Presentamos en Sada o novo libro de Rubén Anido

O acto terá lugar lugar na biblioteca “Ramón Suárez Picallo” sita na Casa da Cultura Pintor Llorens o vindeiro venres 24 de febreiro.

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo compracese en coorganizar en Sada o acto de presentación do novo libro de Rubén Anido Regueiro titulado “Os derradeiros dias de Ulises e Penélope”. O acto de presentación está organizado tamén por “Medulia”, editora deste novo volume literario. Acompañará ao autor a escritora Adela Sande Insua. Comezará as 20:00 horas.

Rubén Anido Regueiro é directivo da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e colaborador habitual da revista Areal.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *