Acompañamos ás “Republicanas de Honra” no Pazo de Meirás

Hoxe guiamos en Meirás unha visita moi especial. Hoxe tivemos o inmenso pracer de acompañar ás mulleres da folga e represión franquista do 10 de marzo de 1972 de Ferrol, que foron premiadas co título de “Republicanas de Honra” pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Aquí podemos velas cantando todo un himno da loita antifranquista fronte a fachada das Torres de Meirás. O tema de Xoan Rubia (Voces Ceibes), “Venceremos nós”. Un emotivo momento da visita de hoxe a Meirás.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *