Este vindeiro xoves celebraremos unha nova homenaxe ás vítimas do franquismo

Como todos os días 11 de agosto, cabodano do asasinato de Xoán Antón Suárez Picallo , paseado xunto con Manuel Prego e Antonio Carballeira, levaremos a cabo actos en lembranza e recoñecemento a todas as vítimas do xenocidio franquista.

Ás 18:00 horas, membros da AC Irmáns Suárez Picallo achegaranse ao Pazo de Meirás e realizarán unha visita guiada, no transcurso da cal se lerán textos en memoria de Xoán Antón e se realizará unha pequena ofrenda floral na casa espoliada a Josefa Portela.

As 20:00 horas celebraremos a tradicional ofrenda floral no monumento adicado ás vítimas do franquismo, situado no Paseo Marítimo de Sada, na que te animamos a participar.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *