A “Causa Xudicial ” dos asasiñatos de Xohan Antón Suárez Picallo, Antonio Carballeira e Manuel Prego

A continuación reproducimos copia integra do expediente xudicial dos asasiñatos acontecidos entre o 11 e 12 de agosto de 1936 (ainda impunes a dia de hoxe) destos tres veciños de Sada, comprometidos coas liberdades, a xustiza social e os dereitos nacionais de Galiza.

Como resumo, o texto que constou no Auto de “arquivo” da causa (21 de setembro de 1936)

Resultando que o día 12 de agosto de 1936 nun monte de Carnoedo, Sada, atopáronse tres cadavres pertencentes aos quen en vida chamabanse Antonio Carballeira Muñiz, veciño de Meirás, Manuel Prego Chas, veciño da mesma vecindade, Xohan Antonio Suárez Picallo, veciño de Sada, falecendo os tres a consecuencia de hemorraxia interna producida por lesións causadas por arma de fogo; sen que o autor ou autores de tales feitos aparecese indicado nas páxinas deste sumario

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *