Feliz Festa do Carme

Sada recupera hoxe unha festa tradicional. A festa do Carme. Ainda que é certo que o censo de barcos en Sada foi a menos (na imaxe a maioria dos barcos xa non están en Sada), non o é menos que Sada sigue a manter unha das suas sinais de identidade. A tradición mariñeira como porto pesqueiro.

E como a tradición manda, hoxe toca lembrar e recoñecer ás xentes do mar. O noso recoñecemento a todas elas desde o noso desexo de que Sada siga a manter a súa actividade pesqueira e mariñeira no día da grande festa do mar.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *