O xornal La Opinión A Coruña publicou no día de hoxe unha reportaxe sobre un dos contidos seleccionados no último número de Areal, relacionado co 20º aniversario da suspensión cautelar do proxecto urbanístico que fora coñecido co nome de “Porto Infanta”. Nel faise un percorrido pola loita contra a construción desta urbanización e porto deportivo que tiña previsto arrasar a costa comprendida entre as praias de Morazón e Arnela.
Podes acceder aquí á reportaxe completa de La Opinión e ao número 23 da revista Areal onde se publica o artigo mencionado:
- Veinte años de la paralización de Porto Infanta: la macrourbanización de Sada que sentó precedente. https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2022/01/09/veinte-anos-paralizacion-porto-infanta-61380329.html
- A loita contra «Porto Infanta». A vitoria do sentido común. https://areal.gal/2021/11/a-loita-contra-porto-infanta-vitoria-do.html
- Areal 23