Primaletras: Exposición dixital “Florencio Delgado Gurriarán: Conexión Atlántica”

Unha socia da AC Irmáns Suárez Picallo, pasanos esta iniciativa que consideramos de moito interese:

Desde as bibliotecas municipais, dentro da nosa programación do Festival Primaletras: primavera dos libros e das letras, organizamos unha conferencia que pensamos que poidera ser do seu interese e gustaríanos, a ser posible, que nos axudasen a difundila entre as persoas do seu círculo de contactos.
A conferencia leva por título “Florencio Delgado Gurriarán no exilio galego en México”, e impartiráa o historiador Ramón Villares. Terá lugar o mércores 11 de maio ás 19 h. na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga 10-1º, A Coruña).
Ramón Villares Paz (Cazás-Xermade, 1951) é Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Membro Numerario da Real Academia Galega. Pertence aos patronatos do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane, da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Juana de Vega. Foi Presidente do Consello da Cultura Galega, desde 2006 a 2019. Entre as súas publicacións destacan Identidade e afectos patrios (Galaxia, 2017), Premio Mondoñedo 10 ao Mellor Ensaio da Década, ou Exilio republicano y pluralismo nacional: España, 1936-1982 (Marcial Pons, 2021).
Tras a conferencia, poderemos desfrutar dunha regueifa das Letras Galegas na que rivalizarán en enxeño Xurxo Souto e Manuel Maseda a partir do poema de Gurriarán Galicia infinda.
Na nosa páxina atoparán máis información ao respecto deste evento.
Así mesmo, convidámolos a visitar e compartir o enlace á exposición dixital “Florencio Delgado Gurriarán: Conexión Atlántica”:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *