A AC Irmáns Suárez Picallo, convidada pola Plataforma Gambogaz a unhas xornadas sobre o espolio do cortijo sevillano

Cartace da Xornadas organizadas pola Plataforma Gambogaz

Foi solicitada a nosa participación nunhas xornadas divulgativas celebradas en Andalucía os días 16, 17 e 18 de febreiro. O membro da directiva da AC Irmáns Suárez Picallo Carlos Babío Urkidi participou en todos os actos organizados, entre eles cunha ponencia na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla nunha mesa redonda titulada “Gambogaz y Pazo de Meirás: paralelismos y diferencias” e na que tamén participaron Félix Talego Vázquez, Profesor de Antropoloxía Social da Universidade de Sevilla como moderador e Isidoro Moreno Navarro, Catedrático Emérito de Antropoloxía Social, Bonifacio Cañibano, Investigador da Plataforma Gambogaz como intervintes.

As xornadas remataron o sábado 18 cunha marcha reivindicativa a Gambogaz celebrada no municipio de Camas, onde se atopa o cortijo de Gambogaz espoliado en 1937 por Queipo de Llano (na imaxe superior unha imaxe da da marcha saindo polas ruas do concello sevillano de Camas).

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo tivo o inmenso placer de participar a través do noso directivo e activista da Memoria Carlos Babío, nas Xornadas Divulgativas que levaban o título de “Gambogaz para el Pueblo” celebradas en Sevilla e Camas esta pasada semana.

A activista da Memoria Paqui Maqueda e o historiador Jose Mª García Marquez

O motivo do convite respondía á implicación no proceso de membros da nosa Asociación Cultural nas diferentes actividades que foron determinantes na confección da demanda que permitiu a sentenza (provisoria) de devolución do Pazo de Meirás. En concreto, aquelas experiencias que poideran ser de interese na reclamación do Cortijo de Gamboaz que – e ainda que foron procesos con caracteristicas moi diferentes – comparte con Meirás os abusos dun réxime xenocida como foi o franquista.

“Queipo de Llano e Gambogaz”

A xornadas comezaron o xoves día 16 cunha brillante e interesantisima conferencia titulada “Queipo y Gambogaz. Una aproximación histórica a la figura del genocida” impartida polo historiador sevillano José María Márquez na que quedou retratado a figura dun sanguinario como foi o xeneral franquista Gonzalo Queipo de Llano, cuxos restos foron sacados da basilica da Macarena de Sevilla grazas ao traballo constante e comprometido do movemento memorialista andaluz. Vaia aquí o noso recoñecemento por elo.

A conferencia foi presentada e moderada pola activista da memoria sevillana Paqui Maqueda.

Vista da Mesa na Facultade de Xeografía da Universidade de Sevilla. Na imaxe, e de esquerda a dereita, Isidoro Moreno Navarro, Felix Talego, Carlos Babío e Bonifacio Cañibano

O acto do venres na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla

Abría a xornada do venres día 17 na Universidade de Sevilla o Profesor Titular de Antropoloxía Social Felix Talego para presentar aos intervintes da mesa redonda titulada “Gambogaz y Pazo de Meirás: paralelismos y diferencias” onde interviron os investigadores sobre o espolio de ambos patrimonios; no caso do cortijo de Gambogaz o fixo Bonifacio Cañibano da Plataforma Gambogaz, e no caso do Pazo de Meirás Carlos Babío da AC Irmáns Suárez Picallo. En ambos casos investigadores do ambito do activismo memorialista.

Na mesa redonda tamén participou cunha interesantisima intervención o Catedratico Emérito de Antropoloxía social da Universidade de Sevilla Isidoro Moreno Navarro

A experiencia na investigación e o activismo memorialista no proceso de Meirás

Carlos Babío fixo unha exposición tentando dar as claves do proceso mediante a contestación das seguintes 4 preguntas que el mesmo formulou ante a mesa redonda:

  1. Porque o Pazo de Meirás é un ben de carácter publico?

Carlos Babío apuntou que a “Junta” que presidía en 1938 o Gobernador Civil da Coruña e que xestionou a adquisición a do Pazo tiña un caracter publico innegable. Citou a nulidade da escritura de compra de 1941, unha compra simulada para quedarse cunha propiedade que xa fora mercada en 1938, declarando a Xustiza este acto primeiro de compra como a unica escritura válida.

Un momento da intervención de Carlos Babío na Universidade de Sevilla.

Outros dos aspectos que suliñou Babío, amosando documentos da investigación realizada (e que no seu día foron aportados á Avogacía do Estado), que demostran o carácter de Meirás como Residencia oficial (de verán) da Xefatura do Estado e a consideranción do Pazo como propiedade pública a efectos do mantemento e de nova obra onde ademais se celebraban ano tras ano e desde 1946 ata a morte de Franco, actos de estado como era a celebración de consellos de Ministros.

Tamén adicou algúns segundos a explicar como operou a usucapíon a favor do estado e como se demostrou documentalmente esta cuestión.

2. Como operou a transmisión da propiedade de Meirás tras a morte de Franco en 1975

Neste apartado, Babío explicou como foi posible que un ben de caracter público como era Meirás se

transmitiu tras o falecemento do ditador Franco a favor de Carmén Polo, onde basicamente se fixo valer o testamento outorgado por Franco previamente en 1968, explicando que persoas e institucións do estado operaron para facer posible a operación.

Portada do libro Meirás de Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, Un pazo para el caudillo. Con prólogo do escritor Manuel Rivas, este volume foi publicado o ano 2022 pola editorial Cumio

3. As claves do proceso que fixeron posible a recuperación do Pazo de Meirás.

É evidente, segundo Babío, que Meirás tivo moitas e moitos actores. Mais quixo suliñar tres aspectos claves e básicos, que de fallar algún deles, hoxe non estariamos a falar da recuperación. En concreto estas tres claves:

A Investigación: Longa, complexa e costosa, mais clave para demostrar o proceso de corrupción e espolio franquista. Dela afirmou que é merito unico e exclusivo do activismo memorialista, xa que foi xente deste ambito quen a fixo en solitario e sen apoio do ambito universitario. Para demostralo puxo diferentes exemplos, como o feito de que non existise ningun traballo nen sequera artigo publicado anterior a 2017 e que apuntase as claves que sairon tras a presentación nese ano do libro que fixo pública a investigación. Ou vendo o indice do apartado dos dossieres documentales aportados pola Avogacía do estado coa demanda de Meirás, no que se pode ver o que aportou o ambito do activismo memorialista e o academico

Neste sentido animou a Plataforma Gambogaz que persistan na investigación, e que non agarden ao ambito academico, xa que investigacións como as que se fixeron sobre Meirás, teñen moi dificil encaixe no traballo de investigación universitaria, pola complexidade e custes que tería.

Coñecendo que a Plataforma Gambogaz tiña un exemplar do libro que se aportou como proba no xuizo, Carlos Babío explicou porque os autores do traballo (o historiador e actual presidente da AC Irmáns Suárez Picallo Manuel Pérez Lorenzo e el mesmo) decidiron non publicar a traducción deste en castelán ( o orixinal publicouse excluivamente en galego) e facer un novo traballo que incorporase os aspecto clave incorporados na versión galega xunto ás últimas novidades do proceso e na investigación que tanto Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío continuan a traballar desde o ambito memorialista.

Carlos Babío fixo entrega durante a mesa redonda dun exemplar deste traballo e que ten por título “Meiras. Un pazo para el Caudillo”.

A divulgación: Tamén tediosa e que precisa moito traballo e compromiso, realizada tamén en exclusiva polo memorialismo. Mais fundamental, xa que so coñecendo a verdade e rachando a propaganda que construiu o franquismo, mudouse a percepción social e mesmo axudou de xeito determinante a sumar vontades politicas.

A movilización social: Tamén clave para socializar e gañar vontades. Visualizar a impunidade e a anormalidade democrática que representaba Meirás e que foi tamén realizada en exclusiva polo memorialismo.

Diferentes momentos da mesa de debate na Universidade de Sevilla
Lapida na entrada da Universidade de Sevilla

4. Situación do proceso xudicial na actualidade

A parte final da intervención de Babío foi adicada a explicar o proceso xudicial e a situación no que se atopa na actualidade.

Como último ponente interviu Bonifacio Cañibano que explicou as novidades e avances realizados na investigación sobre o acontecido na transmisión e usos do cortijo de Gambogaz por la familia Queipo de Llano.

Durante as intervencións do público, unha das persoas integrantes da Plataforma Gambogaz denunciou publicamente a existencia dunha lápida de homenaxe ao ditador Franco nunha das fachadas da entrada principal á Universidade de Sevilla, solicitando a súa retirada, acadando o compromiso do profesor Felix Talego a formular o asunto no ambito que corresponda.

Traballo exclavo en Gambogaz

A Xornada da tarde do venres 17, celebrouse no Salón de Actos do municipio de Camas, concello este onde se atopa o cortijo de Gambogaz e que albergou unha mesa de debate baixo o título “Gambogaz para el pueblo”. Esta mesa contou coa participación da memoria oral que aportou Floreal Reina, unha testemuña que viu o traballo e funcionamento na época de Queipo de Llano no cortijo. Na sua intervención confirmou a presenza de presos politicos que traballaban en Gambogaz.

Previa a intervención de Floreal, tomou a palabra José Manuel Vázquez, familiar da familia Vázquez (antiguos propietarios antes da chegada a Gambogaz de Queipo de Llano).

A mesa foi moderada pola membro da Plataforma Gambogaz, Lourdes Farratell.

A Marcha sobre Gambogaz

Como colofón ás xornadas, a Plataforma organizou a III Marcha a Gambogaz, que saiu da Praza do Concello de Camas ate o Cortijo. Ao remate da marcha houbo intervencións públicas da Plataforma Gambogaz, do Sindicato Andaluz de Traballadores, e do activismo memorialista de Euskal Herria e Galiza (Carlos Babío), entre outras

Durante as Xornadas, Carlos Babío quixo amosar publicamente, e en nome do memorialismo galego, a solidaridade con Paqui Maqueda, que este luns tivo que comparecer nos xulgados de Sevilla denunciada inxustamente pola forza politica Vox.

Propaganda franquista sobre a adquisición de Gambogaz publicada no diario ABC no ano 1937
De esquerda a dereita, José Manuel Vázquez, Lourdes Farratell, Floreal Reina e Bonifacio Cañibano
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *