O salón de plenos situado no edificio da antiga Axudantía de Mariña de Sada, acollerá as 12:00 horas o acto de presentación do nº 24 da revista Areal (Revista Cultural de Sada) que edita a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
No acto participará Sergio Modia que proxectará bobinas de 8 mm sonorizadas dos anos 50, da súa colección.