Manuel L. Freire-Calvelo; O xornalismo ao servizo de Sada

Loitador abnegado na procura dunha maior xustiza social, escritor comprometido, promotor de revistas e asociacións, publicista dos reclamos turísticos de Sada, Freire-Calvelo foi a voz máis sobranceira do xornalismo de ámbito local na nosa vila. Realizaremos un repaso pola biografía e pola actividade periodística desta figura clave para comprendermos a Sada do século XX.

Manuel Pérez Lorenzo

Apuntamentos biográficos

Manuel Lorenzo Freire-Calvelo naceu en Sada no ano 1902. Fillo do médico Manuel Lorenzo Calvelo e de Juana Freire Golán, curmá de Lugrís Freire, a súa infancia desenvolverase no seo dunha familia de posición desafogada. Estudará a carreira de practicante, exercendo como tal ao longo da súa vida. Casará en dúas ocasións, dado o temperán falecemento da súa primeira muller. Aveciñado na Coruña a partires do ano 1934, non deixará de visitar a súa vila natal cada fin de semana.

Desde moi novo, ao tempo que se inicia na escrita, vai promover organizacións e actividades encamiñadas á consecución de melloras na calidade de vida dos seus veciños. Xa no ano 1922, con outros mozos de Sada, lidera unha campaña para esixir do Estado a construción dun porto de refuxio, dadas as precarias condicións de traballo do sector pesqueiro. Aquela loita non acadará o desexado éxito a curto prazo, e baterá coa apatía de parte da sociedade, como el mesmo relataría:
Ruda e inútil fue la pelea que aquel puñado de abnegados jóvenes de ?Acción Sadense? entablaron con tantos y tan interesados factores. Ofreciónos el transcurso de esa lucha caracteres de titánica. Esos valientes jóvenes tropezaron con una buena parte de nuestro público: apático, malévolo, chillón, censor por viciosa costumbre (Mariñana, 01/01/1925).

Non obstante, Freire-Calvelo non cesará no empeño, e poderá ver como, no 1935, serán aprobadas as obras do porto, se ben a sublevación militar fará que non se executen ata anos máis tarde.

Nos anos da Ditadura de Primo de Rivera participará na creación de organizacións culturais e recreativas, algunhas cun fondo ideolóxico apenas disimulado, como a agrupación galeguista Mareiras, que tiña por pretensión espallar entre a xuventude das Mariñas o movemento galeguista; ou o Centro Cultural Obrero, no que coincidirá co anarquista José Monzo, e que aglutinaba á esquerda local. No seo do Centro crearase un cadro de declamación e unha coral, organizaranse charlas e desenvolveranse accións solidarias.

A proclamación da II República en abril de 1931 será acollida por Freire-Calvelo como “un día memorable, un día de sana, santa y libre alegría, en que el pueblo pudo por primera vez en su vida manifestar lo que sentía” (El Pueblo Gallego, 13/04/1931). Nos anos seguintes simpatizará co Sindicato de Oficios Varios de Sada, integrado na CNT, e rematará por afiliarse a Izquierda Republicana, o partido de Manuel Azaña.

A Guerra Civil rachará co seu quefacer societario, mais nos anos 40 retomará a súa actividade reivindicadora dunhas condicións de vida dignas para os máis desfavorecidos. De Freire-Calvelo nacerá a idea de crear en Galicia a “Ciudad de los Muchachos”, bautizada en orixe por el como “A Vila dos Nenos”. Tamén participará, xa no 1963, na creación da Peña Mariñana, que agrupaba, coa finalidade de acadar melloras para Sada, a varios sadenses residentes na Coruña.

Un xornalista comprometido

En paralelo ao seu oficio de practicante, Freire-Calvelo exercerá o xornalismo. En Sada será o creador e principal colaborador do semanario Acción Sadense (1921-1923) e da revista Mariñana (1925-1926). Mais tamén traballará como correspondente dunha decena de xornais de Galicia, do Estado e das colectividades galegas de América.

A maior parte dos seus textos conservados retratan problemáticas que afectaban ás condicións de vida dos veciños de Sada. Especial atención dedicaría ao sector pesqueiro:
Pocos, de cuantos gustan del fruto del mar, se dan cuenta de lo que cuesta. Rara es la faena que no tenga que realizarse en plena noche, enfrentando todos los peligros, sorteando todos los vientos, a pecho descubierto y jugando con la muerte. No hay pan que más cueste que el ganado en el mar (La Voz de Galicia, 30/09/1930).

Freire-Calvelo sentíase voceiro dun pobo ao que lle arrebataran a capacidade de manifestar as súas penurias:
Estamos en la obligación de velar por la vida de los pobres marineros haciendo que su voz se eleve por encima de las de aquellos a quienes no les preocupa otra cosa más que lo suyo (id.).

O outro tema recorrente nos seus artigos é Sada: as súas xentes, a beleza da paisaxe, as ofertas de ocio. Será el o seu gran propagandista:
Con los poéticos nombres de “La Hija del Mar” y “La Perla de las Mariñas”, ha sido bautizada nuestra deliciosa villa de Sada. Respondiendo a él se nos muestra graciosamente sugestiva e inquieta. Este es un mes en que triunfa por excelencia.
Luminosidad, fiestas, revelación de todos los encantos de la campiña.

Mientras otros pueblos veraniegos menguan en importancia, Sada, la villa veraniega, tiene cada día mayor número de forasteros, por su clima, sus paradisíacos alrededores, lo esplendoroso de su ría, la belleza de su incomparable playa de Gandarío, su alegría no se halla en ninguna parte. Es un pueblo contagiado del bullicio de los populosos en su gracia, en la animación de sus calles, de sus salones de baile, cinemas y otros espectáculos públicos
 (Eco de Galicia, 15/10/1933).

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *