Un ano mais, lembramos no día da República, ás vítimas sadenses da barbarie franquista

Coma todos os 14 de abril, a AC Irmáns Suárez Picallo, lembrou ás vitimas sadenses do franquismo diante do monumento adicado á memoria das persoas que foron asasiñadas polo franquismo. Este ano quixemos adicar a nosa lembranza e recoñecemento a aquelas persoas que foron obrigadas ao desterro. Ao exilio galego, tan darmatico como tristemente descoñecido.

No día de hoxe quixemos por algo de luz e lembrar aquelas persoas que tiveron que truncar, abandonar todo por un levantamento fascista que afundiu de maneira irreversible as suas vidas.

Por eso, diferentes persoas da nosa asociación dimos lectura adiferentes textos. En concreto, unha carta de Ramón Suárez Picallo ao seu amigo Eduardo Blanco Amor desde Santiago de Chile en 1946 e un artigo de Saudade desde México en 1952 que podes consultar a continuación:

Tamén podes ver a continuación unha galería de imaxes da ofrenda floral realizada diante do monumento ás vítimas do franquismo, situado no paseo maritimo de Sada, así como do acto do homenaxe celebrado pola AC Irmáns Suárez Picallo de Sada.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará