Apaches

Paris Joel

Fomos por sempre apaches,

foraxidos sen Bonanza,

perdemos o medo ao lobo,

que volveu á terra parda.

Da casa do reloxo

levamos a Nocilla,

e das augas de Cousteau

secounos María Luisa.

Cun mostacho de Torete,

mercamos campás de pana,

a auga de fogo, “Four Roses”,

O corvo inxenuo, “Mandrágora”.

Dos ríos fomos Benvidos,

dos mares semente branca,

e da colza e MacMillan,

simplemente resaca.

Agora, na reserva,

entre xanelas e mazás,

no peto unha cadea, e

por libro, unha faciana…

Róubannos a dozura de ser,

simplemente, apaches,

amigos

a pedradas.

Ilustración de Carmen Castelo

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *