Presentamos o nº 24 da revista Areal

As 12 da maña de hoxe, presentamos un novo número da revista cultural de Sada “Areal” que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. O presidente e vicepresidenta desta entidade Manuel Pérez Lorenzo e Mercedes Leobalde respectivamente, foron @s encargad@s de conducir o acto de presentación que se celebrou no salón de plenos do Concello de Sada, sito no antigo edificio da antiga Axudantía de Mariña.

No acto tivemos un apartado moi especial grazas ao material que o noso veciño Sergio Modia compartiu con nos de moito interese. En concreto unha pelicula de época sobre costumes da antiga URRSS e diapositivas que con diferentes anuncios que se proxectaron no antigo cine de Sada nas décadas dos anos 40 e 50. Reiteramos desde aquí novamente o noso agradecemento polas suas colaboracións coa AC Irmáns Suárez Picallo.

A partir do vindeiro luns día 27 de xuño, a revista en papel estará dispoñible nos puntos habituais. Desde hoxe comezamos a publicar os seu contidos neste espazo web coa entrevista a Paco Pita, que ven de deixar a presidencia da AC Irmáns Suárez Picallo.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *