DOCUMENTAL
Food, Inc. | Robert Kenner (2008)
Unha aceda e crítica mirada á industria alimentaria en América do Norte.
Examina a agricultura corporativa nos Estados Unidos e conclúe que a agroindustria produce alimentos que non son saudables dun xeito que é prexudicial para o medio ambiente e abusivo tanto para os animais como para os empregados. A película recibiu críticas positivas e foi proposta para varios premios.
MÚSICA
Cristal World | Marnie (2009)
Primeiro disco en solitario da vocalista de Ladytron. Mantén a escuridade da banda, pero con toques máis powerpop.
Ragged Glory | Neil Young + Crazy Horse (1990)
Sen dúbida o mellor disco de Neil e Crazy Horse, un monumento ao espírito do garaxe.
August and Everything After | Counting Crows (1993)
Famosos polo seu tema «Mr. Jones», o resto deste disco pasou desapercibido no ámbito xeral. Este álbum esconde uns temas exquisitos cun son moi noventeiro, de calidade, moi melódicos e ben construídos.
CINE
Magnolia | Paul Thomas Anderson (1999)
Estraña e desconcertante nun principio. As historias de distintas personaxes entrelázanse nesta película con claras intencións de sorprender.
A temática non é allea a unha tendencia moi de moda no cinema norteamericano actual: a alienación da vida nas grandes cidades, a soidade abismal dos individuos na era da «comunicación total», os ritmos de traballo atafegantes, as crises sentimentais e a infidelidade ocupan o centro da escena.
Oceanía | Harry Dehal (2008)
Unha historia sobre dous adolescentes que lidan coa súa vida familiar esnaquizada, nunha pequeña localidade costeira de California.
Oceanía é unha longametraxe independente, que se creou dende cero coa axuda de moitos amigos. Filmada na área da Baía de San Francisco, cun orzamento de menos de $4,000, se en algo destaca é polo seu estilo de filmación e a case ausencia de diálogos, que lle outorga unha especial personalidade. O seu director tiña 17 anos cando estreou a cinta.
Gozu | Takashi Miike (2003)
Gozu é unha película atípica, pero de selo propio. Une a esencia do cinema xaponés e unhas claras influencias de David Lynch, Quentin Tarantino ou David Cronenberg.
Gozu é unha tolemia de principio a fin, unha viaxe ás profundidades máis escuras da mente.