Somos unha asociación moi vencellada ao mar: somos de Sada, vila cunha fonda vinculación co mar, e levamos a memoria dos irmáns Suárez Picallo, ligados tamén profesionalmente a el como mariñeiros.
Na asemblea xeral celebrada no día de hoxe pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, o presidente saínte, Paco Pita, deixou constancia, en nome de todas as persoas que formamos a asociación, do noso recoñecemento e o noso pesar polo falecemento dos mariñeros do barco Vila de Pitanxo. O noso pésame ás familias e amizades dos que perderon a vida nese tráxico accidente.