A AC Irmáns Suárez Picallo visita o CIAM (Mabegondo)
Na tarde de hoxe @s soci@s e acompañantes da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo visitamos o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Moi agradecidos do impresionante traballo que nos amosaron o persoal investigador do Centro que nos guiaron e deron todo tipo de información. De xeito moi especial ao doutor e investigador do Centro, Cesar Resch, que tamén forma parte da nosa asociación, polo seu tempo, adicación e amabilidade na tarde de hoxe, que facemos tamén extensibeis ás persoas que xunto a él nos acompañaron hoxe.
A continuación deixamos aquí unha galeria de imaxes da visita:












