Últimas horas para asinar o manifesto para demandar a declaración BIC do museo Carlos Maside

A AC Irmáns Suárez Picallo fará entrega o vindeiro venres 28 de xaneiro dos apoios ao manifesto para demandar a declaración BIC do museo galego de arte cntemporaneo Carlos Maside no rexistro do Parlamento de Galicia. A asociación sadense solicitará tamén unha entrevista cos diferentes grupos parlamentares co fin de conquerir un compromiso decidido coa protección, posta en valor e recoñecemento deste patrimonio cultural de incalculable valor.

Ainda estás a tempo de asinar o Manifesto. Non o demores mais!

Partillar

10 comentarios en «Últimas horas para asinar o manifesto para demandar a declaración BIC do museo Carlos Maside»

      • 23/01/2022 ás 15:20
        Ligazón permanente

        Grazas Juan. O teu apoio súmase aos máis de 1700 que entregaremos o vindeiro venres no Parlamento e que agardamossirvan para lograr a reapertura do museo e a súa declaración BIC

        Resposta
    • 23/01/2022 ás 15:18
      Ligazón permanente

      Grazas Rosa. O vindeiro venres levaremos todas estas sinaturas ao Parlamento e procuraremos o apoio de todos os grupos, porque é unha cuestión de país.

      Resposta
    • 23/01/2022 ás 15:22
      Ligazón permanente

      Grazas Germán. O vindeiro venres levaremos o teu apoio ao Parlamento, xunto co de máis de outras 1700 persoas que consideran unha boa idea adeclclaración BIC do Carlos Masisde e a súa reapertura

      Resposta
  • 21/01/2022 ás 14:01
    Ligazón permanente

    Tamen sabemos facer acaidamente reclamacions ante outras instancias.

    Resposta
    • 21/01/2022 ás 14:42
      Ligazón permanente

      Moitas grazas polo teu comentario M. Antonia Pérez Rodríguez. Nós facémola ante a máxima institución representativa das galegas e galegos. E ademais ten a capacidade lexislativa e control sobre a administración pública que ten as competencias plenas en xestión patrimonial. Contamos con toda as administracións e entidades para facer esas reclamacións de xeito acaido ante outras instancias. E temos plena disposición en colaborar con elas no obxectivo común que perseguimos.

      Resposta
  • 23/01/2022 ás 11:21
    Ligazón permanente

    O Museo Caslos Maside é extraordinariamente valioso polas obras que nel se expoñen e tamén pola estrutura que o acolle, deseñada por Isaac, arquitecto sen título pero de enorme talento e ideas orixinalísimas. Claro que se debe abrir ao público o Museo e, cando se faga, doarei varias pinturas e debuxos dos últimos anos.

    Resposta
    • 23/01/2022 ás 15:27
      Ligazón permanente

      Grazas Siro. É unha honra para unha asociación modesta coma a nosa recoller comentarios coma os teus. O vindeiro venres levaremos as sinaturas ao Parlamento e procuraremos que todos os grupos entendan que é unha cuestión de país protexer este museo. E por suposto as túas doazóns darían maior sentido ao Carlos Maside, porque a túa obra tamén é imprescindible para entender a nosa historia contemporánea .Apertas desde Sada

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *