Este vindeiro venres día 14 de outubro, celebraremos no Fiunchedo un novo acto de lembranza a Ramón Suárez Picallo

Como todos os 14 de outubro, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo celebrará un acto de homenaxe e lembranza a Ramón Suárez Picallo, coincidindo co aniversario do retorno dos seus restos mortais desde o cemiterio da Chacarita en Buenos Aires ao cemiterio do Fiunchedo en Sada no ano 2008. O acto terá lugar no propio…

Ler máis

Nace Boadicea Editora para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego

Nace Boadicea Editora para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego, centrada nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros. A editora achega tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores…

Ler máis

Por fin Magdalena conta cunha colección de Celtia, O Castro e Sargadelos

Por José Luis Meirás, correspondente en Buenos Aires A artista, escritora e enfermeira galega Loli Beloso realizou no Museo Histórico e Centro Cultural “Abel Barragán” de Magdalena a presentación da colección que doará ao patrimonio cultural desta pequena cidade bonaerense. Trátase dun conxunto diverso e significativo, que inclúe xogos de té e café de distintas…

Ler máis

Galiza, a mártir

Unha carta de Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco Amor. Rescatamos este interesante documento con motivo da conmemoración do Día da Galiza Mártir. Súarez Picallo describía a situación que se vivía na Galiza de 1936 tomada polo fascismo, que reproducimos a continuación: “Meu querido Eduardo: Perdoa que non che escribise antes. Desde que saín de…

Ler máis

Acto do Día da Galiza Mártir na Caeira (Poio).

Onte celebrouse o Día da Galiza Mártir. Entre os actos programados estaba a entrega do premio Galiza Mártir que outorga anualmente a Fundación Alexandre Bóveda e que este ano foi entregado aos membros da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo Manuel Pérez Lorenzo (presidente) e Carlos Babío UrKidi (tesoureiro). Deixamos a continuación ligazóns a diferentes crónicas…

Ler máis

Xurxo Lobato saca á rúa os rostros dos represaliados do franquismo en Ferrol

A exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972” homenaxea en Fene os homes e as mulleres que arriscaron a vida para loitar contra a ditadura tras os crimes fascistas que orixinaron o Día da Clase Obreira Galega A CORUÑA13/08/2022 01:25 FONTE: DIARIO PÚBLICO https://www.publico.es/culturas/xurxo-lobato-saca-calle-rostros-represaliadas-franquismo-ferrol.html#md=modulo-portada-fila-de-modulos:3×2-t1;mm=mobile-medium JUAN OLIVER O fotoxornalista galego Xurxo Lobato inaugura o vindeiro mércores en Fene (Ferrol) a…

Ler máis

Carlos Babío e Manuel Pérez, directivo e presidente respectivamente da AC Irmáns Suárez Picallo, recibirán mañá o premio Galiza Mártir en Poio

Este mércores 17 de agosto, coincidindo cos actos organizados con motivo do Día da Galiza Mártir en Poio -no lugar onde asasinaron a Alexandre Bóveda-, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío, presidente e tesoureiro respectivamente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, recibirán o premio Galiza Mártir. A entrega, enmarcada como acto principal dentro da programación…

Ler máis

Actos da AC Irmáns Suárez Picallo de homenaxe aos represalidos polo franquismo

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organzou dous actos de lembranza e homenaxe ás vítimas do franquismo o pasado día 11 de agosto, coincidindo cos asesiñatos de Xoán Antón Suárez Picallo, Antonio Carballeira e Manuel Prego, paseados os tres este mesmo día de 1936. A continuación podes ver un audivisual que resume o acto celebrado…

Ler máis

Silvia Dolinko: “Seoane foi un atento lector das vangardas e figura de relevancia para a modernidade en Galicia e en Latinoamérica”

Por José Luis Meirás, correspondente en Buenos Aires Silvia Dolinko é doutora en Teoría e Historia da Arte pola Universidade de Buenos Aires e investigadora independente no Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas (CONICET); tamén é profesora de Arte Arxentina e Americana do Século XX no Mestrado en Historia da Arte do Instituto de…

Ler máis

Rosario Álvarez: “Seoane representa o vínculo perfecto entre Galicia e Buenos Aires”

Por José Luis MeirásCorrespondente en Buenos Aires O pasado xoves 21 de xullo inaugurouse no Museo Larreta da cidade de Buenos Aires a mostra “Materiales Seoane. Entre Galicia y Argentina”, organizada polo Consello da Cultura Galega xunto co Ministerio de Cultura da Ciudad de Buenos Aires. Na apertura da exhibición, cuxo comisariado estivo a cargo…

Ler máis

Xa dispoñible en versión dixital o nº 24 da revista AREAL

Xa está dispoñible en areal.gal o número 24 da Revista Cultural de Sada “Areal”, tanto na súa versión dixital como en pdf. –  Acceder á versión dixital de Areal nº 24 –  Acceder á versión en pdf de Areal nº 24 – Acceder á Hemeroteca da Revista Areal Lembra que a revista Areal, editada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en papel, pode recollerse na…

Ler máis

Aturuxar

aturuxar v i Botar berros de alegría ou aturuxos como acompañamento das cantigas ou dos bailes, nos días de troula e nas romarías. Mercedes Leobalde OLLIÑO CON… Olliño cos pronomes átonos. Poñámolos no seu sitio, por favor! No número anterior de Areal tivemos o atrevemento de abordar o tema da colocación dos pronomes átonos, eses…

Ler máis

Unha tregua 

Paris Joel Ás veces o solpor do sangue espesa o camiño de volta e o tránsito cara ó escuro vai máis amodo que un reloxo de papel. Ás veces a foto finish é o voo dunha pardela no outono, e o bico roubado á última amante, a pel da serpe inmortal. O insomnio é un…

Ler máis

Home entre a néboa

Rubén Anido Regueiro A estrada estaba mollada na noite. Chovía nun orballo que enchía o parabrisas dunha lenta e case pegañenta humidade en parte mitigada pola calefacción do auto. Aquela xornada fora interminábel e sen acougo na vella fábrica: tan só desexaba chegar canto antes á casa para me deitar e esquecerme do mundo todo….

Ler máis