Magdalena (Arxentina) homenaxea a Isaac Díaz Pardo co nome dunha rúa

Durante a mañá do día de hoxe levouse a cabo o renomeamento da rúa Balcarce, que nos seus tramos desde a Avenida España pasou a se denominar Isaac Díaz Pardo. O acto contou coa presenza do fillo do fundador de Celtia S.A., Camilo Díaz.

Fonte orixinal: Páxina de Facebook magdalenatv

Trátase dunha nova moi importante para a AC Irmáns Suárez Picallo. Como ben expresou durante o acto o fillo de Isaac, esa fábrica representa a memoria histórica de Galicia e do exilio. A reconstrución da cultura galega desmantelada pola ditadura franquista e o traballo incansable de Isaac Díaz Pardo nesta e noutras facetas quedan hoxe recoñecidas e homenaxeadas da outra banda do océano Atlántico.

Deixamos constancia aquí desde a AC Irmáns Suárez Picallo do noso agradecemento á Municipalidad de La Magdalena e ao seu alcalde Gonzalo Martín Peluso por este recoñecemento e pola homenaxe realizada no día de hoxe.

Se queres ampliar información de como se xestou esta homenaxe podes consultar o xornal dixital neste post: https://informadormgd.com.ar/2021/01/07/magdalena-homenajea-a-isaac-diaz-pardo-con-el-nombre-de-una-calle/

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *