Nace Boadicea Editora para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego

Nace Boadicea Editora para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego, centrada nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.

A editora achega tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións.

As obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (de 16 anos en diante).

A nosa socia Vanesa Santiago é unha das escritoras q publica nesta nova editora á q lle desaxamos moitos éxitos.

Podes acceder a mais información na ligazón seguinte:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *