O venres 2 de decembro a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, e en colaboración co concello de Sada e a Deputación Provincial da Coruña, presentaremos un novo Caderno de Estudos Locais adicado nesta ocasión ao polifacético sadense José María Montes.
Para o acto de presentación que se celebrará na Capela de San Roque de Sada a partir das 20:00 horas, contaremos tamén coa colaboración da Escola Municipal de Teatro de Sada.