Carlos Babío e Manuel Pérez, directivo e presidente respectivamente da AC Irmáns Suárez Picallo, recibirán mañá o premio Galiza Mártir en Poio

Este mércores 17 de agosto, coincidindo cos actos organizados con motivo do Día da Galiza Mártir en Poio -no lugar onde asasinaron a Alexandre Bóveda-, Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío, presidente e tesoureiro respectivamente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, recibirán o premio Galiza Mártir. A entrega, enmarcada como acto principal dentro da programación dese día, terá lugar a partir das 13.00 horas na Caeira (Poio), ao pé do munumento á Galiza Martír adicado a Alexandre Bóveda, e nela participarán a Fundación Alexandre Bóveda, a Fundación Castelao e Amalia Bóveda, a filla de Alexandre Bóveda, así como a concelleira de Memoria Histórica e o alcalde do Concello de Poio.

Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo recibirán este premio, que anualmente outorga a Fundación Alexandre Bóveda desde o 2006 -aínda que fora suspendido nas últimas edicións por mor da pandemia-, en recoñecemento pola publicación do volume “Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio”, que, editado pola Fundación Galiza Sempre, fai un repaso á historia deste emblemático inmoble e á maneira en que acabou pasando a mans da familia Franco. “É un traballo que explica o que foi o franquismo e tamén nos dá unha idea dos privilexios cos que contou o Réxime durante décadas”, apuntou Marga Caldas, concelleira de Memoria Histórica do Concello de Poio.

Fonte da nova: https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/carlos-babio-manuel-perez-recibiran-poio-premio-galiza-martir/202208141436481214086.html

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *