Unha carta do párroco de Veigue ao alcalde de Sada no ano 1847

O Arquivo Municipal de Sada conserva unha serie de cartas remitidas por José María Carballal, cura párroco de Sada e Veigue, ao alcalde de Sada. Nelas dá conta de diferentes reclamacións ou de situacións dos seus fregueses ás que quere pór remedio: infidelidades, persoas que viven amancebadas, incumprimento das normas da Igrexa, enfermos abandonados…

Neste caso, o párroco láiase polo estado no que se atopan o templo e, nomeadamente, o cemiterio parroquial, sen peche que o separe dos terreos limítrofes, o que fai que entren nel «a apacentarse animales, bacunos, caballares y lanares no siendo mui dificultoso que lo verifiquen los cerdudos». Reclama que obrigue á veciñanza a construír unha cerca para así «hacer respetable un lugar semejante y evitar que las bestias carnívoras exhumen los restos de los finados».

[Arquivo Histórico Municipal de Sada, Rexistro Xeral, Correspondencia, 1479].

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *