“O péndulo”, unha interesante proposta de Inversa Teatro

A estrea da obra será o vindeiro venres día 4 no Auditorio Municipal de Vigo. O péndulo, de Marta Pérez (bisneta de Tirso Gómez,  fusilado no 36 no Castro de Vigo xunto aos seus compañeiros e veciños da Cañiza, onde tamén apresaron a María Gómez, a alcaldesa), é resultado do traballo de investigación da directora, que se acabou convertendo nunha obra de teatro

A directora d’ O péndulo dános traslado da súa proposta teatral, que desde Areal.gal divulgamos de mil amores. O péndulo vaise estrear este venres 4 de marzo no Auditorio Municipal de Vigo ás 20 horas e tamén vai estar, neste mes de marzo, o día 5 na Cañiza, o 11 en Silleda e o 26 en Gondomar. Para levala adiante contou coa axuda do Centro Dramático Galego, da MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia e da Área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. A peza será publicada ademais por Edicións Positivas

O péndulo é unha obra de teatro-documento que nos amosa como se desenvolveu a sublevación militar de 1936 e o inicio da Guerra Civil en Galicia. Este achegamento á nosa historia colectiva faise desde o persoal. Marta Pérez, codramaturga e actriz, trasládanos a experiencia do seu bisavó, Tirso Gómez Freijido, natural de Ribadavia e residente na Cañiza, membro do Partido Socialista Galego, republicano e presidente da Casa do Pobo da vila. Tirso foi apresado e fusilado no ano 1936 no Castro de Vigo, xunto cos seus camaradas Justo Moure, Jesús Pérez e Antonio Mojón. Outro veciño da localidade, Benjamín Malvar, apareceu asasinado nunha gabia. Canda eles foi apresada tamén María Gómez, alcaldesa da Cañiza, pertencente a Esquerda Republicana, a única muller que exerceu ese cargo en Galicia durante a Segunda República. Esta última conseguiu salvarse do fusilamento no último momento, alegando un falso embarazo. Foi condenada a cadea perpetua e rematou vivindo en Lugo coa anarquista Urania Mella.

Este é o dossier da obra

Aqui podes acceder ao díptico

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *