Maña xoves inaugurase unha mostra sobre María Casares na que a AC Irmáns Suárez Picallo cedeu materiais

O concello da Coruña inugurará mañá xoves día 12 de maio ás 19:00 horas a exposición que leva por título “”María Casares. Actriz Océano” e que terá lugar no Palacio de Exposicións “Kiosko Alfonso” sito nos xardíns de Méndez Núñez.

Para esta exposición solicitousenos a aportación temporal dun album fotográfico elaborado polo seu alumnado tras a morte de Ramón Suárez Picallo (1965). Este album contén 27 fotografías ademais de debuxos e recortes de prensa e que está depositado desde o ano 2011 no Arquivo do Reino de Galicia desde o ano 2011.

Desde a Asociación vimos de autorizar como depositantes, a saida deste importante fondo para o seu uso na exposición que se inaugura mañá xoves.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *