1932. Un mitin e unha charla de Ramón Suárez Picallo

No ano 1931 chegaba a Galicia Ramón Suárez Picallo. Logo de case dúas décadas na emigración, viña designado pola Federación de Sociedades Gallegas da República Arxentina para participar nos acontecementos que se estaban a producir, coa caída da monarquía e a chegada da democracia. Poucas semanas máis tarde era elixido deputado, converténdose nunha figura recoñecida en todo o país polo seu traballo político en defensa dos intereses de Galicia e polas súas dotes para o proselitismo. Nos vindeiros anos, percorrerá a nosa xeografía facendo valer a súa poderosa oratoria en charlas e mitins, primeiro como representante da ORGA, despois do Partido Galeguista.

Velaquí un par de exemplos, recollidos na mesma páxina polo diario El Pueblo Gallego o 17 de abril de 1932. O día 14, aniversario da proclamación da República, Suárez Picallo actuaba como principal reclamo nun mitin organizado en Salceda pola propia Federación de Sociedades Gallegas. Era o encargado de pechar un acto no que comparía tribuna con Alexandre Bóveda, Antón Alonso Ríos e Castelao. O mesmo día, pronunciaba unha charla en Lavadores, no seo dunha sociedade de agricultores. O título, “Un índice de problemas gallegos”. Reproducimos dúas as intervencións de Ramón.

RAMÓN SUÁREZ PICALLO (Sada, 1894-Bos Aires, 1964) foi un xornalista, sindicalista e político galego. Emigrante na Arxentina cando mozo, destacado dirixente sindical naquel país e deputado nas Cortes da II República, foi unha das principais figuras do Partido Galeguista, rematando os seus días no exilio. 
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *