Presentamos o nº 25 da revista Areal

No acto de presentación actou con grande éxito a Orquestra Tombalobos

A capela de San Roque quedou cativa para albergar a toda a xente que se achegou ao acto de presentación do número 25 da revista cultural de Sada “Areal” que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, o concello de Sada e diferentes empresas e negocios de Sada.

Manuel Peérez Lorenzo e Claudia Varela nun momento da presentación do número 25 da revista Areal
Outra vista do acto durante a presentación realizada polo presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Manuel Pérez Lorenzo.

O acto foi presentado por unha das compoñentes do Consello de Redacción da revista, Claudia Varela Lourido e o presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo que foi debullando polo miudo os diferentes contidos que fan parte deste novo número de Areal.

Finalizado a presentación da revista, Claudia Varela presentou a actuación da Orquestra Tombalobos, cun grande éxito entre o público asistente. Desde o consello de redacción da revista Areal e desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, agradecemos a actuación realizada por este mágnifico grupo de música tradicional a actuación coa que nos agasallaron onte na capela de San Roque de Sada.

Claudia Varela dando paso á actuación da Orquestra Tombalobos
Momento da actuación da Orquestra Tombalobos
Diferentes momentos grabados en video da actuación da Orquestra Tombalobos

A partir de hoxe e ata mediados do vindeiro mes de xaneiro, comezamos a publicar todos os contidos da revista neste espazo web. Areal nº 25 esta desde onte dispoñible en formato papel nos lugares habituais de distribución da revista.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *