Catro fotografías de F. Varela Posse en “El Ideal Gallego”
FRANCISCO VARELA POSSE (Melide, 1884-Sada, 1958) foi o fotógrafo que inmortalizou a Sada dos anos 20 e 30. Auxiliar de ofici-nas da Mariña de profesión, a súa paixón foi a fotografía, o que o levou a ser correspondente gráfico de diversos xornais e revistas de Galicia e da emigración: El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Vida Gallega, Semana, Eco de Galicia… As presentes imaxes foron publicadas orixinalmente noutro dos medios nos que colaboraba, El Ideal Gallego.
Imaxe superior: «FIESTAS DEL ÁRBOL. Los niños de las escuelas públicas de Sada dirigiéndose al ‘Couto’ después de oír misa, con el objeto de celebrar la culta y loable Fiesta del Árbol» [02/04/1927]


