A Asociación Cultural Irmáns Irmáns Suárez Picallo e a editora Cumio organizan este vindeiro venres en Sada a presentación en primicia do novo libro de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo “Meirás. Un pazo para el caudillo” prologado por Manuel Rivas. Un acto moi especial e exclusivo xa que o lanzamento deste novo volume esta previsto pola editora para este vindeiro xoves.
A presentación terá lugar na capela de San Roque de Sada o venres ás 20:00 horas coa presenza dos autores.
Tamén este vindeiro domingo estarán no escenario da “Festa dos Libros” que organiza o concello de Pontevedra na praza da Ferraría, onde tamén presentarán o novo libro acompañados de Ana Miranda. Será a partir das 19:15 horas