Recentemente a BNE ven de dixitalizar e facer de público acceso o primeir libro de visitas que existiu nas Torres de Meirás. Lembremos que 1907 está considerado como o ano no que Emilia Pardo Bazán abandona como residencia de verán o antigo “Pazo de Meirás” (a que Emilia Pardo Bazán denominaba como “A Granxa”) situado a escasos metros das Torres deseñadas e construidas por orde e desexo de Emilia Pardo Bazán, e da súa nai Amalia de la Rua.
Precisamente, será este ano, o de 1907 no que se inicia o libro. Alí constan un bo número de persoeiros da época ligados á nobleza e as artes (literarias, pictóricas…). Mais tamén terán protagonismo no libro, persoas vinculadas ao mundo empresarial, que logo terán un papel importante tras o levantamento militar e civil de 1936, nomeadamente na participación (de xeitos diferentes) na constitución, traballos e decisións da Junta Pro Pazo del Caudillo (entidade creada para “doar” o Pazo de Meirás ao ditador Franco).
Así, e en vida de Pardo Bazán pasaron polas Torres de Meirás persoas como Pedro Barrié de la Maza – ou incluso o seu tio Ricardo Rodríguez Pastor – que terá o principal protagonismo nesta “Junta”. Tamén persoas como Alejandro Barreiro, director do xornal “La Voz de Galicia” que tamén xogou un papel importante no proceso.
O mundo castrense vai estar presente tamén de maneira importante neste libro de visitas que abrangue ate o ano 1935, de xeito singular tras a morte da escritora en 1921. Por alí pasaron e deixaron pegada delo, militares golpistas que poucos anos despois terían un papel fundamental no levantamento e golpe militar de 1936 como José Millán Astray, que remataba a súa pegada no libro coa seguinte adicatoria:
Los que leais el libro sabed que aquí fué feliz Pepe Millán Astray
(asinado). Fundador de la Legión. Torres de Meirás 15-07-1927
E por elo que debemos ter estas cuestións moi presentes, e non normalizar a vinculación destes feitos coa convivencia da Memoria Democratica.