Onte celebrouse o Día da Galiza Mártir. Entre os actos programados estaba a entrega do premio Galiza Mártir que outorga anualmente a Fundación Alexandre Bóveda e que este ano foi entregado aos membros da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo Manuel Pérez Lorenzo (presidente) e Carlos Babío UrKidi (tesoureiro). Deixamos a continuación ligazóns a diferentes crónicas informativas e galerías de imaxes sobre os actos:
Nós Diario: Concorrida e emotiva homenaxe a Alexandre Bóveda na Caeira (Poio), no 86º aniversario do seu asasinato
Faro de Vigo: “Bóveda vive en nós”
Pontevedra Viva: Homenaxe a Bóveda na Caeira “é tempo de reivindicar, non de celebrar”
Diario de Pontevedra: Reivindicación e memoria centran a homenaxe a Bóveda no Día da Galiza Mártir
Galería de Imaxes: https://www.nosdiario.gal/album/memoria/asi-foi/20220817153244150156.html
O presidente da AC Irmáns Suárez Picallo lembrou na súa intervención, tras a recollida do premio Galiza Mártir, a Ramón Suárez Picallo, de quen leu o seguinte artigo que o político e xornalista sadense escribira sobre as persoas represaliadas polo franquismo na Galiza de 1936:
Pasaron aquelas horas de estupor, Galiza está ainda cuberta de loito; nos seus fogares se choran, en todos!, ausencias definitivas e ausencias transitorias; pero, desde os catro puntos cardinais do mundo, e dentro dos seus propios lindeiros, comezan a florecer as almas dos seus fillos, as esperanzas sobre as tumbas dos mártires. Haberá un agosto de milleiras florecidas, de opulentos silos de trigo, de festas agosteñas, de trillas e vendimas. Os poetas – o mesmo que despois do martirio de Carral, en 1846 – comezaron xa a anunciar a chegada dos tempos novos, ao vello berro de “Deus fratesque Gallaecia”. Para entón, estarán vivos os mártires de agosto de 1936, nas almas e nos corazóns! Vivos para sempre xamais !
Ramón Suárez Picallo