Manuel Pérez Lorenzo, novo presidente da AC Irmáns Suárez Picallo

A asemblea xeral de soci@s celebrada no día de onte, 21 de febreiro de 2022, pola AC Irmáns Suárez Picallo non era unha asemblea calquera. Era a última na que participou como presidente a persoa que ocupou o cargo desde a fundación da asociación, Paco Pita, que veu desenvolvendo maxistralmente a presidencia desde o 2008, cando se creou a Comisión Irmáns Suárez Picallo como entidade que xestionou e organizou en boa medida os actos que tiveron lugar con motivo da repatriación dos restos do noso irmán Ramón Suárez Picallo. Tras a celebración dos actos dese ano, nos que Paco Pita se involucrou dunha maneira decidida, constituíuse a asociación cultural da que foi presidente até a noite de onte.

Non o terá doado Manuel Pérez Lorenzo como novo presidente da AC Irmáns Suárez Picallo, proclamado como novo presidente no día de onte por unanimidade , xa que Paco Pita deixou unha pegada imborrable. O seu compromiso e bo facer como presidente serán sempre recoñecidos na nosa asociación, razón pola que onte foi proclamado socio de honra da ACISP.

Moita sorte para Manuel Pérez Lorenzo nesta nova etapa da asociación como presidente, cargo que xa exerce desde onte.

Carta de Saúda do novo presidente aos socios e socias da AC Irmáns Suárez Picallo:

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *