Centenario Carmen Arias “Mimina”

O martes, 18 de outubro de 2022, estará na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, María América Díaz Pampín para achegarse á figura de Carmen Arias “Mimina” no centenario do seu nacemento.

Baixo o título “Carmen Arias de Castro “Mimina”: moderna, artista, creadora, deseñadora, comprometida e compañeira de vida” abordará a biografía de Mimina a partir de feitos clave na súa vida que a sitúan como unha muller adiantada ao seu tempo a pesar de pertencer a unha familia conservadora. Repasará a súa traxectoria artística, o seu importante papel no nacemento do proxecto Sargadelos e sobre todo a súa admiración polo seu compañeiro Isaac Díaz Pardo.

Esta charla terá lugar no Salón de Actos ás 12:30h e é de acceso libre ata completar aforo.

Para completar esta charla, o Concello de Sada cedeu a exposición na que se fai un percorrido biografíco desta muller destacada para a súa época e de gran relevancia na nosa cultura e que pode ser visitada do 13 de outubro ao 11 de novembro no 1º andar da Escola.

Fonte da nova: Concello de Sada

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *