruña, 12/04/1891 – A Coruña, 01/10/1968

O avogado Benito Blanco-Rajoy Espada dedicouse á política desde os tempos da Restauración sendo elixido deputado polo partido de Corcubión nas filas do Partido Conservador de Dato en 1920 e 1923. En 1921 ocupou o cargo de director xeral de Rexistros e do Notariado. Durante a Segunda República continuou como deputado formando parte das Cortes constituíntes de 1931 como deputado elixido pola Federación Republicana Gallega e de novo elixido deputado nas eleccións de 1933 e 1936 pola CEDA.

No fracasado golpe de Estado que dividiu España e aos españois en xullo de 1936, e co que se iniciou unha cruenta Guerra Civil, Benito Blanco-Rajoy adheriuse aos sublevados de forma discreta, aínda que unha adhesión en todo caso inquebrantable, requisito necesario para seguir ocupando o cargo de decano do Colexio de Avogados da Coruña, cargo que viña desempeñando desde 1930 e no que se mantivo ata 1959[1]. Pero, considerado polos falanxistas un claro representante da vella política, ata certo punto contaminado pola democracia republicana, non foi designado para ocupar cargos políticos destacados. A exclusión da participación política na nova España nacional fixo que súa colaboración co novo réxime se decidise desde a posición de decano dos avogados coruñeses, destacando, nesta colaboración, o seu traballo na depuración ideolóxica dos colexiados e empregados do Colexio de Avogados da Coruña, tal e como fixeron os demais colexios profesionais da España controlada polos sublevados.

A represión laboral e as depuracións por parte dos militares sublevados foi intensiva e extensiva en Galicia. Respondeu ao obxectivo e labor de limpeza política e ideolóxica de todo o persoal ao servizo da Administración do Estado, provincial e local, e do de moitas empresas privadas, concesionarias ou non do Estado, así como doutras institucións públicas ou privadas como colexios profesionais, entidades culturais, financeiras, empresas concesionarias, etc. Ademais, os postos que quedaron libres polas depuracións foron ofrecidos a uns vencedores ávidos de botín e recompensas, respondendo a un obxectivo puramente represivo ao privar do seu traballo e dos medios indispensables de vida a todos os denominados desafectos al Movimiento Salvador de España. Conseguiron neutralizar así a posible influencia económica-social dos non afectos condenándolles á marxinación durante moitos anos.

A adhesión inquebrantable foi requisito necesario para seguir ocupando un posto de traballo no novo Estado franquista, o que significaba estar en posesión dos correspondentes certificados de conduta moral e política necesarios para acceder aos postos de traballo, ou simplemente para que os fillos puidesen estudar na Universidade, por exemplo. Correspondía aos colexios profesionais -e Benito Blanco-Rajoy era o Decano do Colexio da Coruña- a aplicación das sancións, sen prexuízo da iniciativa da presidencia da Xunta Técnica para ordenar a formación de expediente de expulsión daqueles contra os que non se incoara xa polas entidades ou organismos chamados a depuralos. Para iso, por orde do decano, o Colexio primeiro procedía cos informes preceptivos ordenados polos gobernadores civís e emitidos pola Garda Civil sobre a ideoloxía e militancia política de cada colexiado. Despois, por parte do Colexio iniciábanse os expedientes ata a súa resolución definitiva, obrigado o colexio profesional polas novas autoridades a depurar aos colexiados ou empregados con suspensións ou despedimentos definitivos ou temporais, traslados forzosos, etc., dando de baixa aos colexiados para que non puidesen exercer a súa actividade como profesionais do dereito. Finalmente enviaban comunicación ao gobernador civil coas sancións impostas. O obxectivo era deixar sen medios económicos cos que subsistir aos seus contrarios políticos, anulalos social e economicamente, e obrigalos a ter que probar a súa inocencia ao inverter as novas autoridades o concepto xurídico de que quen acusa ten que probar.

Numerosos avogados foron depurados e expulsados dos seus respectivos Colexios. No caso da Coruña, sendo decano BenitoBlanco-Rajoy, están, por exemplo, os casos de Ramón Autrán Carballo[2], Manuel María González López[3], Eliseo Antonio Lastres López[4], Ramón Suárez Picallo, Victoriano Veiga González e o seu fillo Victoriano Veiga de Bernardo, entre outros moitos.

Pola súa participación como decano do Colexio de Avogados na depuración dos seus compañeiros de profesión, entendemos que debe eliminarse o nome da rúa que aprobou a corporación municipal no seu día situada entre as de Fernández Latorre e Alcalde Marchesi.


[1] En 1955 foi distinguido coa Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort.

[2] Afiliado á masonería en Betanzos e seguramente tamén a un partido republicano; foi detido e encarcerado.

[3] Avogado; afiliado á masonería; vocal da Liga Española de Derechos del Hombre na Coruña; dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista; dirixente de Izquierda Republicana; ex gobernador civil; recluído no Alcázar de Toledo; condenado a 12 anos e un día de prisión menor e inhabilitado.

[4] Representante da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 no Concello de Vimianzo. Xulgado por rebelión militar e condenado a cadea perpetua. Testemuño en escrito dirixido a Luis Lamela: Quise establecerme como Abogado en Coruña, y Benito Blanco Rajoy Espada, que era el Decano del Colegio, me lo impidió, exigiéndome el certificado de adhesión al movimiento. Como insistiese, diciendo que no era necesario tal certificado, consiguió, por medio de su cuñado Tovar que era el jefe del Estado Mayor, que me mandasen desterrado a Arzúa, en donde estuve 25 años ejerciendo la profesión. Pensé que no estaría más de cuatro años, que era el tiempo que creía duraría la guerra -la II Guerra Mundial-, pero la guerra se ganó y Franco se quedó para vergüenza de los Aliados. Cuando se reformó la distribución territorial de los Juzgados, se suprimió el de Arzúa y me vine para Santiago. A carta leva data do 30/08/1995. Arquivo particular de Luis Lamela.

CALVO SOTELO, JOSÉ

Tui 06/05/1893 – Madrid 13/07/1936

Avogado do Estado desde 1916, iniciou a súa actividade política no partido liberal conservador que dirixía Antonio Maura, conseguido a súa primeira acta de deputado a Cortes en 1919 polo distrito do Carballiño. En 1921 foi nomeado por Maura gobernador civil de Ourense, cargo que tamén desempeñou máis tarde en Valencia. Pero a súa carreira política cobrou relevancia coa ditadura de Miguel Primo de Rivera, quen o puxo á fronte da Dirección Xeral da Administración e, en 1925, do Ministerio de Facenda. En 1929 presentou a súa dimisión, no contexto do deterioro da ditadura, pero continuou coa actividade política durante o goberno de Berenguer. Coa proclamación da Segunda República marchou ao exilio, primeiro en Lisboa e despois en París. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de xuño de 1931 foi elixido deputado por Ourense pero, pero pola súa condición de exiliado, non se lle permitiu tomar posesión da súa acta.

Durante a súa estadía en París, especialmente durante 1933, entrou en contacto con ideólogos do autoritarismo nacionalista monárquico e asistiu a varias reunións nas que se tratou de organizar a volta ao sistema monárquico[1] perfilándose a estrutura conspirativa[2] e os contactos coa Italia de Mussolini[3].

Nas eleccións de novembro de 1933 volveu a ser de novo elixido polo partido Renovación Española[4]. En maio de 1934, grazas á amnistía decretada polo goberno de Lerroux, ocupa o escano de deputado por Ourense e retorna á actividade política. A partir deste momento convértese na voz máis potente dos defensores do retorno do sistema monárquico, pero dunha monarquía de corte autoritario e corporativista que reunise e aglutinase a todos os individuos e colectivos contrarios ao réxime republicano. Formouse entón o Bloque Nacional que concorreu ás eleccións de febreiro de 1936. Os resultados non foron os esperados, pero Calvo Sotelo conseguiu a súa acta de deputado por Ourense.

Desde o posto de deputado, especialmente a partir de marzo de 1936, Calvo Sotelo intensificou os seus ataques á República e ao goberno da Fronte Popular a través da prensa e dos seus discursos nas Cortes, destacando o enfrontamento co presidente do Consello de Ministros, Casares Quiroga. Calvo Sotelo converteuse no indiscutible voceiro da ultradereita e do antirepublicanismo[5] e tanto nos seus discursos como a través dos artigos de prensa, realizou a dobre tarefa de abrir brecha na República e enfervorizar os ánimos de habían de derrubala. E, fronte á situación que el definía como caótica e en desorde, a alternativa non podía ser outra que instaurar un novo Estado autoritario e corporativo[6]. Para conseguilo foise perfilando o proceso insurreccional no que sempre estivo presente Calvo Sotelo[7] que, ademais, figuraba como o máis probable xefe do poder executivo do novo goberno presidido por Sanjurjo[8]. O triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 acelerou os preparativos e a coordinación entre os elementos militares e civís, unha trama en proceso organizativo que viña de moito tempo atrás[9].

O 13 de xullo de 1936 foi detido irregularmente no seu domicilio e asasinado cun tiro na cabeza. Esta morte causou un forte impacto e tensou o clima político e social, xa moi polarizado, especialmente desde as eleccións de febreiro. A desaparición de Calvo Sotelo precipitou e deu argumentos definitivos á sublevación militar que se viña fraguando desde meses atrás e coa que se iniciou a Guerra Civil.

Os múltiples indicios permiten admitir a certeza de que na cúspide da conspiración estiveron Sanjurjo e Mola no ámbito militar xunto ao trío Calvo Sotelo, Goicoechea e Sainz Rodríguez no civil, e todos eles contaron coa imprescindible colaboración de Juan March e numerosos aristócratas e membros da oligarquía[10]. Os últimos estudos destacan a solidez e coherencia dos múltiples indicios que permiten non dubidar da relación directa de Calvo Sotelo coa organización da trama golpista que desencadeou a Guerra Civil[11].

O franquismo tivo, desde o inicio, a intención evidente de facer do asasinato de Calvo Sotelo o principal argumento da necesidade de levar a cabo un golpe de Estado que acabara cunha República sumida na anarquía e o caos. Enxalzouse a súa figura, sucedéronse os actos relixiosos na súa memoria[12] e erguéronse monumentos que servían non tanto coma homenaxes a Calvo Sotelo, senón máis ben como recordatorio da súa morte (debida, segundo a perspectiva franquista, á iniquidade da República), e do Alzamento Nacional como movemento liberador. O pensamento de Calvo Sotelo, expresado nos seus escritos e mitins, foi base fundamental para a configuración ideolóxica da ditadura[13]. Neste sentido, aínda que persoalmente non participara directamente na sublevación militar nin na represión franquista por ter sido asasinado antes (aínda que haxa indicios claros de que estaba implicado nos plans de levantamento), pódese considerar que os honores dedicados a Calvo Sotelo polo franquismo, considerándoo Protomártir da Cruzada, constitúen unha exaltación da sublevación militar, e polo tanto resultarían afectados pola Lei de Memoria Histórica[14].

Xa que logo, o Concello debería considerar a Calvo Sotelo personaxe afectado pola Lei de Memoria Histórica e retirarlle os honores de que goza na Coruña relacionados coa denominación de rúas: a Avenida Calvo Sotelo e a Travesía Hogar Calvo Sotelo[15].


[1] Segundo informacións enviadas desde París a Azaña, das conversas telefónicas interceptadas se podía deducir con claridade a existencia de dous comités: un presidio por Calvo Sotelo que se encargaba das cuestións financeiras da conspiración e outro encargado das relacións entre os elementos civís e militares. Aínda que sen documentos textuais de apoio, nestas reunións está a xénese do proceso que desembocou no acordo cos fascistas italianos de 1934. A. Viñas, ¿Quién quiso la Guerra Civil? Historia de una conspiración. Barcelona, Crítica, 2019, nota p. 49.

[2] Para entonces ya se había fraguado la estructura conspirativa con Calvo Sotelo a la cabeza como jefe político, Sanjurjo en lo militar y Gallarza de conexión entre la civil y la castrense. E. González Calleja, Contrarrevolcionarios. Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República. Madrid, Alianza, 2011, p.115.

[3] Segundo A. Viñas, op. cit. p.54, o primeiro contacto de Calvo Sotelo coa Italia fascista data de febreiro de 1933.

[4] Como saíu elixido por Ourense e A Coruña, o sorteo determinou que representase a Ourense.

[5] O historiador Julio Aróstegui caracterízao como “el más provocador de todos los enemigos de la República”.

[6] No discurso nas Cortes do 16 de xuño de 1936 non ocultaba a súa sintonía co fascismo: A este Estado le llaman muchos Estado fascista; pues si ese es el Estado fascista, yo, que participo de la idea de ese Estado, yo que creo en él, me declaro fascista.

[7] Da organización dunha trama golpista era sabedor o propio Goberno republicano e en varias Memorias de personaxes contemporáneos se alude a ela con claridade aínda que non se coñezan documentos escritos pois, pola propia natureza dos feitos, ou non se escribiron, foron destruídos, non se conservan en arquivos públicos ou non foron localizados polos investigadores. Así, por exemplo, nas Memorias do aviador Ansaldo, no referente á conspiración contra a República, comenta que estaban preparados por se a esquerda volvía ao poder e para iso contaban coa implicación da Unión Militar Española, de recente creación, que aceptaba a xefatura de Sanjujro, nese momento en Portugal. También se constituyó un comité civil compuesto por repsentantes de todas las fuerzas políticas que se hallaban en estrecho contaco con la organización militar. Este comité civil lo componían los señores Pradera, el conde de Rodezno, Antonio Goicoechea, José Calvo Sotelo y Pedro Sainz Rodríguez. Igualmente, as Memorias de Sainz Rodríguez permiten apuntalar la tesis de que la persona que reunía los máximos atributos para convertirse en la personalidad civil con mayor autoridad tras el futuro golpe no fue otra que Calvo Sotelo. A. Viñas, op. cit. pp.115, 120.

[8] José Antonio Primo de Rivera, na súa defensa ante o tribunal que o xulgaba en Alacante o 17 de novembro de 1936, recoñecía o papel que debería xogar Calvo Sotelo no novo goberno: La UME tenía un jefe con el que soñaba, que era el pobre Calvo Sotelo, y tenía un órgano en la prensa que es La Época, que es el pequeño foco intelectual militar ultrarrevolucionario, y Calvo Sotelo era el profeta. Reproducido en J. Mª Mancisidor. Frente a Frente. José Antonio frenteal tribunal popular. Alicante-noviembre 1936. Madrid, Edit. Almena, 1975, p. 101. Sanjurjo exclamou ao coñecer a morte de Calvo Sotelo: Hemos perdido al hombre más preclaro.

[9] El “frente cívico” cooperó aportando fondos importantes y un fuerte apoyo moral a la conspiración militar, pero muy pocos civiles, (fuera de José María Gil Robles, Calvo Sotelo y unos pocos colaboradores muy próximos de cada uno) estaban al tanto de los proyectos militares. R. De la Cierva, Episodios históricos de España. 1936. Ante el Alzamiento. Trama civil y conspiración militar. Madrid, ARC editores, 1997, p. 9. Este autor vincula a Calvo Sotelo desde os inicios da trama golpista e en relación cos preparativos de 1935 toma unha referencia de Juan Antonio Ansaldo, no seu libro ¿Para qué? segundo a que este fue a ver al ministro de la Guerra por delegación de Calvo Sotelo, que se encontraba en cama con un fuerte ataque de ciática, para que requiriese a los generales Franco, Fanjul y Goded que se pusiesen al golpe de Estado presidencial. De no hacerlo, en frase de Calvo Sotelo, “la historia habría de exigirles un día responsabilidades implacables”. R. de la Cierva, Episodios históricos de España. El fascismo y la derecha radical española. Madrid, ARC editores, 1997, p. 60.

[10] Nun texto mecanografado do Alto mando de la Defensa Nacional (Boletín confidencial extraordinario) figura esta ficha: Calvo Sotelo. Monárquico. Ex ministro de la Dictadura. Hombre de gran preparación técnica financiera. Peligrosísimo por su poder de captación de las masas. Cuenta con el apoyo de grandes grupos capitalistas. Fracasado Gil Robles en el Gobierno, constituye Calvo Sotelo la única esperanza de las derechas nacionales. Es la única figura que puede aglutinar a su alrededor a todos los elementos contrarios al Frente Poplar. Se halla perfectamente relacionado con influyentes personalidades del Frente Nacional, cuya jefatura ostentaría de modo indiscutuble. En AUSMAECI, DGAP, busta 9 (Spagna 1, Política interior) Recollido en A. Viñas, op. cit, Anexos.

[11] A relación de Calvo Sotelo co golpe de Estado de 1936 está na decisión de ducias de concellos e institucións que decidiron eliminar seu nome de rúas, prazas e institución, caso da Deputación da Coruña co nome do IES Calvo Sotelo.

 [12] Por exemplo,na Coruña, celebráronse misas durante todos os meses de 1936 pola súa alma e en anos posteriores os actos de aniversario.

[13] Os argumentos que tantas veces utilizarán os sublevados e que serviron de base ideolóxica a todos os que pouco despois se agruparon arredor dun sector do exército para iniciar a Guerra Civil quedan perfectamente definidos no discurso /mitin de 13/01/1936: La obediencia es contrapartida de la legalidad. Y cuando falta la legalidad, en deservicio de la patria, sobra la obediencia. Y si aquella falta a estas alturas, no es que sobre la obediencia, es que se impone la desobedencia. […] Hoy el Ejército es base de sustentación de la Patria. He subido de la categoría de brazo ejecutor, ciego, sordo y mudo, a la de columna vertebral, sin la cual no se concide la vida. […] Cuando las hordas rojas del comunismo avanzan, sólo se concide un freno: la fuerza del Estado y la transfusión de las virtudes militares -obediencia, disciplina y jerarquía- a la sociedad misma, para que ellas descasten los fermentos malsanos que ha sembrado el marxismo. Por eso invoco al Ejército y pido patriotismo al impulsarlo. En Fernando Díaz Plaja, La Historia de España en sus documentos. Siglo XX. Madrid, Instituto de Estudios Políticos, 1964, p.822ss.

[14] Sobre a utilización da morte de Calvo Sotelo polo franquismo: Franco, al convertir en “crimen de Estado” el asesinato, demostró su sentido de la estrategia, En el aparatoso ritual de su Cruzada, el mito del Protomártir funciónó hasta julio de 1937. Después… la lucha necrófila de “los vivos” se repartió -como el poder- entre los suyos, los otros y los de José Antonio Primo de Rivera. A mayor gloria del Generalísimo. J. A. Durán, “La satanización del protomártir. José Calvo Sotelo, centenario”, La Voz de Galicia, 29/05/1994. Na Coruña celebrouse unha grande homenaxe no seu honor o 22/05/1950. AMC. AC. c-996 (23).

[15] A Medalla de Ouro e os títulos de Fillo Adoptivo e Fillo Predilecto foron aprobados o 19/07/1928 polo que estes honores non estarían afectados pola actual lexislación, igual que o retrato, obra do pintor Román Navarro García Vinuesa. Queda a decisión do Concello considerar a posterior evolución política do personaxe.

DELICADO MARAÑÓN, DIEGO

Málaga 28/04/1884 – A Coruña 07/08/1964

Diego Delicado chegou á Coruña como funcionario de Facenda trasladado a esta cidade en 1917, onde ocupou varios cargos de responsabilidade durante a ditadura de Primo de Rivera, situación que mantivo durante a Segunda República vinculados coa administración de Aduanas como administrador principal na Coruña desde 1932, cargo no que se mantiña en xullo de 1936[1].

Desde o primeiro momento sumouse de forma entusiasta á facción dos sublevados, aparecendo moi pronto nos actos de propaganda e representativos do novo réxime, así como exercendo con intenso celo o seu traballo ao servizo dos facciosos desde o seu posto de Aduanas[2]. O seu nome era habitual nas subscricións a favor da causa nacional[3], e igualmente figuraba como asistente a todos os actos e actividades sociais ou políticos organizados polos partidarios do Movemento, falanxistas, Concello… Como membro da Xunta de Obras do Porto, tomou parte na tramitación de expedientes que se incoaron aos obreiros e empregados dependentes da devandita Xunta[4].

Pola súa pronta e clara adhesión á causa franquista, e tamén pola súa militancia falanxista, desempeñou cargos de máxima relevancia no réxime da ditadura. Así, foi designado concelleiro da Coruña a mediados de agosto de 1938 formando parte da Corporación presidida por Fernando Álvarez de Sotomayor[5] e continuará formando parte dela baixo a presidencia de Pérez Ardá iniciada en outubro de 1939, ocupando os cargos de quinto tenente de alcalde e formando parte das comisións de Orzamento, Facenda, Ensanche e Montepío de empregados municipais[6]. Pola súa condición de concelleiro, a súa sinatura figura no pergamiño entregado a Francisco Franco con motivo da doazón do Pazo de Meirás.

En decembro de 1938 presentou unha proposición, aceptada polo Concello, na que solicitaba dar o nome de Juan Canalejo a unha rúa da cidade, concretamente a que entón se chamaba Socorro[7]. Na comisión municipal permanente celebrada o 10 de agosto de 1939, Diego Delicado Marañón considerou a Juan Canalejo Castells, Precursor del Glorioso Movimiento, Maestro en doctrina Nacional-Sindicalista y conductor de juventudes, unha definición moi clarificadora da militancia falanxista de ambos. Nesa mesma Comisión foi tamén aprobada a proposición de Diego Delicado de crear unha beca que levase o nome de Juan Canalejo Castells[8]. Como alcalde accidental presidiu o funeral que se celebrou no sexto aniversario da súa morte en Paracuellos, un acto máis de exaltación falanxista[9].

Formou tamén parte da Corporación presidida por José Crespo iniciada en decembro de 1940 e mesmo presidiu a citada Corporación como alcalde accidental en numerosas ocasións durante 1942 e 1943[10].De novo foi concelleiro na Corporación presidida por Pérez Ardá no seu segundo mandato como alcalde desempeñan do as funcións de primeiro tenente de alcalde e poñente de Beneficencia e Sanidade. Na sesión da corporación municipal celebrada o 4 de febreiro de 1944 Diego Delicado presentou a súa dimisión alegando motivos de saúde. A Corporación acordou por unanimidad hacer constar en acta su sentimiento por la ausencia del teniente de alcalde D. Diego Delicado Marañón que […] vino perteneciendo a las Gestoras municipales que se sucedieron casi desde los primeros tiempos del Alzamiento Nacional[11].

A renuncia no Concello non lle impediu seguir ocupando cargos na administración e poucos meses despois, en xuño de 1944, o gobernador civil nomeouno membro da xestora da Deputación provincial[12]. Desde este cargo representou á Deputación en numerosos actos sociais, políticos e relixiosos. Francisco Franco concedeulle a Orde do Mérito Civil en xuño de 1948, motivo polo que, sendo alcalde Alfonso Molina, organizouse un multitudinario acto de homenaxe popular[13].

En maio de 1948 a comisión permanente do Concello, a proposta da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación, acordou nomear a Diego Delicado Fillo Adoptivo da Coruña como reconocimiento de sus constantes pruebas de amor a nuestra ciudad, sus afanes y desvelos por el mejoramiento de los servicios portuarios y su fructífera labor como teniente de alcalde y ponente de Hacienda de este Ayuntamiento[14]. Os trámites foron lentos: o pleno do Concello aprobou a proposta o 6 de xullo de 1949, pero o alcalde tivo que facer varias solicitudes para que Madrid aprobase definitivamente o acordo e concedese o honor[15], proceso culminado o 13 de decembro de 1962 cando o alcalde Sergio Peñamaría de Llano lle fíxo entrega do título acreditativo de Fillo Adoptivo da Coruña.

O 28 de marzo de 1950 tomou posesión do cargo de presidente da Deputación provincial, cargo que ocupou ata xaneiro de 1961. Foi procurador en Cortes, en representación das deputacións provinciais, entre os anos 1952 e 1961 e entre outubro de 1950 e decembro de 1959 desempeñou o cargo de gobernador civil accidental da provincia en varias ocasións. Ademais, presidiu o Consorcio do Depósito Comercial do Porto, foi vocal da Xunta de Obras do Porto, presidiu o Padroado Provincial de Ensino Medio e Profesional en 1952 e a coral polifónica El Eco[16].

O15 de decembro de 1971, o Concello acordou dar o seunomea unha rúa situada entre a Avenida de Arteixo e rúa San Vicente que pasa por riba da Avenida dos Mallos. No Concello está o seu retrato como alcalde, obra do Luis Quintas Goyanes.

Polo destacado papel desempeñado nos diferentes cargos que desempeñou en continuo apoio aos sublevados, Diego Delicado non merece continuar gozando dos honores recibidos das autoridades a ditadura polo que se lle deben retirar: substitución da rúa que leva seu nome, a retirada do título de Fillo Adoptivo e tamén o seu retrato da planta nobre da Casa Consistorial.


[1] La Voz de Galicia, 18/07/1936.

[2] Prosigue el administrador principal de Aduanas de La Coruña, señor Delicado, adoptando con evidente celo, cuantas medidas de previsión y vigilancia sean precisas para, por su parte, evitar que puedan ser burladas las disposiciones de los Decretos-leyes, dictados acerca de la exportación de la plata ya la importación de billetes del Banco de España. Y en el firme propósito de conseguir la eficacia de las aludidas disposiciones, ha hecho público ayer el siguiente aviso: “De conformidad con la autoridad de Marina—dice—, esta Administración Principal ha dispuesto: […] queda prohibida la entrada en los buques que hacen escala en este puerto durante el tiempo que el buque se encuentre bajo la custodia administrativa de esta Aduana, efectuando las operaciones de embarque o desembarque de pasajeros y carga y descarga de mercancías […] absteniéndose en absoluto de conducir cantidad alguna de numerario tanto en PLATA como en BILLETES de ninguna clase. La Voz de Galicia, 29/11/1936.

[3] Especialmente entre febreiro de 1937 e maio de 1939 o seu nome figura, mensual e sistematicamente, nas listaxes de doazóns que se abrían para diferentes causas ofrecendo cantidades mensuais que oscilaban entre 5 e 50 pesetas para causas que ían desde o socorro de Málaga, o sostemento do exército, subsidio pro-combatentes, Mujeres al servicio de España ou o monumento a Calvo Sotelo forzando, incluso, medidas para ampliar as recadacións: El Administrador Principal de la Aduana de La Coruña ha comunicado a este Gobierno Civil que atendiendo el llamamiento hecho por el señor Arellano [gobernador civil] para aumentar la recaudación del Subsidio Pro-Combatientes, ha indicado a los funcionarios a sus órdenesofrezcan al público los Sellos de dicho Subsidio en el despacho de todo tipo de documentos. La Voz de Galicia, 23/11/1937.

[4] La Voz de Galicia, 27/06/1937.

[5] LAAM. AMC. AC. c-167/1, sesión do 18/08/1938. Inicialmente foi designado vocal da Comisión do Ensanche.

[6] LAAM. AMC. AC. c-167/1, sesión do 09/10/1939. Na sesión do Pleno da Corporación celebrado o 29/12/1939 baixo a presidencia de Pérez Ardá, relevaron do seus cargos de vocal de la Comisión Especial de Ensanche de la Junta Administrativa de la Décima del Paro Obrero y representante de la Junta Administrativa del Montepío de Empleados municipales, a petición propia, al quinto teniente de alcalde don Diego Delicado Marañón. La Voz e Galicia, 30/12/1939.

[7] La Voz de Galicia, 31/12/1938.

[8] AMC. AC. c-996 /21.

[9] El Alcalde accidental, don Diego Delicado Marañón, hizo entrega del bastón de mando a don Juan Canalejo Cañete, pronunciando estas palabras: “Por ser el padre del glorioso fundador de La Falange, reunir a la vez la circunstancia de ser concejal de este Ayuntamiento, tengo el honor de delegar en usted para que represente en este acto a lpueblo de La Coruña”. El señor Canalejo aceptó emocionado el puesto que se le ofrecía. La Voz de Galicia, 07/11/1942.

[10] LAAM. AMC. AC. c-168/1.

[11] La Voz de Galicia, 06/02/1944.Esta renuncia como concelleiro non impediu que poucos días máis tarde, o 5 de outubro de 1944, o gobernador civil formulase a proposta para designalo alcalde en atención aos moitos méritos contraídos. Pero esta proposta foi rapidamente contestada e criticada polo xefe provincial do Movemento, Diego Salas Pombo, que consideraba a Diego Delicado inadecuado para o cargo, propoñendo no seu lugar a persoas máis aptas como Enrique Salgado Torres ou Luis Julio Vázquez Pena. Reforzaba este rexeitamento outro escrito enviado ao gobernador civil con data do 16 de outubro de 1944 polo Servizo Nacional de Información e Investigación de FET-JONS no que se cualifica a Delicado pouco apto para ocupar o cargo de alcalde porque su ideología era un tanto voluble, ya que siempre simpatizó con los elementos que tenían preponderancia. […] Tuvo amistad con una mujer prostituta (hoy fallecida) a pesar de tener a su mujer y una prole de hijos. Ante esta situación, Delicado enviou un escrito ao gobernador, datado o 20 de outubro de 1944, pedíndolle que prescindise totalmente del no caso de que figurase seu nome nalgunha proposta argumentando, ademais, problemas de saúde e para comprobación axuntaba ao escrito un certificado médico no que constaba que padecía hipertensión e unha afección moi dolorosa de neuralgia al trigémino que foron as razóns da súa saída do Concello despois de traballar nel durante case seis anos. ARG. FGC. G-32.447. En carta dirixida ao director do periódico La Voz de Galicia, Diego Delicado indicaba que ya estoy apartado del Ayuntamiento desde el 27 de noviembre de 1943, institución da que formara parte desde 1938 formando parte das cinco corporacións municipais que se foran renovando, total ou parcialmente, de modo que el era o único miembro que permaneció de los nombrados en 1938. AMC. Fondo Diego Delicado, c-7.

[12] La Voz de Galicia, 20-06/1944.

[13] Consérvanse numerosos datos referidos a esta homenaxe que tivo lugar no Hotel Finisterre da Coruña o 5 de xuño de 1948 no AMC. Fondo Diego Delicado, c-3 e c-7.

[14] LAAM. AMC. AC. c-170, fol.172.

[15] Con data do 21/03/1950 envía o alcalde a solicitude ao gobernador civil, que a reenvía ao Ministerio de Gobernación o 28/03/1950, comunicándolle a resolución definitiva ao alcalde o 30/05/1950. No informe do gobernador indicábase que Diego Delicado era merecedor de tal distinción por “su singular relieve y general estimación, que lleva muchos años dedicando sus para presidir la Diputación Provincial, habiendo conquistado un singular aprecio en todas las esferas por sus inmejorables dotes personales e incansable actividad”. ARG. FGC. G-31.543.

[16] Estaba en posesión de numerosas condecoracións e recoñecementos: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/consulta/registro.do?control=ADGD161003525

FARIÑA FERREÑO, JOSÉ

A Coruña 16/03/1896 – Madrid 09/01/1978

Sendo mozo exerceu de secretario particular de José Calvo Sotelo[1]. O 31 de outubro de 1925 entrou a traballar como apoderado xeral do Banco de Crédito Local, cando Calvo Sotelo era ministro de Facenda[2], manténdose vinculado a esta entidade ata a súa xubilación en xuño de 1968. Desde o 30 de novembro de 1938 ata 1941 exerceu como director xerente e como director xeral entre 1941 e 1968[3].

Na primavera de 1936 exerceu de enlace entre os golpistas e o xeneral Sanjurjo[4]. En novembro de 1936, cando o exército sublevado pensaba que as súas tropas entrarían rapidamente en Madrid, xurdiu a necesidade de obter información rápida e precisa sobre o sucedido na cidade durante a Segunda República, especialmente durante os últimos meses.

Una de las personas del entorno inmediato de Francisco Franco, José Fariña Ferreño, ideó la denominada Delegación de Información de Residentes en Madrid (DIDREM), con una compleja estructura organizativa. La oficina central de la Delegación se estableció en la Casa de Correos de Valladolid y dependió inicialmente de la Secretaría General de Su Excelencia el Jefe de Estado al frente de la cual se encontraba Nicolás Franco; fue éste quien, el 4 de noviembre de 1936, ordenó a José Fariña el inicio de las actividades de la DIDREM: Siendo inmediata la liberación de la capital de España, y deseando facilitar por cuantos medios sea posible, informes que se soliciten respecto de las personas afectadas por los actuales acontecimientos de Madrid que supongan residiendo allí, he acordado: Que con mi Delegación especial se encargue de llevar a cabo dicho servicio de información urgente a partir de la toma de Madrid, procurando seguir las normas redactadas a dicho fin por esta Secretaría general. En el cometido de sus funciones contará usted con el concurso de las Autoridades civiles y militares, las cuales proporcionarán a usted los elementos y auxilios que requiera la misión que se le encomienda por medio de la presente, en servicio de España[5].

A disposición finalizaba solicitando que o delegado, José Fariña Ferreño, informase a Nicolás Franco sobre o cumprimento e incidencias do ordenado[6].

Para estas funcións DIDREM contaba co concurso das autoridades civís e militares que debían proporcionar os elementos e auxilios que requirise en cada caso a súa misión, en servicio de España[7], o que supón a participación de José Fariña Ferreño na represión franquista. Os datos recabados por esta Delegación foron tamén empregados con fins represores, tanto durante a Guerra Civil, como na posguerra, e tamén, posiblemente, na chamada Causa General. José Fariña cesou nese cargo a finais de xaneiro de 1938 , cando pasou de novo a incorporarse ao Banco de Crédito Local.

Estaba en posesión de numerosas condecoracións[8] entre as que destacan as relacionadas coa Coruña: a Medalla de Prata da cidade solicitada no pleno do Concello do 6 de xuño de 1950[9]; a Medalla de Ouro no pleno do 25 de setembro de 1962, ademais da dedicación dunha rúa no barrio dos Castros (acordo do Concello do 15-12-1971). En 1961 recibiu a Medalla al Mérito en el Trabajo, na súa categoría de ouro, polos seus esforzos siempre en línea de servicio y lealtad al Régimen y a los intereses públicos (Decreto 1995/1961 de 13 de outubro, BOE, 24/10/1961). Como presidente do Banco de Crédito Local, organismo oficial que facilitaba créditos aos concellos para a realización de obras, Fariña Ferreño xestionaba as solicitudes e por iso era considerado como un benfeitor, merecedor de distincións honoríficas.

A participación de José Fariña Ferreño de forma activa na represión de concidadáns a través dos servizos da DIDREM son motivos suficientes para que se aplique a actual Lei de Memoria Histórica, para que se elimine o seu nome da rúa da zona dos Castros que vai desde a Praza da Concordia ata a rúa José María Hernansáez, así como que se lle retiren as medallas de Prata e de Ouro concedidas no seu día polo Concello.


[1] X.X. Rocha Carro, Abegondo un curruncho das Mariñas, Concello de Abegondo, 1996. Figura taménnestetraballo a estreita vinculación de Fariña Ferreño coa parroquia de Sarandóns, no concello de Abegondo, e máis concretamente ao lugar de Bordel.

[2] A participación de Fariña Ferreño na preparación do golpe militar e a súa estreita relación con Calvo Sotelo son unha proba máis da vinculación deste coa conxura.

[3] AHBBVA, Memorias de Sociedades, Banco de Crédito Local de España, Memorias 1936-1941, 1968.

[4] El día 11 marché a Sevilla en coche, dejé éste en el garaje de un pariente y fui a casa de Ramón Carranza […] para pedirle quedarme aquella noche en su casa, pues no podía alojarme en ningún hotel sin ser detenido. Me despertó temprano, lo que me hizo suponer que había llegado la policía, pero era para presentarme a don José Fariña Ferreño […] que venía de Portugal como enlace del General Sanjurjo, jefe militar del Alzamiento en España. Fariña tenía que ver al General Varela en su nombre, pero Ramón Carranza consideraba un error el que Fariña fuera a Cádiz donde era conocido y cuya visita a Varela podía ser causa de complicación para éste. […] Fariña lo comprendió así y desistió de ir a Cádiz […]. Como alguien tenía que hablar con éste (Varela), acepté, y entonces me dijo Fariña que todo lo que tenía que comunicarle era lo siguiente: «De parte del General Sanjurjo, que tu puesto está en Madrid y que contestes sí o no». Según me dice Fariña en carta del 24 de Mayo de 1973, la idea de que Varela se hiciera cargo de Madrid había partido del Almirante, don Ramón de Carranza, Marqués de Villa de Pesadilla que estaba con Sanjurjo en Portugal. J. de Mora-Figueroa y Gómez-Imaz.Datos para la historia de la Falange gaditana 1934-1939. Jerez de la Frontera, Gráfico Exportador, 1974. Saitibi. Revista de la Facultat de Geografía i Historia, nº 66, 2016, pp.205-228. O autor era o xefe provincial de Falanxe de Cádiz.

[5] D. Ruiz-Berdún, Dolores; A. Gomis Blanco; A. González Bueno, “Entre la propaganda y el espionaje: la delegación especial para la información de residentes en territorio liberado (DIDREM) en la España de la guerra civil (1936-1939)”, Saitabi. Revista de la Facultat de Geografia i Història, 2016, nº66, p. 207. Fue el propio Leopoldo Eijo Garay (1878-1963), obispo de Madrid-Alcalá, quien realizó las gestiones ante las autoridades del Gobierno Militar de Burgos, para que, con las primeras tropas que entrasen en Madrid, lo hiciesen algunos de sus colaboradores más próximos. En una carta que Eijo Garay dirige a Morán, fechada el 25 de noviembre de 1936, alude a las negociaciones con José Fariña Ferreño para que se agregasen a la DIDREM tanto Casimiro Morcillo como su capellán, Eugenio Pascual: “Así al menos tendríamos allí desde el primer instante personas que se ocupasen del clero que haya en Madrid, de las iglesias, etc. Podrían distribuirlos por las Iglesias, limpiar y reconciliar éstas, y empezar cuanto antes la celebración de Misas y administración de Sacramentos”. Ibidem, p. 213.

[6] A orde leva o número de rexistro de saída 453. M. A. García Alegre, Memoria de la actuación de la Delegación para el Servicio de Información de Residentes en territorio liberado (DIDREM). Madrid, Gráficas de Afrodisio Aguado, 1939, p. 49.

[7] Diario Oficial de la provincia de León, nº 77, 06/04/1937.

[8] Os servizos de Fariña Ferreño a prol da ditadura foron recoñecidos e o 1 de abril de 1944 recibía de José Luis Arrese, secretario xeral de Falanxe Española, a Encomenda con Placa da Orde de Cisneros, unha distinción que se concede para premiar os destacados servizos de quen demostraron un alto espírito de entrega nas tarefas de engrandecemento da Patria.

[9] Poucos días despois, o 24 de xuño, o alcalde Alfonso Molina cursaba a solicitude ao gobernador civil e o 01/07/1950 este enviaba o expediente ao Ministerio de Gobernación para a súa definitiva resolución. ARG. FGC. G-31.543.

FEIJOO PARDIÑAS, AMBROSIO

Camariñas 04/09/1861 – A Coruña 10/07/1961

O xeneral Ambrosio Feijóo estaba retirado en xullo de 1936[1], o que non foi obstáculo para actuar como xuíz instrutor na causa 413/36 que o 24 de outubro de 1936 levou a un consello de guerra que condenou á pena de morte aos xenerais de División Enrique Salcedo Molinuevo e de Brigada Rogelio Caridad Pita, fusilados o 9 de novembro de 1936, e a reclusión perpetua ao coronel de Artillería, Adolfo Torrado Atocha[2]. Presidiu o tribunal o xeneral de Brigada, Aramburo e actuaron como vocais os xenerais Valderrama e Carro -este de Infantaría de Mariña- e os contralmirantes Vial e Sánchez Barcaiztegui, e tamén o coronel de Artillería, Landeza. O teniente auditor Martín-Barbadillo actuou de fiscal[3].

O mesmo sucedeu un mes máis tarde cando, o 27 de novembro, Ambrosio Feijoo presidiu o tribunal do consello de guerra celebrado na sala de armas do cuartel do rexemento de Infantería de Zamora instruída contra o comandante de Carabineiros, José Fernández González, e o alférez do mesmo corpo, Andrés Carnes[4].

Dous meses máis tarde, o 20 de xaneiro de 1937, presidiu outro consello de guerra no mesmo lugar que o anterior, unha causa instruída contra o tenente de Seguridade, Isidro Pousada Serantes, acusado do delito de rebelión militar[5].

Igualmente, en Asturias, durante os meses finais de 1937 e primeiros de 1938, Ambrosio Feijoo presidiu o Tribunal Permanente de Asturias nº 1 que celebrou numerosos consellos de guerra sumarísimos contra oficiais xerais no salón de actos do Concello de Xixón, xuízos nos que resultaron condenados a morte e con outras elevadas penas a inmensa maioría dos encausados[6].

A participación de Ambrosio Feijoode forma activa na represión en Coruña e Asturias durante a Guerra Civil son motivos suficientes para que se aplique a actual Lei de Memoria Histórica para que se lle retire o honor de ter dedicada ao seu nome a céntrica rúa situada entre as avenidas da Mariña e do Porto da Coruña.


[1] Ofrecéronlle a xefatura do Movemento da Coruña pero rexeitouna.http://galegos.galiciadigital.com/gl/ambrosio-feijoo-pardinas

[2] En varias páxinas web – https://15mpedia.org/wiki/Adolfo_Torrado_Atocha; http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/8315- figura que foi fusilado cos seus compañeiros o mesmo día 9 de novembro, pero ten que tratarse dun erro, porque recolle o BOE de decembro o seguinte: De acuerdo con lo informado por el Negociado de justicia de esta Secretaría de Guerra, dispongo la baja en el Ejército del Coronel de Artillería, D. Adolfo Torrado Atocha, condenado por un Consejo de Guerra a la pena de cadena perpetua, con la accesoria de pérdida de empleo. Burgos 16 de diciembre de 1936. El General Jefe, Germán Gil Yuste. BOE, Burgos 18/12/1936, nº 60.

 [3]Salcedo Molinuevo foi acusado de non sumarse ao alzamento militar cando só había duas posturas: ou sumarse ao golpe de Estado ou estar contra el, tal como dixo o fiscal Barbadillo no preámbulo do escrito da acusación: Comenzó en toda la Nación una era de excesos y crímenes contra los otros partidos políticos y contra los ciudadanosajenos a ellos pero que no figuraban en el Frente Popular, que no significaba otra cosa que la revolución social anunciada en el Parlamento, en la Prensa y en las reuniones políticas de los partidos marxistas por los jefes de estos partidos, cuyo propósito declarado era implantar la Dictadura del Proletariado como medio para llegar a un Régimen socialista o comunista. A sentenza considerou probado que Salcedo estivera sempre en contra do alzamento militar, pero que desimulaba para estar enterado dos seus detalles e poder informar así ao Goberno, siendo la mejor manera de entorpecerlo o anularlo, utilizando los resortes de que disponía por su destino y cargo de primera Autoridad en la División.

[4] Causa 119/36.Arquivo Intermedio Militar do Noroeste. Ferrol. O consello de guerra presidido polo xeneral de División Ambrosio Feijóo Pardiñas estivo formado polos vocais: coronel de Infantería, Emilio de las Casas Soriano; coronel de Artillería, Pedro Torrado Atocha; tenente coronel de Carabineiros, Ovilo Armesto Salgado; tenente coronel de Carabineiros, Alfonso Romay Moar. Suplentes: tenente coronel de Infantería, Francisco Javier Folla Cisneros e tenente coronel de Artillería, Francisco Judel y Peón. Vocal Auditor de primeira, Hernán Martín-Barbadillo y Paúl. La Voz de Galicia, 26/11/1936.

[5] Actuaron como vocais os coroneis de Artillería, José de Flano Díaz e Pedro Torrado Atocha e o de Cabalería, Juan González Regueral, e os tenentes coroneis de Infantería, Francisco Javier Folla Cisneros e Miguel Lena Alonso. Como vocal poñente o auditor de División, Leoncio Agudín Aspe, e de fiscal, o tenente Auditor de primeira, Joaquín Otero Goyanes. La Voz de Galicia, 20/01/1937. Pousada foi condenado a pena de prisión e expulsado do Corpo de Asalto. Anos despois foi propietario dunha renomeada xestoría da cidade.

[6] Marcelino Laruelo Roa. La libertad es un bien muy preciado. Consejos de Guerra. http://www.memoria-antifranquista.com/webvella/actualitat/consejos-guerra.pdf. Como vocal poñente figuraba Hernán Martín Barbadillo. Datos tamén en: http://www.asturiasemanal.es/asturias3/liberconsejos1Nov37.html

MOLINA BRANDAO, ALFONSO

A Coruña 15/05/1907 – Río de Xaneiro 25/11/1958

Alfonso Molina cursou os estudos de enxeñería de camiños, canais e portos en Madrid desempeñando o cargo de enxeñeiro director de vías e obras da Deputación coruñesa en 1934. Mobilizado polos militares sublevados[1], ademais de continuar o seu traballo na Deputación, durante a Guerra Civil serviu no seu exército como tenente honorífico de enxeñeiros sendo destinado, durante algún tempo, á Agrupación de Ferrocarrís de Madrid.

En outubro de 1936 o gobernador civil nomeou a Alfonso Molina presidente da nova directiva da Cámara da Propiedade da Coruña[2], cargo que simultaneou co de vocal da Xunta Consultiva das Cámaras da Propiedade de España, cargos desempeñados ata 1943. Entre as primeiras decisións que tomou a nova xestora foi a de reorganizar a institución e poñerse de forma incondicional ao servizo das novas autoridades[3], así como de proceder á depuración do persoal da Cámara[4]. Como consecuencia dos procesos abertos, foron destituídos ou expedientados con diversas penas de retirada do soldo e emprego temporais a maioría dos empregados da Cámara[5].

Desde a presidencia da Cámara da Propiedade, Molina impulsou numerosas actividades relacionadas coa exaltación de personaxes como Calvo Sotelo, ao que cualificou de insigne sacrificado, comprometendo a axuda económica da institución para o monumento que se levantaría en Madrid[6] e, especialmente, nas xestións para a adquisición do pazo de Meirás para Franco. Desde esta posición favoreceu a recadación iniciada para doar o Pazo de Meirás a Franco en 1938[7]. Así, desde xuño de 1938 foi dando conta aos membros da xunta directiva dos traballos da Cámara relacionados coas circulares emitidas para incentivar a recollida de donativos por parte dos membros da institución aos que recomendaba que asinasen no álbum que se lle ofrecerían a Franco o día da entrega oficial do Pazo. A Dirección da Cámara agradeceu a Molina o traballo e as xestións realizadas nesta operación: La Comisión [xestora] agradece profundamente a la Presidencia su actividad e interés, que dejó en tan buen lugar a la Cámara, en este obsequio al Caudillo, por la labor tan directa que ha tenido en las reformas del Pazo y dentro de la Comisión a la que pertenece. Como a partir da entrega do Pazo Franco pasa a ser propietario de una finca urbana, enclavada dentro de la jurisdicción de esta Cámara, la Comisión Gestora acuerda elevar respetuosamente al Caudillo el ruego de que se digne aceptar la Presidencia Honoraria de esta Cámara de la Propiedad[8].

Alfonso Molina foi designado concelleiro en agosto de 1938, formando parte da Corporación presidida por Fernando Álvarez de Sotomayor, asignándoselle responsabilidade nunha área que non tiña competencia coa depuración do persoal funcionario do Concello. Tampouco tivo competencias na depuración de funcionarios municipais como terceiro tenente de alcalde nas corporacións presididas por Pérez Ardá e Crespo (1939-1942)[9] e Ozores (1946-1947).

Designado alcalde por Franco, tomou posesión do novo cargo o 3 de maio de 1947 permanecendo nel ata a súa morte en 1958[10]. Durante eses anos foi tamén procurador en Cortes.

Como concelleiro, por desempeñar tarefas alleas ao tema laboral, non tivo relación coas depuracións de persoal municipal, pero si desde o seu posto directivo da Cámara da Propiedade Urbana da Coruña e a súa adhesión aos sublevados foi inmediata, colaborando estreitamente e desempeñando numerosos cargos de designación durante a ditadura ata o seu falecemento. Durante o seu longo mandato como alcalde, o de máis duración de todo o franquismo, foron aceptados para a súa revisión numerosos expedientes de depuración de funcionarios municipais dos inicios da Guerra Civil, e moitos dos encausados foron readmitidos aos seus antigos empregos[11]. A súa estreita relación de amizade co matrimonio Franco-Polo era ben coñecida e de dominio público.

Pero é o seu papel como presidente da Cámara da Propiedade o que o implica directamente nas actividades represoras. Iniciou procesos de depuración laboral, en cumprimento cos decretos da Xunta de Defensa Nacional, e no momento de aceptar o cargo sabía que estaría obrigado a facelo. É, polo tanto, colaborador activo na represión nese momento, e polo tanto se lle deben retirar os honores concedidos: o título de Fillo Predilecto e a Medalla de Ouro da cidade, ademais de cambiar o nome da Avenida[12] e retirar o monólito colocado en Porta Real e o seu retrato no Concello realizado por José Luis Rodríguez Sánchez.

Acto inaugural do monumento adicado a Alfonso Molina en Porta Real

[1] No libro-rexistro de entradas e saídas de correspondencia do Goberno Civil, nun asento do 27/07/1936 figura o seguinte: que el Ingeniero Caminos D. Alfonso Molina y funcionario archivo y Documentación D. César Iglesias, movilizados, continúen prestando servicio en aquella dependencia [Deputación provincial]. E noutra anotación da mesma data: Interesa que Ingeniero D. Alfonso Molina y 2 funcionarios más movilizados continúen prestando servicio. AGA, libro 188. TOP 25/00, sig.193.

[2] Na acta do 26/10/1936 consta que o gobernador civil, González Vallés, en escrito do 22/10/1936, nomea a unha nova xestora que preside Alfonso Molina e na que están como vocais: José Cuba Restrebada, Manuel Saez Torres, José María Longueira, Francisco García Lamas, Juan Mesa Ramos, Eulogio Losada Fernández e como secretario continúa Ricardo Durán. ARG. Fondo Cámara da Propiedade Urbana da Coruña. Libro de actas. Caixa 59.310.

[3] En la reunión preliminar [da nova xunta directiva] fueron tomados, entre otros, los siguientes acuerdos: Ponerse incondicionalmente a las órdenes de las autoridades civiles y militares, así como de los propietarios de la provincia y reorganizar los servicios de funcionamiento de dicha Cámara. La Voz de Galicia, 08/11/1936.

[4] El Sr. Presidente dio cuenta de que cumpliendo los decretos 101 y 108 de la Junta de Defensa Nacional y ley de 5 del actual relativos a disposiciones por actuaciones políticas de los empleados, estaban suspendidos de empleo y sueldo el vicesecretario, D. Cesáreo García González, a partir del 15 del actual; D. José Moscoso Casariego, desde el 17, y el abogado D. César Vázquez Pena desde el 20 de julio último en que abandonó el trabajo. Cada uno de estos señores es objeto de un expediente. Se nombran jueces instructores para los mismos y se tramitarán en forma legal, con cargas, audiencia, etc. Acta do 19/12/1936. ARG. Fondo Cámara da Propiedade Urbana da Coruña. Libro de actas. Caixa 59.310.

[5] Entre os destituídos, Cesáreo García González e o avogado César Vázquez Pena e entre os sancionados con perda de emprego e soldo temporal, José Moscoso Casariego e o arquitecto José Caridad Mateo. ARG. Fondo Cámara da Propiedade Urbana da Coruña. Libro de actas. Caixa 59.310, actas do 19/01/1937 e 21/01/1937.

[6] ARG. Fondo Cámara da Propiedade Urbana da Coruña. Libro de actas. Caixa 59.311. Acta do 06/09/1937.

[7] En 1938 Alfonso Molina formou parte da comisión Pro-Pazo del Caudillo, presidida polo gobernador civil, como vocal en representación do Concello coruñés, de aí que figure a súa sinatura no pergamiño entregado a Francisco Franco, cando se fixo efectiva a doazón do inmoble, pola súa condición de concelleiro coruñés. Pola súa condición de enxeñeiro da Deputación dirixiu traballos no Pazo financiados pola propia Deputación e durante o seu mandato como alcalde puxo numerosos medios municipais a disposición do xefe do Estado para colaborar e traballar en reformas e rehabilitacións do pazo.

[8] As cantidades recollidas eran anotadas nas actas e a finais de agosto de 1938 levaban recadadas 73.876 pesetas. ARG. Fondo Cámara da Propiedade Urbana da Coruña. Libro de actas. Caixa 59.311. Actas do 26 e 28/06/1938.

[9] Nestes anos a actividade de Molina debeu ser máis ben escasa, a xulgar polo escrito do 14 de febreiro de 1942 enviado ao gobernador civil polo xefe provincial de Falanxe no que se queixaba da pouca eficacia da corporación municipal e da escasa asistencia dos seus membros aos plenos, tendo que recorrer a cartas particulares pidiendo de favor la asistencia para lograr el número necesario de ediles en las reuniones del Pleno, motivo polo que propón a substitución de varios concelleiros. Con respecto a Molina, especifica que no asistió siquiera a la toma de posesión de la actual gestora. ARG. GFC. G-31345.

[10] Iniciou o seu mandato por nomeamento do gobernador civil como substituto de Ozores Arraiz que asistía como alcalde saínte. LAAM. AMC. AC. c-169/1, sesión do 03/05/1947. Como a morte tivo lugar en Río de Xaneiro, a derradeira sesión municipal que presidiu foi a celebrada o 15/09/1958. LAAM. AMC. AC. c-2.289.

[11] Datos sobre a revisión de expedientes dos anos de mandato de Alfonso Molina en ARG. FGC. G-31.543, G-32.451, G-32.452, G-32.511.

[12]As circunstancias da súamorte e o labor desempeñadoaceleraron a concesión destes honores. O Concello iniciou os trámites en novembro de 1958, recibindo a resposta afirmativa do gobernador civil ao mes seguinte. LAAM. AMC. AC. c-2.289, sesión do 25/11/1958. ARG. FGC. G-32.451. En 1955 foraobxectodunhahomenxe con motivo da imposición das insignias da Gran Cruz do Mérito Civil. ARG. FGC. G-32.529.

OZORES ARRAIZ, EDUARDO

A Coruña 21/06/1903 – A Coruña 06/01/1994

Eduardo Ozorez na sua etapa de alcalde franquista da Coruña

En xullo de 1936 Eduardo Ozores Arraiz estaba destinado na Coruña no Rexemento de Artillería nº 16, como capitán axudante, e con anterioridade ao 20 de xullo de 1936 actuou como enlace da súa unidade nos primeiros contactos organizados polo capitán da Garda Civil, José Rañal Lorenzo, con guarnicións galegas[1].

Ozores Arráiz foi quen mandou a batería instalada no Parrote polos militares sublevados, que disparou varios canonazos contra o Goberno Civil o 20 de xullo de 1936 ata a súa rendición.

Por último, propuso el alcalde [Hernán Martín-Barbadillo], quien dijo ser sugerencia del primer teniente de alcalde señor López Rúa, que se acordase colocar una placa conmemorativa en el lugar del Parrote desde donde el 20 de julio último disparó contra el Gobierno Civil, batiendo el orgullo marxista, una batería de Artillería mandada por el capitán D. Eduardo Ozores Arráiz. […] La Corporación aprobó por unanimidad y con elogio la feliz y patriótica iniciativa[2].

O capitán de Artillería Eduardo Ozores e forzas baixo o seu mando foron tamén as que detiveron ás 16 horas do día 21 de xullo ao lexítimo alcalde da Coruña, Alfredo Suárez Ferrín. Ao día seguinte, ao tempo de tomar posesión da Alcaldía o capitán de Intendencia José Fuciños, como delegado do coronel Cánovas Lacruz, Eduardo Ozores Arraíz posesionouse como xefe encargado da garda municipal, axudado polo seu irmán Jorge, capitán de Cabalaría[3].

A mediados de setembro de 1936foi nomeado vocal do Comité Local de Defensa Pasiva contra ataques aéreos da praza da Coruña, en condición de delegado da autoridade militar[4], e interveu na incautación de bens de sociedades obreiras da Coruña[5].

O capitán Eduardo Ozores actuou tamén como avogado defensor en varios consellos de guerra, entre eles o celebrado contra destacadas autoridades republicanas e socialistas coruñesas o 26 de agosto de 1936[6].

Ocupan el banquillo de los acusados los señores D. Joaquín Martín Martínez, secretario que fue de este Ayuntamiento; don Alfredo Suárez Ferrín, alcalde que fue del mismo; D. Manuel Guzmán, diputado a Cortes; don Francisco Prego, D. Ramón Maseda, D. Francisco Mazariegos, D. Leovigildo Taboada, secretario particular que fue del último gobernador; D. Manuel Vázquez, D. José María Eirís y D. José Rosende. (sic) […]

Elocuencia, entusiasmo, estudio concienzudo de los hechos y del sumario, ponderación, toda la gama de elogios podían aplicarse a los oradores de ayer y nos quedaríamos cortos, tanto más cuanto en la liza contendieron al lado de la veteranía del elocuentísimo maestro Casás; a la experiencia, brillantez y fogosidad del señor Martín Barbadillo, la ponderación y elocuencia del capitán señor Ozores Arraiz, casi ya un veterano en estas lides, donde muchos triunfos ha conseguido, al que hubo de añadir el de ayer porque fue muy felicitado. […]

El señor Ozores, que defiende a los señores Martín Martínez, Vázquez, Rosende y Eirís, niega que sus defendidos sean autores del delito que se les imputa, y afirma que en todo caso el señor Martín Martínez, a lo más, sería autor de uno de incitación a la rebelión, no consumada, y que los otros lo serían como cómplices de uno de traición debiéndole ser impuesta la pena de prisión mayor[7].

[Así comezou a defensa dos acusados]: Con la misma energía que el señor Fiscal, reprueba [Ozores] esta Defensa la triste época que ha llevado a España por los abruptos derroteros de las internacionales que han puesto en peligro no sólo las más preciadas características de la espiritualidad de nuestra España, sino su misma existencia. El Movimiento Nacional va a restaurar entre otros postulados el de la Justicia; los militares por ser como el señor Fiscal señala la médula espinal de la Nación, han de dar ejemplo ya en sus primeras actuaciones[8].

Dous dos defendidos de Eduardo Ozores -Eirís e Rosende- foron condenados a cadea perpetua e Martín Martínez e Manolito Vázquez, xunto co resto dos procesados, a pena de morte que se fixo efectiva nos días seguintes, a excepción de Manuel Vázquez que lle foi conmutada pola de cadea perpetua. José María Eirís Carro, xunto con Leovigildo Taboada Alvarellos, foron paseados pola Garda Civil no Campo da Rata o 12 de xaneiro de 1937.

Uns días despois, Eduardo Ozores participou como vocal do tribunal do consello de guerra de praza (causa 372/36),instruída contra o paisano Manuel Iglesias Rodríguez[9].

Nese mesmo mes de setembro de 1936 Eduardo Ozores incorporouse ás columnas galegas en Asturias e participou en accións de guerra, tanto en terras do Principado como en Teruel, Alfambra, e Levante[10].

Eduardo Ozores Arraiz, coa gradación de tenente coronel de Artillería, foi nomeado alcalde da Coruña polo gobernador civil o 9 de febreiro de 1946, cargo no que se mantivo ata abril de 1947[11], data na que presentou a súa dimisión por ser destinado á Xefatura de Artillería do Oitavo Corpo do Exército[12]. O BOE publicou o 16 de marzo de 1946 a súa designación como procurador en Cortes.

O 8 de febreiro de 2003 foi inaugurada a Praza Ozores Arraiz situada entre as avenidas do Ferrocarril e de Cádiz e como alcalde ten o seu retrato no Concello, obra de José Francisco Pérez Martínez.

Coa figura de Eduardo Ozores Arraiz non existe dúbida algunha de que participou activamente na sublevación, na Guerra Civil e na represión e que se ergueu en armas contra a Segunda República. Xa que logo, deberían ser retirados os honores concedidos: cambiar o nome da Praza Alcalde Ozores Arraiz, situada entre as avenidas de Cádiz e Ferrocarril, e retirar o seu retrato da planta nobre da Casa Consistorial.


[1] La Voz de Galicia, 15/05/1993. Ozores Arraiz. Allí [A Coruña] se encuentra el 18-7-36 como capitán ayudante en el Regimiento de Artillería núm. 16. Antes del alzamiento había actuado como enlace de su unidad en los primeros contactos organizados por el capitán Rañal con las guarniciones gallegas. C. Fernández. El Alzamiento de 1936 en Galicia. Sada, Ediciós do Castro, 1982, p.530. O capitán axudante Eduardo Ozores foi recriminado, pouco antes do 18 de xullo polo coronel Torrado por ser el representante del Regimiento y por las reuniones que dicho oficial celebraba con todos los demás afectos al movimiento militar. Causa413/36 contra os xenerais Enrique Salcedo, Caridad Pita e o coronel Torrado. Arquivo Intermedio Militar do Noroeste. Ferrol.

[2] A proposta foi presentada o 8 de xullo na sesión da comisión permanente do Concello. La Voz de Galicia, 09/07/1937.

[3] El señor Ozores (D. Eduardo) se cuidó con el delegado de algunos aspectos, ayudados ambos eficazmente por el capitán de Caballería señor Ozores (D. Jorge), y organizó directamente el servicio de la Guardia municipal, distribuyéndola en turnos en forma de asegurar la vigilancia permanente. La Voz de Galicia, 24/07/1936.

[4] A propuesta del Delegado civil en el Ayuntamiento de La Coruña, el Gobernador civil, señor González Vallés, ha nombrado vocales del Comité Local de Defensa Pasiva contra ataques aéreos de esta Plaza a los siguientes señores: Presidente, el Delegado civil, D. José Fuciños Gayoso; y vocales […] delegado de la Autoridad militar, D. Eduardo Ozores Arraiz, capitán de Artillería. La Voz de Galicia, 18/09/1936.

[5] Mi Comandante: Dejo a V. los inventarios correspondientes a las incautaciones de muebles hechos en el día de hoy, de los cuales, el correspondiente al S. del Ramo de la Construcción, como V. podrá apreciar se encuentra firmado por el Sr. Hervada. Los otros dos, quedan solo a falta de la firma de dicho Sr. el que no tendrá inconveniente en firmarlo, ya que de ello tiene debido conocimiento. Asimismo dejo a V. una relación de los locales sociales de los cuales aún falta sacar los muebles y depositarlos en los bajos de la casa que en Av. de Fernández Latorre nº 37 tiene el Sr. Jaspe (Almacenista de maderas). Igualmente dejo a V. un manojo de llaves entre las cuales deben figurar las correspondientes a los locales que aún quedan por retirar el mobiliario. Advierto a V. que conforme le indiqué para mañana día 15, había quedado el Capitán Sr. Ozores en enviar al local que la C.N.T. tenía instalado en la calle de Cordelería nº 32 una brigada de higiene con objeto de proceder a la desinfección del local, y quedé con él, en que yo estaría en el mencionado lugar a las nueve de la mañana con objeto de facilitar la entrada en el mencionado centro a la expresada Brigada. Por consiguiente, como yo no he de poder estar presente, ya que debidamente autorizado salgo para San Sebastián, convendría ordenase V. la presencia en el citado lugar de otro Agente, que llevara a cabo el cometido a mi asignado. El personal de Falange y Caballeros de La Coruña, que han transportado estos días los muebles, lo tenía citados a las nueve horas en la puerta del Cuartel de F.E. de la calle de Juana de Vega. Suyo affmº s.s. y subordinado. Firma ilexible. Luis Lamela.Estampas de injusticia.Sada, Ediciós do Castro, 1998, p. 127.

[6] En la Sala primera de lo criminal del Palacio de Justicia, se celebrará a las diez de la mañana de hoy el Consejo de guerra de oficiales generales que habrá de ver y fallar la causa contra don Ramón Maseda Reinante y otros, por delito de traición. Presidirá el coronel del Regimiento de Mérida núm. 35, don Juan González y González. […] Los defensores son los señores Casás Fernández, Ozores Arraiz (don Eduardo) y Zato. La Voz de Galicia, 26/08/1936.

[7] La Voz de Galicia, 27/08/1936. A reseña está asinada por Joaquín Ozores Arraiz, letrado irmán de Eduardo.

[8] Luis Lamela. Estampas de injusticia. Sada, Ediciós do Castro,Sada, 1998, p. 345.

[9] Presidía o tribunal o tenente coronel Santiago López Bago. La Voz de Galicia, 26/09/1936.

[10] Del frente de Asturias ha llegado para descansar unos días el bizarro capitán de Artillería don Eduardo Ozores Arraiz. La Voz de Galicia, 18/12/1936.

[11] Na sesión municipal do 3 de maio de 1947, presidida polo gobernador civil, asistiu como alcalde saínte, sendo substituído por Alfonso Molina. LAAM. AMC. AC. c-199.

[12] Na sesión extraordinaria celebrada pola Corporación municipal o 23 de abril de 1947 deuse lectura ao escrito de Ozores no que comunicaba o seu novo destino segundo a orde de 5 de abril de 1947 do Ministerio do Exército, razón da súa dimisión. LAAM. AMC. AC. c-199.

PEÑAMARÍA DE LLANO, SERGIO

Sergio Peñamaría de Llano xunto ao Franco no palacio municipal de María Pita

Fonsagrada 06/03/1914 – A Coruña 29/12/2004

Como militante falanxista desde os inicios da formación, Sergio Peñamaría de Llano formou parte, co cargo de secretario, na xunta directiva de FE-JONS coruñesa[1]. Cando preparaba o programa para o seu ingreso no Corpo Xurídico Militar sorprendeulle a sublevación militar, alistándose voluntariamente no exército rebelde e loitando como oficial na 3ª Bandeira da Lexión nas frontes de Teruel e do Ebro[2]. Peñamaría de Llano resultou ferido en dúas ocasións, das que se repuxo totalmente. Por estas e outras accións recibiu varias condecoracións por méritos de guerra. En 1941 aprobou as oposicións de ingreso no Corpo Xurídico Militar. Foi destinado a Bilbao pero regresou pronto á Coruña[3] e en 1942 xa exercía como fiscal xefe da Auditoría de Guerra da VIII Rexión Militar.

Como falanxista, Sergio Peñamaría exerceu de vocal na mesa central electoral[4] para as eleccións sindicais do novo réxime, celebradas polas diferentes seccións, a partir do 21 de outubro de 1944 na Coruña. Durante eses anos de posguerra, estivo destinado no I Terzo da III Bandeira da Lexión, con actuación na zona de Valdeorras, co fin de perseguir e reprimir os fuxidos[5].

Na súa condición de fiscal xefe da Auditoría da VIII Rexión Militar, Sergio Peñamaría de Llano actuou en varios consellos de guerra sumarísimos que levaron á morte, ou ao presidio, a numerosos individuos. Especialmente activo estivo en 1946, ano no que localizamos varios consellos de guerra sumarísimos celebrados na Coruña nos que Peñamaría actuou como fiscal:

-O celebrado o 22 de xuño de 1946 contra Manuel Bello Parga (causa 271/46)[6].

Peñamaría na sua etapa de alcalde

-O do 17 de xullo de 1946, no cuartel de Sanidade da Coruña, nun consello de guerra sumarísimo contra 57 individuos acusados de pertencer a unha organización clandestina, tipo comunista, que actuaba nas provincias de Lugo e A Coruña. Entre os detidos estaba unha única muller, Enriqueta Otero Blanco, ex mestra nacional, que resultara ferida ao ser detida. Todos eles foron acusados de integrar o Comité Provincial do Partido Comunista en Lugo e para todos eles pediu o fiscal elevadísimas condenas[7].

-O do 30 de setembro contra 22 individuos (os médicos irmáns Fernando José e Augustín Chacartegui Barvier establecidos na Coruña e vinte paisanos máis) acusados de prestar auxilio ás partidas de bandoleros armados, (causa 338/46), xuízo no que o fiscal pediu penas que oscilaron entre os 12 e 1 ano de prisión para os encausados[8].

-O do 15 de outubro de 1946 contra 23 acusados de constituír unha organización clandestina comunista na Coruña. No grupo de procesados figuraban Alicia Fernández Fernández e Emilia Patiño Fernández, ambas casadas cos irmáns Felipe e Julio Benavides, procesados en rebeldía, que foron acusadas de confeccionar as bandeiras republicanas colocadas en diversos lugares da Coruña e condenadas a penas de prisión. Emilia a doce anos e un día de prisión[9].

A actividade de Sergio Peñamaría como fiscal en consellos de guerra sumarísimos celebrados na Coruña continuou en anos posteriores. Así, o celebrado o 30 de xullo de 1947 (causa 36/47) contra 56 paisanos acusados de realizar actividades comunistas[10]. En abril de 1959 continuaba como fiscal xurídico militar da VIII Rexión Militar[11]. Alcanzou o grao de Xeneral Auditor e no seu último destino foi no Consello Supremo de Xustiza Militar, en 1980.

En xullo de 1950 entregáronlle un diploma polos seus cargos de secretario local do Movimento[12]e de delegado da Vieja Guardia[13]. Nese mesmo acto foille imposta a Cruz de Cabaleiros da Orde de Cisneros. Anos máis tarde, en marzo de 1959, foi cofundador da Hermandad provincial de Alféreces provisionales na Coruña, sendo elixido vicepresidente da mesma[14].

Sergio Peñamaría de Llano foi designado alcalde o 24 de abril de 1959[15]e tomou posesión o 4 de maio seguinte[16]. Tamén foi procurador nas Cortes como representante das capitais de provincia nas eleccións de 1958 e 1961. Cesou na Alcaldía en xuño de 1963[17] e durante esta etapa colaborou coa familia de Francisco Franco para a adquisición do palacio de Cornide, unha venda dun ben público hoxe en día cuestionada.

O 30 de agosto de 1973 foi recibido por Franco como presidente da Hermandad de Antiguos Caballeros Legionarios. O BOE do 13 de marzo de 1978 recolle o seu ascenso ao emprego de Xeneral Auditor do Exército e o nomeamento como Conselleiro Togado do Consello Supremo de Xustiza Militar, pasando á situación de Reserva en marzo de 1980 (BOE do 7-3-1980).

A participación de Sergio Peñamaría de Llano de forma activa na Guerra Civil e na represión física desde a fiscalía da VIII División Orgánica son motivos suficientes para que se aplique a actual Lei de Memoria Histórica e se lle retiren os honores que lle foron concedidos no seu día: eliminar a denominación da rúa Alcalde Peñamaría de Llano, unha longa rúa a zona do Ventorrillo que vai desde Mosteiro de Caaveiro ata a rotonda que enlaza coa rúa Alcalde Jaime Hervada e retirar o retrato realizado por José Fernández Sánchez da galería de retratos da sede do Concello na praza de María Pita.


[1] A sección coruñesa de FE-JONS presentou os estatutos no Goberno Civil en xaneiro de 1935 asinando a solicitude de aprobación Enrique García, Jesús Díaz Seoane e Antonio Roldán Martínez. Na renovación da xunta directiva do 13 de xaneiro de 1938 foron elixidos Carlos Folla como presidente, Sergio Peñamaría de Llano como secretario e como delegados de servizos os militantes José Laciana González, Javier Sanz de Andino Meleiro e Jesús Díaz Seoane. ARG. FGC. C-32.334.

[2] Fascista de primeira hora, incorporouse voluntariamente ao bando franquista figurando na Escala Militar dende o 20/07/1936. Rematou o cursiño como alférez provisional o 06/12/1936, chegando como tenente da Lexión á comarca de Valdeorras. Emilio Vega, “A memoria histórica de Valdeorras: Sergio Peñamaría de Llano”, La Opinión, 19/10/2019.

[3] La Voz de Galicia, 23/04/1959.

[4] La Voz de Galicia, 20/10/1944.

[5] Ver Luis Lamela, “Algunos retazos de la lucha antifranquista Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano”, Anuario Brigantino, nº 26, 2003, pp.281-294. Testemuñas desta represión recollidas tamén en Aurora Marco, “Consuelo Rodríguez López, “Chelo”. Mulleres na guerrilla antifranquista”, Andaina. Revista do Movemento Feminista Galego, nº 45, 2006, pp. 20-27 e tamén, da mesma autora, Mulleres na guerrilla antifranquista, Santiago, Laiovento, 2011.

[6] Cumplimiento de sentencia. En la madrugada de ayer, y en la Prisión Provincial, fue ejecutada la sentencia de muerte, dictada en Consejo de guerra sumarísimo, contra Manuel Bello Parga. La Voz de Galicia, 12/07/1946. Causa 271/46. Arquivo Intermedio Militar del Noroeste. Ferrol. O tribunal estivo formado por, presidente, teniente coronel de Intendencia, José Martínez Parada; vocais: capitáns de Artillaría, Antonio de Andrés Andrés e Luis Carvajal Fouce; capitán de Infantería, Augusto Sánchez Romero. Vocal poñente, capitán Auditor Eduardo Sanjurjo de Carricarte. Fiscal, capitán Auditor, Sergio Peñamaría de Llano.

[7] Actuaba de fiscal Sergio Peñamaría de Llano, en funciones de fiscal jefe de la región. […] El fiscal tomó como base de su tesis acusatoria la documentación recogida […]. Manifestó que los documentos en cuestión llevan el membrete del partido comunista y que en realidad era este partido el que sentaba en el banquillo. […] Puntualizó los cargos contra cada uno de los acusados, calificando los hechos como constitutivos de un delito de rebeldía militar. Pidió pena de muerte para Enriqueta Otero Blanco y cuatro acusados más; siete penas de veinticinco años; siete de quince; diez de doce; cuatro de seis; trece de tres y once de un año. Para Enriqueta Otero solicitó, además seis años de prisión por agresión a los agentes de la autoridad. La Voz de Galicia, 18/07/1946.

[8] El informe del fiscal, capitán del Cuerpo Jurídico, D. Sergio Peñamaría de Llano, empezó aludiendo a la necesidad que tenían las partidas de bandoleros, para subsistir, de una organización de auxiliares que cooperasen con ellos facilitándoles víveres, ropas e incluso municiones. Condenó con enérgicas frases los actos terroristas, robos a mano armada y asesinatos cometidos por los bandoleros, y afirmó que los procesados constituían una red de auxiliares y enlaces eficientes. […] Asegura que en ningún caso se dio la circunstancia de miedo insuperable exigida por la ley para que pueda considerarse como atenuante. “Se trata, pues -añadió- de alegatos pueriles que a nadie pueden convencer. La Voz de Galicia, 01/10/1946.

[9] El fiscal Peñamaría de Llano comenzó diciendo que en vísperas del consejo de guerra pidió fervientemente a Dios que su misión como representante de la ley no fuese influida por la indignación y apasionamiento que suscitan hechos como los que se trataba de juzgar. En el banquillo se sientan hoy -dijo- los componentes de la organización clandestina comunista de todos conocida, cuya finalidad próxima era subvertir el actual régimen político y social, y cuya finalidad remota era sumir a España en el mayor de los caos. […] Negó que la ignorancia constituya una atenuante, porque todos los procesados sabían que sus actividades eran ilícitas […] y apreció en algunos de ellos el agravante de que habiendo sido condenados previamente, por sus acciones durante la guerra civil, no supieron agradecer la magnanimidad del Caudillo que los indultó y que con su política cristiana borró toda diferencia entre vencedores y vencidos. As penas solicitadas polo fiscal ían de 1 a 15 anos de prisión. La Voz de Galicia, 16/10/1946.

[10] O fiscal Peñamaría solicitou pena de morte para Alejandro Gama Casalderrey, Ramón Seoane Suárez e Rogelio González Suárez, e penas de 1 a 30 anos para 47 procesados máis, así como a libre absolución para cinco dos acusados. La Voz de Galicia, 31/07/1947.

[11] ABC, 23/04/1959.

[12] Consta que, polo menos, exerceu este cargo entre 1949 a 1953. La Voz de Galicia, 23/09/1943; 07/03/1950;12/02/1953.

[13] La Voz de Galicia, 29/07/1950.

[14] La Voz de Galicia, 31/03/1959. Con relación a estes datos, cando un periodista lle preguntou: ¿No es usted político? respondeulle o mesmo día que recibiu a noticia do seu nomeamento como alcalde da Coruña: -No, no soy un político -contestó. Soy un español disciplinado en guerra y en paz, y que procuro servir desde mi puesto, sea el que fuere, con la mejor voluntad. La Voz de Galicia, 22/04/1959.

[15] Así era recollida a súa designación como alcalde o periódico madrileño: Ha sido nombrado alcalde de La Coruña el comandante del Cuerpo Jurídico el Sr. Sergio Peñamaría de LLano. Durante la Cruzada de Liberación fue alférez de complemento de una bandera de la Legión. Está en posesión de la Cruz del Mérito Militar, Cruz Roja y Medalla de Sufrimientos por la Patria. Actualmente desempeña el cargo de fiscal jurídico militar jefe de la Octava Región. ABC, 23/04/1959.

[16] Tras a morte de Alfonso Molina actuou como alcalde accidental Enrique Vilariño ata que tomou posesión o novo alcalde Peñamaría na sesión do 4 de maio de 1959 presidida polo gobernador civil. LAAM. AMC. AC. c-2.289.

[17] Presidiu a súa derradeira sesión da corporación municipal o 18 de xuño de 1963. LAAM. AMC. AC. c-2.292. Ata o nomeamento do seguinte alcalde titular desempeñaron a Alcaldía interinamente varios concelleiros.

RUA ALCALDE PEÑAMARÍA DE LLANO

https://goo.gl/maps/JQgwJSSm2iETHXGT6

PÉREZ ARDÁ Y LÓPEZ VALDIVIESO, JOSÉ

Entrega do Titulo de Fillo Predilecto da Coruña a Joaquin Calvo Sotelo. O entrega o alcalde (Perez Arda) e o ex alcalde (Peñamaria de Llano)

A Coruña, 15/07/1913 – A Coruña, 28/01/1978

José Pérez-Ardá y López Valdivieso pertenceu á quinta de 1934 e, polos datos proporcionados pola Sección de Recrutamento militar, debeu quedar excluído da realización do servizo militar obrigatorio por algunha razón física ou de saúde que descoñecemos. En setembro de 1937, nunha revisión das exclusións dos mozos do reemprazo de 1934, foi citado para que asistise ao Negociado de Quintas na Casa Consistorial para someterse á revisión das súas exclusións con aplicación do Cadro de Inutilidades reformado por Decreto-lei de 27 de xullo de 1937[1]. Sen embargo, nalgunha biografía se indica que durante a guerra prestou servizos de simple soldado[2].

O19 de decembro de 1936 José Pérez Ardá actuou como fiscal no consello de guerra que se celebrou na Audiencia do Xulgado de Instrución de Santiago contra cinco veciños de Curtis, acusados do delito de rebelión, e para os que o fiscal solicitou a pena de morte[3].

Na causa 221/37aberta contra Celestino Rodríguez Galdós -detido na Coruña polo cabo falanxista Arcadio Vilela-, que se conserva no Arquivo Intermedio Militar do Noroeste (Ferrol), o fiscal, alférez honorífico do Corpo Xurídico Militar, José Pérez Ardá, solicitou se lle impuxese a pena de reclusión perpetua, pero o poñente Ramón Rivero de Aguilar incluíu a agravante de perversidade e, como consecuencia do anterior, se lle impuxo a pena máxima e Celestino Rodríguez Galdós foi pasado polas armas nos foxos do castelo de San Felipe o 17 de abril de 1937.

José Pérez Ardá pertenceu, como falanxista de primeira hora, á Vieja Guardia e por esta condición de adicto ao novo réxime foi designado, en agosto de 1938, membro da xestora municipal que presidiu o pintor Fernando Álvarez de Sotomayor y Zaragoza e na que ocupou os cargos de segundo tenente de alcalde, poñente da comisión de Obras e vocal da comisión do Ensanche[4]. Pola súa condición de concelleiro figura a súa sinatura no pergamiño entregado a Francisco Franco con motivo da doazón do Pazo de Meirás.

Durante a Alcaldía de Fernando Álvarez de Sotomayor presidiu a Corporación municipal de forma accidental en varias ocasións[5] para sucederlle pouco despois como alcalde na que sería a primeira das tres etapas á fronte do Concello coruñés. Durante este primeiro mandato (preside como alcalde titular as sesións da Corporación celebradas entre o 9 de outubro de 1939 e o 22 de febreiro de 1940 aínda que cesou o 5-4-1940) creouse a beca Juan Canalejo Castells, dotada coa cantidade de 3.000 pesetas anuais, e para poder optar a ela establecían as bases que: o optante de cualquier sexo, debe justificar su escasez de recursos económicos y ser natural y vecino de este Ayuntamiento, militante de Falange Española Tradicionalista y de las JONS antes del 16 de febrero de 1936, mutilado o ex-combatiente o familiar de caídos o asesinados por los rojos. La documentación deberá acompañarse de certificación expedida por el jefe del SEU[6]. Deste modo quedaban excluídos todos os familiares dos coruñeses considerados rojos, de la otra España ou desafectos ao réxime.

Nos primeiros días de xuño de 1939 creouse na Coruña o Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas con sede provisional no Palacio de Xustiza e Pérez Ardá formou parte del como vocal do citado tribunal[7]. Pero este nomeamento durou pouco (menos de dous meses) porque foi cesado e substituído por José Antonio de Quiroga Martínez de Pisón[8], situación pola que entendemos que Pérez Ardá non actuou nese tribunal, pois entre a constitución do mesmo e o inicio da actividade represora, sobrepasa o curto prazo do seu mandato[9].

A segunda etapa como alcalde foi tamén curta, entre abril de 1943 e maio de 1944[10]. Na súa toma de posesión, o xefe do Movemento, Salas Pombo, desmentiu los criminales murmullos que circulan fuera de la Casa Consistorial y afirma que ni él ni nadie, nunca han pretendido que una Corporación falangista viniese, a los seis o siete años de la iniciación del Movimiento, a hacer una depuración que ya hace mucho tiempo que se ha hecho. Cando Pérez Ardá cesou como alcalde, ao mesmo tempo, deixou a secretaría da Cámara Oficial da Propiedade Urbana, (cargo éste del qué tomó posesión recientemente) cargo que volvería a desempeñar en xaneiro de 1945. En 1943, baixo o seu mandato, solicitouse a aprobación para modificar o nome dos Cantóns como Cantóns de José Antonio (sesión do 10/04/1943) e dedicar varias prazas e rúas a destacados militares do bando dos sublevados como Cánovas Lacruz (13/07/1943), e Vierna (16/07/1943).

A terceira etapa como alcalde foi máis duradeira (11/01/1969[11] a 02/02/1974) e durante os seus mandatos foi tamén procurador en Cortes pola súa condición de alcalde da cidade capital de provincia.

A José Pérez Ardá, camisa vella falanxista, os recoñecementos chegaron pola súa participación no proceso do triunfo dos franquistas e a súa participación na represión física dos republicanos, en tempos de odio e intolerancia. O seu máximo mérito para a concesión de honras municipais foi ser designado para presidir a corporación municipal franquista en tres ocasións.

Ademais da Avenida alcalde Pérez Ardá, situada entre a rotonda Salgado Torres/Ramón y Cajal e o inicio da Avenida de Monelos, e o monólito situado fronte á piscina municipal de Riazor lembrando os tres mandatos como alcalde, no Concello hai dous retratos realizado un por Vicente Eyre Fernández e outro por Alfonso Abelenda Escudero.

Pola súa participación na represión é de aplicación a actual Lei de Memoria Histórica para que se lle retiren os honores que lle foron concedidos no seu día, especialmente o cambio do nome da rúa e a retirada do monólito e os retratos do palacio municipal.


[1] La Voz de Galicia, 05/09/1937.

[2] Durante la guerra civil española, prestó sus servicios como simple soldado, enlace y conductor, renunciando a la plaza de jurídico militar para la que había sido llamado a Burgos, al contemplar la forma poco legal con que se tramitaban los mal llamados juicios de guerra. Alfonso González Catoyra. Biografías coruñesas. A Coruña, 1990, p. 502. En calquera caso, a decisión de renunciar á praza de xurídico militar tomouna despois de participar en varios xuízos nos que solicitou as máximas penas para a maioría dos encausados.

[3] Causa 399/36. Arquivo Intermedio Militar do Noroeste. Ferrol. Esta mañana se celebró en la Sala de Audiencia del Juzgado de Instrucción un consejo de guerra, contra Manuel Calvelo López y su esposa Isabel Rios Lazcano, Manuel Sánchez Ayerbe, Manuel Pena Camino y Eduardo Sánchez Lago, todos vecinos de Curtis y acusados del delito de rebelión. El tribunal lo presidió el teniente coronel señor Chacón. El fiscal señor Pérez Ardá, solicitó para Manuel Calvelo, Isabel Ríos y Manuel Sánchez Ayerbe, la pena de muerte; y para Manuel Pena y Eduardo Sánchez, la de reclusión perpetua. Actuó de defensor el teniente de Artillería, don Gonzalo Romero Osende. La Voz de Galicia, 20/12/1936. O médico Manuel Calvelo e o obreiro Manuel Sánchez Ayerbe foron fusilados. A Isabel Ríos conmutáronlle a pena de morte.

[4] La Voz de Galicia, 16, 19/08/1938. LAAM. AMC. AC. c-167/1.

[5] Preside as sesión celebradas o 23/06/1939, 08/08/1939, 10/08/1939, 06/09/1939, 26/09/1939 alternando a citada presidencia con outros concelleiros. LAAM. AMC. AC. c-167/1. Pérez Ardá cesou como alcalde para presentarse a unhas oposicións ao corpo de Secretarios de Cámaras da Propiedade, conseguindo a praza.

[6] La Voz de Galicia, 20/10/1939.

[7] Orde de 02/06/1939 da Vicepresidencia do goberno nomeando o persoal que debía constituír os tribunais rexionais, xulgados instrutores provinciais e civís especiais de responsabilidades políticas: para o tribunal rexional da Coruña figura: De FET y de las JONS: Propietario don José Pérez Ardá López, abogado y excombatiente. BOE, 05/06/1939. La Voz de Galicia, 02/07/1939. Xosé Enrique Acuña en Sumarísimos e outras tantas historias, https://biosbardia.wordpress.com/2016/11/17/sumarisimos-e-tantas-outras-historias/ fala de avogados que, con rango militar, pasaron a desenvolver labores nos consellos de guerra en distintas cidades galegas. […] José Pérez Ardá y López sería outro exemplo de actuación en consellos. Actividade á que sumaría a de ser vocal en 1938, en representación da Falanxe, do “Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas de La Coruña”.

[8] BOE, 25/08/1939. La Voz de Galicia, 26/08/1939.

[9] O fiscal José Gómez Naveira, nado en Carral, foi depurado, suspendido de emprego e soldo, pero tivo a sorte de que non foi perseguido. A súa muller declarou en La Voz de Galicia do 4 de maio de 2003, que Él se libró porque tenía buenos amigos, como Pérez Ardá, el que fue alcalde, que siempre que pudo le ayudó. O 9 de xuño do ano seguinte, o mesmo xornal afirma que Naveira se libró de ser paseado por su amistad con destacados coruñeses, como el ex alcalde Pérez Ardá.

[10] O nomeamento figura con data do 8 de abril de 1943 dándose noticia á Corporación na sesión celebrada o 29 de abril. LAAM. AMC. AC. c-168/. A derradeira que presidiufoi a do 19 de maio de 1944. LAAM. AMC. AC. c-168/2. No monólito figura a data de 30 de abril como data final do seu segundo mandato.

[11] Pérez Ardá substitiu a Demetrio Salorio na sesión do 11/01/1969 presidida polo gobernador civil. LAAM. AMC. AC. c-2.296. O seu terceiro mandato rematou cando foi substituido por Jaime Hervada na sesión, igualmente presidida polo gobernador civil, celebrada o 02/02/1974. LAAM. AMC. AC. c-2.699.

AVENIDA ALCALDE PÉREZ ARDÁ

https://goo.gl/maps/JQgwJSSm2iETHXGT6

PONTE ANIDO, ANTONIO

Ponte do Porco, 1920 – Krasni Bor (URSS) 10/02/1943

Antonio Ponte Anido

Antonio Ponte Anido foi un soldado que loitou no bando franquista na Guerra Civil a partir do ano 1938, sendo ferido na fronte de Cataluña. No 1942, mentres cumpría o servizo militar na guarnición de Lugo, incorporouse á División Azul, na que foi destinado ao corpo de Zapadores. En 1943, na batalla de Krasni Bor, preto de Leningrado, faleceu tras unha acción arriscada coa que salvou a vida de varios dos seus compañeiros. Recibiu postumamente a Cruz Laureada de San Fernando, que lle foi entregada en Lugo á súa nai Francisca Anido Dapena en 1944.

En outubro de 1965 o entón alcalde da Coruña, Salorio Suárez, acompañado de cargos militares, presidiu o acto público no que se daba o nome de Cabo Ponte Anido a unha rúa da cidade, situada entre as rúas da Torre e Orillamar, aceptando así unha proposta da Irmandade Provincial da División Azul. A intención do réxime, porén, non eran tanto honrar a memoria de Antonio Ponte Anido e o seu sacrificio, senón magnificar e manter na lembranza a División Azul creada por Franco para loitar contra a Unión Soviética e a carón da Alemaña nazi, unha división formada, teoricamente, por voluntarios que permitiría loitar contra o os Aliados en perder a neutralidade na Guerra Mundial.

O anticomunismo representado pola División Azul formaba parte da columna vertebral da ideoloxía franquista, e as referencias a este corpo de exército na nomenclatura urbana forman parte da propaganda do réxime, do mesmo xeito que as relacionadas co Alzamento e a organización do exército franquista (como Sarxento Provisonal ou Alférez Provisional), ou os actos heroicos dos sublevados na Guerra Civil (como Castillo de Olite ou Praza dos Caídos).

Por iso, e aínda que non coñezamos actividades represivas directamente vinculadas ao propio Antonio Ponte Anido (e mesmo descoñezamos as súas motivacións para participar na guerra), o papel da División Azul tras os honores concedidos fai que sexa necesario retirar o seu nome do rueiro da cidade para evitar, como indica a Lei de Memoria Histórica, a pervivencia de símbolos de exaltación do franquismo.

SALGADO TORRES, ENRIQUE

A Coruña 02/12/1913 – Madrid 14/06/1991

Enrique Salgado Torres

Fillo dun tenente do Corpo de Seguridade e posteriormente capitán de Infantería destinado na Coruña, Enrique Salgado Torres estudou na Escola Profesional de Comercio, unha escola que desde os primeiros meses de 1931 foi o xermolo coruñés das JONS e dos falanxistas en 1934, arredor de Juan Canalejo Castells. A constitución na escola dunha sociedade estudantil, a chamada Asociación de Estudiantes Mercantiles, da que Enrique foi o primeiro vicepresidente e despois, en decembro de 1929, presidente, foi a orixe dun numeroso grupo de activistas radicais ultradereitistas que na Coruña intentaron desestabilizar o réxime republicano.

Na súa faceta escolar e profesional, Enrique Salgado graduouse en 1930 e ao ano seguinte gañou, por oposición, unha praza de oficial terceiro na Deputación coruñesa[1]. En outubro de 1935 confirmou o seu emprego de brigada da escala de complemento de Artillería, con antigüidade do 1 de xuño, destinado no rexemento lixeiro nº 16 da Coruña[2].

En maio de 1936, Enrique foi detido e encarcerado xunto a varios compañeiros da plana maior da Falanxe local acusados de provocar desordes públicos e de tentativa de conspirar contra o goberno da Fronte Popular, aínda que pouco despois foron postos en liberdade[3].

Cando os militares sublevados saíron á rúa na Coruña, todos os irmáns Salgado Torres participaron na chamada pacificación e control da retagarda -a represión física-, colaborando intensamente coa Garda Civil e os militares naqueles primeiros días de represión, en todo momento dirixida e controlada desde o Goberno Civil. Máis tarde, os irmáns Salgado Torres marcharon voluntariamente á fronte de guerra. Lorenzo, sarxento do rexemento lixeiro nº 16 con guarnición na Coruña, loitou na fronte de Asturias, onde faleceu o 4 de marzo de 1937 no monte Naranco. Nese tempo, Enrique era alférez de Artillería e Rafael de Infantería, ambos combatendo na fronte de Asturias, e José , alférez de Intendencia, estaba en Madrid[4]. Rafael ascendeu a capitán de complemento de Artillaría por Orde do 21 de xaneiro de 1939[5], despois de realizar o curso de formación en Segovia.

Antonio e José, irmáns de Enrique, falanxistas e Camisas Viejas, participaron, en novembro de 1939, no traslado a ombros dos restos de José Antonio Primo de Rivera desde Alacante a El Escorial[6]. Rafael, igualmente Camisa Vieja[7], foi concelleiro nas corporacións municipais presididas por Pérez Ardá e Luis Julio Vázquez durante 1943 e 1944[8] e tamén tiña Medalla da Vieja Guardia da provincia coruñesa, de modo que os cinco irmáns formaban parte do grupo dos primeiros falanxistas que na Coruña estaban relacionados coa Escola de Comercio. Xa que logo, os irmáns Salgado Torres non fixeron máis que seguir os pasos de seu pai, Enrique Salgado Martínez[9], que era camarada de la Falange Española Tradicionalista y de las JONS e faleceu o 6 de abril de 1939[10].

Enrique Salgado Torres mantivo durante toda a súa vida activa estreita vinculación coa Deputación provincial da Coruña, institución na que entrou a traballar como oficial da Administración de segunda clase[11] para ocupar posteriormente o posto de Inspector Xefe de Exaccións e Servizos provinciais. Para ocupar os diferentes cargos políticos para os que foi nomeado polo Goberno, Salgado Torres solicitaba ser substituído na Deputación e poder incorporarse ao novo traballo en comisión de servizos, de modo que conservaba o posto no escalafón do funcionariado provincial[12].

Rematada a Guerra Civil e ata o seu retiro da vida activa profesional, Enrique Salgado Torres ocupou numerosos cargos[13]. Así, en xaneiro de 1940 foi nomeado xefe provincial do SEU na Coruña (Sindicato Español Universitario) e, desde este cargo que ocupou durante varios anos, participou na depuración de mestres do Maxisterio Nacional e doutros profesionais da ensinanza[14].

En maio de 1941 Enrique Salgado Torres foi nomeado delegado provincial de FET-JONS, ocupando tamén ese ano o cargo de inspector da Comisaría de Recursos da 8ª Rexión dependente da Comisaría Xeral de Abastecementos e Transportes[15] e delegado provincial da Fronte de Xuventudes en marzo de 1942[16]. Desde este cargo impuxo multas a pais de nenos que non acudían ás actividades da Fronte de Xuventudes, a sección xuvenil da Falanxe encargada do adoutrinamento da mocidade, nas que era obrigado participar, tanto para afiliados como para non afiliados (os chamados “encuadrados”):

Adjunto tengo el honor de devolverle a V.E. la instancia elevada por el tutor del menor FERNANDO RODRÍGUEZ que remite a esta Delegación en oficio nº 74 de fecha 11 de los corrientes, significando a V.E. que no procede la condonación de la sanción impuesta, puesto que las actividades de este Frente de Juventudes son de las 20:30 a 21:30, no perjudicando así las horas de estudio por ser estas compatibles con dichas horas.

Adjunto tengo el honor de devolverle a V.E. la instancia elevada por RODOLFO GÓMEZ que remite a esta Delegación en oficio nº 75 de fecha 11 de los corrientes, significando a V.E. que no procede la condonación de la sanción impuesta, pues según determina la Ley del 6 de Diciembre todos los patronos tienen la obligación de dejar a sus empleados el número semanal de horas libres necesarias para las actividades del Frente de Juventudes[17].

O xefe provincial do Movemento, Diego Salas Pombo, en escrito datado o 16 de outubro de 1944 e dirixido ao gobernador civil, repetía a proposta formulada con anterioridade sobre a conveniencia de nomear a Enrique Salgado como alcalde da Coruña polos méritos profesionais e políticos que, na súa opinión, facíano moi apropiado para ocupar a Alcaldía[18]. En agosto de 1946 cesou como delegado da Fronte de Xuventudes para pasar a desempeñar o de delegado provincial de sindicatos[19] un cargo que seguía desempeñando en 1954 e no que cesou para pasar a ocupar o de subxefe nacional da Obra Sindical del Hogar[20]e posteriormente o de vicesecretario nacional de Obras Sindicais da Delegación Nacional de Sindicatos[21]. O periódico La Vanguardia de 14 de abril de 1957 reflicte moi ben a traxectoria de Enrique Salgado Torres ata esa data en que asumiu o cargo de tesoureiro xeral do Movemento: Voluntario desde los primeros momentos. Capitán de complemento de Artillería. Militante de F.E. y de las JONS. Profesor Mercantil, jefe superior de Administración del Cuerpo Técnico Administrativo de la Diputación Provincial de A Coruña. Desde 1939 desempeñó: la jefatura provincial del SEU de A Coruña; del Frente de Juventudes; jefe nacional de la Obra Ayuda Juvenil; Delegado Provincial de Sindicatos de A Coruña; Subjefe nacional de la Obra Sindical del Hogar; Vicesecretario nacional de Obras Sindicales de la Delegación Nacional de Sindicatos; Director General del Instituto de la Vivienda; Procurador en Cortes y Consejero nacional de Educación y de la Vivienda; Tesorero General del Movimiento[22].

Enrique Salgado Torres foi procurador en Cortes, nomeado polo Consello Nacional do Movemento, de forma ininterrompida, entre 1955 e 1971[23].

A corporación municipal, na sesión celebrada o 27 de xullo de 1963 acordou concederlle a Medalla de Ouro da cidade[24] e en decembro de 1971 darlle seu nome á unha nova rúa[25].

Ata 1971 seguiu ocupando cargos de alta responsabilidade que esixían a plena identificación co réxime ditatorial, especialmente o de director xeral do Ministerio de Vivenda e o de secretario xeral do Movemento. O 15 de xullo de 1975, uns meses antes de falecer Francisco Franco, Enrique Salgado Torres foi designado xerente dos servizos do Movemento[26] e en febreiro de 1976, pouco despois de falecer o ditador, director xeral de Xestión e Financiación da Seguridade Social[27]. Nesa época exercía tamén a presidencia da Comisión de Vivenda e Servicios Urbanos do Consello Económico Social e Sindical de Galicia[28].

Nas eleccións xerais de 1979 presentouse a deputado por UCD pola provincia da Coruña[29] e a finais dese mesmo ano exercía a presidencia da Asociación de Estudios Mercantiles[30].

Enrique Salgado Torres, falanxista da Vieja Guardia -e o que isto supón en xullo de 1936- participou primeiro no control da retagarda colaborando coas forzas da orde e, como numerosos falanxistas da Coruña foi voluntario para loitar na fronte de Asturias e participou na represión laboral dos profesionais da Ensinanza, polo que non merece continuar ostentando os honores que lle concedeu o Concello: debe eliminarse o seu nome da longa avenida que, continuando a rúa Ramón y Cajal, chega ata a Ronda de Outeiro, así como do aparcadoiro público que nela se atopa, e a retirada da Medalla de Ouro da cidade.


[1] La Voz de Galicia, 19/11/1931.

[2] Diario Oficial do Ministerio de Guerra, 20/10/1935. La Voz de Galicia, 22/10/1935.

[3] Un informe sobre Rafael Salgado Torres emitido pola Xefatura Provincial da Falanxe da Coruña en 1943, con motivo de propoñelo para o posto de Delegado Provincial de Información e Investigación, di que: Rafael Salgado Torres, natural de La Coruña, de 28 años de edad, soltero, Teniente Provisional de Infantería Mutilado, pertenece a nuestra Organización procedente de las J.O.N.S. de la que es fundador en esta Ciudad, desde el dos de Mayo de mil novecientos treinta y cuatro; desde los primeros momentos de su ingreso se destaca por su labor propagandista y acción en pro de nuestros ideales, que es señalado como uno de los mejores elementos de la Falange de esta Ciudad y dado su espíritu de servicio y sacrificio, es constantemente perseguido por los elementos del funesto Frente Popular. Desde el mes de Abril de 1936 hasta el 14 de Junio del mismo año sufrió prisión por orde gubernativa por haber tomado parte activa en los sucesos ocurridos en La Coruña el 14 de Abril, manteniendo magnífico espíritu durante su permanencia en dicho establecimiento. Al salir de éste, continuó con las tareas activas de nuestros postulados, estando en contacto con diversos camaradas hasta iniciado el Glorioso Movimiento Nacional en que se incorpora voluntariamente a las primeras fuerzas cooperando con las mismas a la pacificación de la Capital y pueblos de la provincia. Pocos días después, se hizo cargo de la Jefatura Local de Milicias de esta Ciudad, ingresando más tarde en la Academia de Alférez Provisionales en la que alcanzó dicha graduación saliendo acto seguido al frente de Asturias, donde fue herido; una vez repuesto, se incorpora nuevamente siendo herido el 13 de Junio de 1937 por segunda vez en el frente de Bilbao teniendo que hospitalizarse y quedando imposibilitado para volver al frente, y alcanzando la graduación de Teniente. AGA, sección Presidencia, Caixa 51/20.611.

[4] La Voz de Galicia, 11/03/1937.

[5] Como oficial da Administración provincial, comunicou á entidade a súa desmobilización como capitán de complemento de Artillaría para reintegrarse ao seu posto de traballo na Deputación da Coruña. Libro de Actas da Deputación. Arquivo da Deputación Provincial, acta do 25/08/1939.

[6] S. Ros; A. Bouthelier, A hombros de la Falange de Alicante a El Escorial, Madrid, Ediciones Patria, 1940, pp. 85, 102.

[7] El camarada más antiguo de la Falange Tradicionalista de La Coruña, Rafael Salgado Torres, por haberse muerto el número 1, camarada Roldán. La Voz de Galicia, 17/10/1939.

[8] LAAM. AMC. AC. c-168/1 e 168/2.

 [9]Enrique Salgado Martínez, capitán do rexemento de Infantería de Zaragoza, nº. 30, participou como vocal en varios tribunais de consellos de guerra celebrados na Coruña durante a Guerra Civil. La Voz de Galicia, 01/12/1936).

[10] La Voz de Galicia, 12/04/1939.

[11] En xaneiro 1933 reclamaba o seu dereito a gozar do cobro de quinquenios, dereito que tiñan os funcionarios que entrasen antes do 31/12/1929, polo que o seu ingreso na Deputación debe ser anterior a esa data. Libro de Actas da Deputación. Arquivo da Deputación Provincial, acta do 20/01/1933. En novembro de 1946 se lle recoñeceu o terceiro quinquenio, polo a súa entrada como funcionario sería posterior. Acta do 15/11/1946.

[12] Xubilouse como técnico da Deputación ao cumprir a idade regulamentaria de 70 anos. Libro de Actas da Deputación. Arquivo da Deputación Provincial, acta do 30/07/1983. A Deputación coruñesa outorgoulle a Medalla de Ouro da Provincia en 1963 e o título de Fillo Predilecto da provincia en 1970.

[13] Terminada la guerra civil española y triunfante el régimen franquista, con el que Enrique Salgado Torres se hallaba plenamente identificado, fue llamado, dada su reconocida valía, para ocupar en la Administración, puestos de extraordinaria importancia y responsabilidad, tales como el de Delegado de Sindicatos en La Coruña y más tarde el de Director General de la Vivienda, en el Ministerio de este nombre. A. González Catoyra, Biografías coruñesas. A Coruña, 1990, p. 606.

[14] La Voz de Galicia, 24/01/1940. Comisión Provincial de Educación Nacional.—En 1a última sesión celebrada por esta Comisión Provincial, se tomaron, entre otros, los siguientes acuerdos: Nombrar ponente a don Enrique Salgado para informe de un expediente gubernativo, seguido a una Maestra Nacional. La Voz de Galicia, 24/08/1945.

[15] Libro de Actas da Deputación. Arquivo da Deputación Provincial, acta do 15/11/1941.

[16] La Voz de Galicia, 03/03/1942.

[17] Escritos que levan o carimbo de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. Frente de Juventudes. Delegación Provincial La Coruña asinados por Enrique Salgado Torres enviados ao gobernador civil. Os escritos levan data do 16/02/1943. As multas estaban motivadas por reiteradas faltas a las actividades de la Delegación provincial del Frente de Juventudes, toda vez que dichos padres no colaboran en su autoridad paterna a la asistencia de los hijos a los actos, obstaculizando con ello la labor encomendada al Frente de Juventudes por el Caudillo. ARG-31996. Expedientes multas 1943. Goberno Civil. G-2.317.

[18] Argumentaba Diego Salas a favor de Enrique Salgado que era o delegado provincial del Frente de Juventudes, intendente mercantil, de 30 años, galardonado estos días con la Orden de Cisneros. ARG. FGC. G-32.447.

[19] La Voz de Galicia, 04/08/1946.

[20] La Voz de Galicia, 27/01/1954.

[21] Libro de Actas da Deputación. Arquivo da Deputación Provincial, acta do 24/09/1956.

[22] A súa actividade desde estes postos, desenvolvendo políticas de construcción de vivendas e desenvolvemento urbanístico, para algún analistas pesa máis n asúa biografía que a militancia fascista e represora. Así, una reportaxe de Carlos Fernández recollía: Siendo director general de Vivienda (años 60), fue el máximo impulsor del desarrollo urbanístico de A Coruña y que, según el alcalde socialista Francisco Vázquez, fue el mejor alcalde que tuvo la ciudad, sin que nunca hubiese ejercido como tal. La Voz de Galicia, 22/02/2009.

[23] Seu irmán Rafael tamén foi procurador entre 1958 e 1971 e os dous foron designados polo Consello Nacional do Movemento. Datos na web oficial do Congreso dos Deputados.

[24] LAAM.AMC. AC. c-2.292, fol. 197. A medalla foille entregada en agosto de 1964. La Voz de Galicia, 25/08/1964.

[25] La Voz de Galicia, 16/12/1971.

[26] La Voz de Galicia, 18/07/1975.

[27] La Voz de Galicia, 07/02/1976.

[28] La Voz de Galicia, 30/07/1976.

[29] La Voz de Galicia, 27/02/1979.

[30] La Voz de Galicia, 15/12/1979.

AVENIDA ENRIQUE SALGADO TORRES

https://goo.gl/maps/JQgwJSSm2iETHXGT6

SANJURJO DE CARRICARTE, EDUARDO

A Coruña 16/12/1911 – A Coruña 14/02/1966

En xaneiro de 1933 Eduardo Sanjurjo de Carricarte estaba estudando Dereito en Valladolid, cidade na que participou activamente no grupo fundacional das JONS, licenciándose en xuño de 1936 na Facultade de Santiago. Ao iniciarse a sublevación militar, incorporouse ao exército nacional como voluntario en Infantería[1]e participou na Guerra Civil como oficial de complemento.

En agosto de 1938 entrou a formar parte da xestora municipal presidida polo alcalde Fernando Álvarez de Sotomayor, sendo designado terceiro tenente de alcalde[2]. Pola súa condición de membro da xestora municipal aparece a súa sinatura no pergamiño entregado a Francisco Franco con motivo da doazón do Pazo de Meirás.

No aspecto da represión física, entre outros, o 22 de xuño de 1946, exerceu de vocal poñente, como capitán auditor que era, no consello de guerra ordinario de praza celebrado na sala de xustiza do cuartel de Atocha contra Manolito Bello Parga (causa 271/46), e no que o acusado foi condenado a varias penas de morte e executado por medio del garrote vil. Uns meses máis tarde, o 1 de febreiro de 1947, tamén foi vocal poñente no consello de guerra ordinario de praza celebrado na sala de Xustiza do Rexemento de Infantería Isabel a Católica nº 29, na causa contra Armando López Vila, Guillermo Suárez Alonso e Eduardo González Pérez. Os dous primeiros foron condenados a quince anos de estrañamento, pena substituída despois por confinamento e ao terceiro con seis meses de prisión menor.

Monumento a Eduardo Sanjurjo de Carricarte na Coruña.

O mesmo sucedeu o 30 de xullo de 1947. No salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar nº 8, celebrouse un consello de guerra sumarísimo contra 56 paisanos acusados de actividades comunistas, de haber estado en relación cos guerrilleiros e de haber repartido propaganda subversiva. Presidiu o tribunal o coronel de Enxeñeiros, Juan Noreña Echevarría e actuaron, como vocal poñente, o capitán auditor Eduardo Sanjurjo de Carrricarte, e como fiscal do corpo xurídico Sergio Peñamaría de Llano. Os acusados foron: Alejandro Gama Casalderrey, Emilio Villar, Eduardo Rodríguez, Rogelio González Suárez, José Lata Mato, Ramón Seoane Suárez, Francisco Armos Anzo, Alejandro Vargas Díaz Guerra, Severino Pan Caparro e Ángel Chamorro Castro, entre outros[3]. Os encausados foron acusados por Peñamaría de que, co pretexto de costear unha viaxe a Madrid para resolver un preito laboral, recadaran fondos para o partido y que los comités provinciales, constituidos por tres individuos, ejercen la suprema autoridad y se relacionan directamente con los llamados guerrilleros del alto, considerados como brazo armado de la organización. Es una autoridad verdaderamente categórica sobre sujetos cuyo verdadero nombre es el de atracadores. Los comités dirigen todos los golpes de estas partidas, sus actos de fuerza y atentados, hasta el punto de que los guerrilleros carecen de iniciativa y someten sus acciones a la aprobación del comité.

Neste consello de guerra, no que participa Eduardo Sanjurjo de Carricarte, o fiscal Peñamaría de Llano pediu para os procesados acusados de rebelión militar, tres penas de morte -para os integrantes do Comité Provincial, Alejandro Gama Casalderrey, Ramón Seoane Suárez e Rogelio González Suárez-, penas de un a trinta anos para 47 procesados e a libre absolución para outros cinco.

Posteriormente desempeñou diversos cargos políticos. En decembro de 1950 tomou posesión dos cargos de presidente do Consello Asesor Provincial e da Delegación do Instituto Nacional de Previsión na Coruña[4]. En novembro de 1951 foi nomeado subxefe provincial do Movemento da Coruña[5]. En maio de 1952 ascendeu a comandante do Corpo Xurídico Militar, ao tempo de continuar desempeñando o anterior cargo subxefe provincial do Movemento da Coruña e tamén o de presidente do Consello Provincial do Instituto Nacional de Previsón[6], cargos, estes últimos, que continuaba exercendo en 1953[7]. En setembro de 1955 e 1956 formaba parte do Consello Provincial do Movemento da Coruña[8].

Ascendeu a tenente coronel auditor do corpo xurídico e o 13 de agosto de 1963 foi nomeado alcalde da Coruña, cargo no que permaneceu ata o 20 de decembro de 1965. Como alcalde de capital formou parte das Cortes como procurador na lexislatura 1961-1964. Ademais dos cargos anteriormente citados, Eduardo Sanjurjo de Carricarte foi inspector nacional de Montepíos, presidente do Instituto Nacional de Previsión e conselleiro nacional do Movemento.

Pouco despois da súa morte, o Pleno do Concello coruñés outorgoulle a Medalla de Ouro na sesión extraordinaria do 15 de febreiro de 1966[9] e desde 1971 leva seu nome -Alcalde Sanjurjo- unha rúa na zona de Monte Alto[10] situada entre a rotonda da citada Ronda e a rúa Santo Tomás. No Concello está exposto o seu retrato, obra de Ricardo Camino Calvo, e un busto sobre pedestal que lembra as datas da súa alcaldía está situado nos pequenos xardíns da Costa de Santo Agostiño, detrás do palacio do Concello.

Así pois, ademais de participar na Guerra Civil en apoio dos sublevados, Eduardo Sanjurjo de Carricarte, tamén participou en varios tribunais militares, na súa calidade de vocal poñente, na represión física do franquismo durante os anos de actividade antifranquista, argumentando e redactando sentencias para que as asinasen os demais membros do tribunal. Toda unha vida dedicada, como falanxista, a consolidar o franquismo, motivos suficientes para que se lle retiren os honores concedidos no seu día.


[1] J. Mª Reiriz Rey, Nombres del callejero coruñés. A Coruña, Vía Láctea, 1999, p.19.

[2] LAAM. AMC. AC- c-167/1.

[3] La Voz de Galicia, 31/07/1947. Causa 36/47, Arquivo Intermedio Militar do Noroeste, Ferrol.

[4] La Voz de Galicia, 20/12/1950.

[5] La Voz de Galicia, 10/11/1951.

[6] La Voz de Galicia, 29/05/1952.

[7] La Voz de Galicia, 11/10/1953.

[8] La Voz de Galicia, 16/09/1955.

[9] LAAM. AMC. AC. c-2294, fols. 199-200.

[10] Alfonso García López, Calles con Historia. A Coruña, Espacio-Cultura, 2010, p. 67.

RUA SANJURJO DE CARRICARTE

https://goo.gl/maps/JQgwJSSm2iETHXGT6

BIBLIOGRAFÍA

ACUÑA, José Enrique. Sumarísimos e outras tantas historias,https://biosbardia.wordpress.com/2016/11/17/sumarisimos-e-tantas-outras-historias/

ANSALDO, Juan Antonio. ¿Para qué? (De Alfonso XIII a Juan III). Bos Aires, Vasca Ekin, 1951.

AUNÓS, Eduardo. Calvo Sotelo y la politica de sutiempo. Madrid, Ediciones españolas, 1941.

BULLÓN DE MENDOZA, Alfonso. José Calvo Sotelo. Barcelona, Ariel, 2004.

CALVO SOTELO, José. Obras completas. Madrid, Actas, 2009.

CIERVA, Ricardo de la. Episodios históricos de España. 1936. Ante el Alzamiento. Trama civil y conspiración militar. El fascismo y la derecha radical española. Madrid, ARC editores, 1997.

DÍAZ PLAJA, Fernando. La Historia de España en sus documentos. Siglo XX. Madrid, Instituto de Estudios Políticos, 1964.

FERNÁNDEZ PRIETO, Lourenzo; MÍGUEZ MACHO, Antonio (eds). Golpistas y verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Vigo, Galaxia, 2018.

FERNÁNDEZ SANTANDER, Carlos. Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Sada, Ediciós do Castro, 2000.

FERNÁNDEZ SANTANDER, Carlos. El Alzamiento de 1936 en Galicia. Datos para una historia de la Guerra Civil. Sada, Ediciós do Castro, 1982.

FRANCO SALGADO-ARAUJO, Francisco, Mis conversaciones privadas con Franco. Barcelona, Planeta, 1976.

GARCÍA ALEGRE, Manuel Antonio. Memoria de la actuación de la Delegación para el Servicio de Información de Residentes en territorio liberado (DIDREM). Madrid, Gráficas de Afrodisio Aguado, 1939.

GARCÍA LÓPEZ, Alfonso. Calles con Historia. A Coruña, Espacio-Cultura, 2010.

GARCÍA RODRÍGUEZ, José. Conspiración para la rebelión militar del 18 de julio de 1936. Madrid, Sílex, 2013.

GIBSON, Ian. La noche que mataron a Calvo Sotelo. Barcelona, Aros Vergara, 1982.

GONZÁLEZ CALLEJA, Eduardo. Contrarrevolucionarios. Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República. Madrid, Alianza, 2011.

GONZÁLEZ CATOYRA, Alfonso. Biografía coruñesas. A Coruña, 1990.

GRANDÍO SEOANE, Emilio (edit.). Anos de odio. Golpe, represión e guerra civil na provincia da Coruña( 1936-1939). A Coruña, Deputación provincial, 2007.

GRANDÍO SEOANE, Emilio. “El primer golpe, 18-19 de abril de 1936”, Memoria antifranquista del Baix Llobregat, “El terror fascista en Galicia”, ano 8, nº 13, edición extraordinaria, 2013. http://www.todoslosnombres.org/tipo-materiales/memoria-antifranquista-del-baix-llobregat

GRANDÍO SEOANE, Emilio. “El primer personal político del franquismo en la provincia de La Coruña. Cambio y continuidad de las élites políticas provinciales durante la Guerra Civil en la retaguardia nacional” en TUSELL et Alii (eds). El régimen de Franco (1936-1975). Madrid, UNED, 2007, pp. 69-87.

GRANDÍO SEOANE, Emilio. Vixiados. Represeión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939). Santiago, Laiovento, 2011.

INSUA SEOANE, Emilio. Vixiancia e represión na Galicia da Guerra Civil. O informe Brandariz (A Coruña, 1937). Sada, Ediciós do Castro, 2001.

JUANA LÓPEZ, Jesús; PRADA RODRÍGUEZ, Julio (eds). Lo que han hecho en Galicia. Violencia, represión y exilio (1936-1939). Barcelona, Crítica, 2006.

LAMELA GARCÍA, Luis. “Algunosretazos de la luchaantifranquista Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano”, Anuario Brigantino, nº 26, 2003, pp. 281-294.

LAMELA GARCÍA, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada, Ediciós do Castro, 2002.

LAMELA GARCÍA, Luis. Estampas de injusticia. La Guerra Civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Sada, Ediciós do Castro, 1998.

LARUELO ROA, Marcelino.La libertad es un bienmuypreciado. Consejos de Guerra. http://www.memoria-antifranquista.com/webvella/actualitat/consejos-guerra.pdf

MANCISIDOR, José María. Frente a Frente.José Antonio frenteal tribunal popular. Alicante-noviembre 1936. Madrid, Edit. Almena, 1975.

MARCO, Aurora. “Consuelo Rodríguez López, “Chelo”. Mulleres na guerrilla antifranquista”, Andaina. Revista do Movemento Feminista Galego, nº 45, 2006, pp. 20-27.

MARCO, Aurora. Mulleres na guerrilla antifranquista. Santiago, Laiovento, 2011.

MÍGUEZ MACHO, Antonio. Xenocidio e represión franquista en Galicia. A violencia da retargarda en Galicia na Guerra Civil. Santiago, Lóstrego, 2009.

MONGE GONZÁLEZ, Manuel. Os restos do franquismo en Galiza. Exaltación, honras, privilexios e distincións a golpistas, franquistas e criminais. Santiago, Laiovento, 2020.

MORA-FIGUEROA Y GÓMEZ-IMAZ, J. de. Datos para la historia de la Falange gaditana 1934-1939. Jerez de la Frontera, Gráfico Exportador, 1974.

MOURE MARIÑO, Luis. El Movimiento en Galicia. Madrid, Ediciones Españolas, 1939.

NAYA PÉREZ, Juan. Calles y plazas coruñesas. A Coruña, vol. I, 1970 vol. II, 1976.

PAYNE, Stanley G. El caminoal 18 de julio. La erosión de la democracia en España (diciembre 1935-julio 1936). Barcelona, Espasa, 2016.

PRESTON, Paul. Franco.Caudillo de España. Barcelona, Debate, 2015.

REIRIZ REY, Jesús María. Nombres del callejero coruñés. A Coruña, Vía Láctea, 1999.

ROCHA CARRO, X. X. Abegondo un curruncho das Mariñas. Concello de Abegondo, 1996.

ROMERO MENGOTTI, Manuel. El defensor. Santiago, FinisTerrae, 2013.

ROS, Samuel; BOUTHELIER, Antonio. A hombros de la Falange de Alicante a El Escorial. Madrid, Ediciones Patria, 1940, pp. 85, 102.

RUIZ-BERDÚN, Dolores; GOMIS BLANCO, Alberto; GONZÁLEZ BUENO, Antonio. “Entre la propaganda y el espionaje: la delegación especial para la información de residentes en territorio liberado (DIDREM) en la España de la guerra civil (1936-1939)”, Saitabi. Revista de la Facultat de Geografia i Història, 2016, nº66.

SILVA FERREIRO, Manuel. Galicia y el Movimiento Nacional. Santiago, Imprenta do Seminario conciliar, 1938.

VELASCO SOUTO, Carlos. 1936. Represión e alzamento militar en Galiza. Vigo, A Nosa Terra, 2006.

VIÑAS, Ángel. ¿Quién quiso la Guerra Civil? Historia de una conspiración. Barcelona, Crítica, 2019.

VVAA. Proxecto interuniversitario Nomes e voces. http://www.nomesevoces.net/

ARQUIVOS E PRENSA CONSULTADOS

PRENSA

ABC (Madrid e Sevilla)

Diario de Noticias (Lisboa)

El Compostelano, diario independiente (Santiago de Compostela)

El Correo Gallego (Santiago de Compostela)

El Eco de Santiago (Santiago de Compostela)

El Ideal Gallego (A Coruña)

El Progreso (Lugo)

El Pueblo Gallego (Vigo)

La Noche (Santiago de Compostela)

La Opinión (A Coruña)

La Vanguardia (Barcelona)

La Voz de Galicia (A Coruña)

ARQUIVOS

Archivo General de la Administración (AGA. Alcalá)

Archivo General de la Guerra Civil Española (Salamanca)

Archivo Histórico Nacional (AHN. Madrid)

Arquivo da Deputación da Coruña

Arquivo da Dirección Xeral da Policía (Madrid)

Arquivo da Fundación 10 de Marzo

Arquivo da Universidade de Santiago (Santiago de Compostela)

Arquivo de Galicia

Arquivo do Reino de Galicia

Arquivo Intermedio Militar do Noroeste (Ferrol)

Arquivo Municipal da Coruña

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *