Emma Pedreira presenta en Sada o seu novo libro

A AC Irmáns Suárez Picallo organiza en Sada o acto de presentación do novo libro de Emma Pedreira Os libros que hai en min. Este evento estará coorganizado coa editorial da obra, Cuarto de Inverno, e contará coa presenza da autora do libro, Emma Pedreira, de David Cortizo (Cuarto de Inverno) e de Mercedes Leobalde (vicepresidenta da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo).

O acto terá lugar o venres 18 de marzo ás 20:00 horas no local da Biblioteca Pública Municipal de Sada Ramón Suárez Picallo e contará coa participación da libraría Biblos.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará