Sada, na vangarda da pesca sostible

Un ano mais comezou a campaña da costeira do bocarte. Tristemente, cada ano que pasa, son menos as embarcacións que desde Sada acuden as costas do Cantábrico e do Pais Basco á pesca desta especie. O mundo do mar, é o de Sada de xeito particular, non é alleo ás complexidades da crise económica na que vivimos. Os prezos do combustible, as cotas de peixe e multiples gastos que xenera a costeira do bocarte fai que moitas embarcacións descarten facela polos riscos e a ircentidude na rendabilidade que o mundo do mar padece tamén de xeito peculiar.

Por iso hoxe aquí queremos por en valor a arte secular e tradicional do cerco en Sada. A pesar do complicado que resulta rendabilizar unha campaña de pesca tan lonxe da casa, con tantos gastos e penalidades para as nosas xentes do mar, queremos salientar tamén o respeto polo medio,amosando aquí de xeito resumido un lance de bocarte fronte a costa de Euskadi esta semana. A bordo dunha embarcación sadense, o Cruceiro de Pazos:

  1. Vista do Patrón. Visualiza o cardume de bocarte no sonar e sonda do barco. Prepara a as ordes para largar e cercar o peixe

2. Tras a maniobra de largado da rede e realizado o cerco, toca recoller a rede. Unha maniobra no que os mariñeiros “panean” a rede coa axuda do “alador” mais de xeito totalmente artesanal ata chegar a xuntar o peixe ao costado da embarcación. Chega o momento de embarcar o peixe a bordo da “talla” :

3. Unha vez embasado o peixe total da cota establecida, o resto do peixe sobrande ARRIASE VIVO AO MAR. Esta é a grande diferencia de artes na pesca. O respeto polo medio e os recursos maritimos como se pode ver no seguinte video:

Todo esto corresponde a un lance de mocarte desta mesma semana á altura da costa de Bilbao polo barco con base en Sada “Cruceiro de Pazos”.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *