Unha felicitación de nadal que nos chega alén do mar da Federación de Asociacións Galegas na República Arxentina

✨Poemiña para celebrar o Aninovo✨

Agora que é Nadal e que o Aninovo
nos vai traguer unha luz sin estrenar,
chea de posibilidás e de futuro.
Agora, meus amigos, irmaos meus,
é a hora do amor e da concordia,
de poñer cada cousa no seu sitio,
de ollar a verdá con ollos limpios
i a razón de Galicia sin rodeos.
Agora é a hora da xusticia.
O intre de alcender
o lume dos ensoños
e de matar o odio
que, como unha serpe, nos roi o corazón.
✍ Manuel María e Saleta Goi (Nadal, 1969)

🌟Este ano felicitámosvos con este poema co que agasallaban polo Nadal o poeta lucense Manuel María, mais a súa compañeira Saleta, presidenta da Fundación Manuel María de Estudos Galegos. Amais da tarxeta ilustrada coa pintura Cabalos alados (1991), da artista galega Ana Legido, coa que queremos representar o encontro da noite cun novo día, do ano que se vai co entrante con nova luz.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *