Acto de presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

No serán de onte acompañamos a Roberto Mera no acto de presentación do seu traballo titulado Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos. Este acto, organizado pola AC Irmáns Suárez Picallo e no que colaborou a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, foi presentado polo secretario da asociación Abel López Soto e polo seu vicepresidente Manuel Pérez Lorenzo.

Todos os intervenientes destacaron a importancia de recuperarmos a memoria esquecida -e, xa que logo, descoñecida- de persoeiros que, como Alejandro Viana, foron exemplo de compromiso cunha sociedade máis xusta e democrática.

Un libro moi necesario que desde a AC Irmáns Suárez Picallo recomendamos.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *