E se o 2023 fose o ano de Luísa Villalta?

Compartimos esta reflexión da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a apoiamos totalmente. As Letras Galegas deben ser no 2023 para Luisa Villalata

Se no seguinte Pleno da Real Academia Galega –ese no que deciden a persoa homenaxeada coas Letras Galegas de 2023– escollesen a Luísa Villalta, estarían facendo xustiza coa súa obra e co seu exemplo de compromiso con Galiza e a súa cultura. Luísa cumpre sobradamente os requisitos que esixen os Estatutos –capítulo 2, artigo 7– da Real Academia Galega, para homenaxear cun Día das Letras Galegas: “A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza poñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe”.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *