Presentamos un novo Caderno adicado ao sadense Jose María Montes

Na tarde noite de onte presentamos un novo Caderno de Estudos Locais, nesta ocasión adicado ao polifacético sadense Jose María Montes coincidindo co segundo centenario do seu nacemento.

O acto estivo organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, editora do caderno, e nel participaron integrantas da Escola de Teatro Municipal quenes interprearon textos de Jose María Montes, e a quenes reiteramos desde a ACISP o noso agradedemento pola súa participación na tarde noite no auditorio da Casa da Cultura de Sada.

Desde onte está dispoñible en papel e en breve o estará nesta web para a súa decarga.

Conduciu o acto o presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e autor do caderno, Manuel Pérez Lorenzo. Na imaxe podemos ver unha instantanea da participación de integrantas da Escola de Teatro Municipal de Sada que interpretaron textos de Jose María Montes.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *