Congreso de peñas do Deportivo en Sada no ano 2003
Os actos, organizados pola Peña Deportivista Ribera de Sada, incluiron un encontro no campo das Mariñas entre o Sporting Sada e o RC Deportivo (1-6)

Os días 26 e 27 de xullo de 2003 celebrouse en Sada en Sada baixo a histórica peña sadense “Ribera”, un congreso de caracter lúdico que contou cun número importante de de agrupacións de seguidores deportivistas.
Os actos contaron, entre outros eventos, unha exposición de títulos e trofeos logrados polo RC Deportivo no hotel “Sada Marina”. A Sada acudiron de peregrinaxe as hormigoneiras branquiazuis na tarde do día 25 de xullo. Presidiu os actos quen era naquel momento alcalde de Sada Abel López Soto, representantes da Xunta Directiva do RC Deportivo e Xose Ramón Pena pola Peña Deportivista Ribera de Sada.
O congreso propiamente dito, celebrouse o sábado 26 no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns (á que pertence a imaxe superior)


Tras unha comida de confraternidade, e as actuacións de Suasana Seivane e Ghandi, o deportivo xogou na tarde de moita choiva do día 26 (19:30) un partido no campo das Mariñas entre o Sporting Sada e o RC Deportivo




O domingo 27, o congreso adicouse a unha xornada mais lúdica como foi unha concentración de barcos e unha festa gastronomica



