No salón de plenos municipal reuníronse as socias e socios da ACISP para debater e aprobar o balance económico e a memoria de actividades correspondentes ao ano 2021, así como o orzamento e a proposta de actividades para o 2022.
Todos os puntos foron aprobados por unanimidade e poden consultarse aquí:
Tamén se aprobou conceder ao presidente Paco Pita a distinción de socio de hora, por ser socio fundador e presidente da asociación desde o ano 2008. Paco non puido asistir por razón médicas pero participou telefonicamente, agradecendo a colaboración de todas as persoas que ao longo destes anos traballaron con el e ao conxunto das socias e socios. Salientou ademais que a ACISP xa ten, afortunadamente, “velocidade de cruceiro” e que lle desexa moita sorte no traballo que se aveciña.
Na asemblea acordouse así mesmo a creación de diferentes grupos de traballo e facultouse a Xunta Directiva para poñelos en marcha:
– Consello de Redacción
– Comunicación
– Memoria Democrática
– Produción Audiovisual
– Documentación e Biblioteca
A continuación da asemblea anual ordinaria celebrouse a reunión extraordinaria para a elección da nova persoa que presida a ACISP. Esta foi a candidatura elixida por aclamación:
Presidente: Manuel Pérez Lorenzo
Vicepresidenta: Mercedes Leobalde García
Secretario: Abel López Soto
Vicesecretario: Rubén Anido Regueiro
Tesoureiro: Carlos R. Babío Urkidi
Vogais: Xosé Anxo Seoane Cao, Laura I. Pita Campos, David García Pauwels, Estevo Rodríguez Liste, Marisa Naveiro López
O novo presidente dirixiu unas palabras aos asistentes para agradecer o nomeamento, explicou as novas incorporacións á Xunta Directiva e apuntou que contaría con Paco Pita como asesor do presidente, figura esta contemplada nos estatutos da ACISP.
Manuel Pérez propuxo como gran reto a incorporación da xente nova á asociación.
Novamente interveu o presidente saínte para agradecer a confianza recibida durante tantos anos e pediu que se continuase traballando na consecución da declaración BIC do Museo Carlos Maside, para poder sumala á do Pazo de Meirás e a do edificio da Terraza.
Documentos para descarga: