MANUEL L. FREIRE-CALVELO (Sada, 1902-A Coruña, 1983) foi unha voz sobranceira no xornalismo local na nosa vila. Practicante de oficio, será o creador de revistas como Acción Sadense ou Mariñana e traballará como correspondente dunha decena de xornais de Galicia e de América. Ademais de retratar as problemáticas que afectaban ás condicións de vida da veciñanza, un tema recorrente nos seus artigos é Sada: as súas xentes, a beleza da paisaxe, as ofertas de ocio. Será el o seu gran propagandista.
AREAL. Revista Cultural de Sada. AC Irmáns Suárez Picallo
Revista dixital da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada