A revista Ortegal faise eco do acto de homenaxe ao mestre Rafael Fernández Casas organizado pola AC Irmáns Suárez Picallo

Emotiva homenaxe en Sada a Rafael Fernández Casas, mestre da Devesana asasinado no 1936

CRÓNICA DUNHA HOMENAXE MOI EMOTIVA

O pasado 11 do mes en curso o morno sol dun outono fuxidío bañaba en Carnoedo (Sada) a costa ártabra para iluminar un dia que se presentaba inesquecible para Rafael Orientado, o fillo de Rafael Fernández Casas, o exemplar mestre da SIR A DevesanaOrientadonacera en Souto (Sada) nunha casiña branca coma a neve, rodeada de roseiras e que fora escola e moradía dunha familia feliz formada por Melisendra e Rafael. 

Despois de 86 anos, por fin, aquel neno que dende o berce presenciou aterrado como uns desalmados levaban violentamente a seu pai, volveu ao territorio daquela efémera nenez. E foi todo mercé ao acto que, con agarimo e sensibilidade, lle organizou a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada.

Orientado e Sira, a súa dona, escoitaron emocionados as voces daquela xente nova que, coñecendo a vida entregada de seu pai como mestre comprometido, moderno e progresista, que alumeara aos seus devanceiros naquela aldeíña que se perde nunha estrada estreita chea de voltas e reviravoltas e que acubillou unha xeración de rapaces ledos e ben preparados. Palabras de agradecemento e recoñecemento a un profesional entregado e inserido na vida cotiá da súa veciñanza, entre a que destacou nomeadamente Xosé Antón Suárez Picallo tanto pola proximidade das súas vivendas coma pola afinidade ideolóxica. Rafael sucedería a Xosé Antón á fronte do Ateneo de Cultura Política e Social de Sada.

Destacados membros da cidadanía de Sada, entre eles o alcalde, Benito Portela, directivos da asociación para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e de distintas asociacións veciñais e un numeroso público encheu as aulas daquela escola cargada de historia. 

A asociación Terras do Ortegal, que participou nesta homenaxe de maneira activa, estivo representada pola súa directiva Vanesa Trevín e o socio e estreito colaborador  de Terras do Ortegal, Emilio Castro, veciño e amigo de Orientado. Nome este, por certo, que Rafael lle puxo a aquel cativo como recordo do que el empregaba como alias na loxía masónica de Santiago de Compostela, onde fora activo integrante. As posteriores vicisitudes que tivo que padecer a súa viúva, Melisendra, forzárona a desprazar aquela elección paterna por outra máis acorde co santoral cristián que tivo que abrazar para que o bautizara en Devesos, pasados case dous anos, o ínclito cura Orjales, aquel que no seu día forzara a clausura da escola laica “La Devesana” onde exercía entusiasta o bo de Rafael e onde coñeceu á súa amada Melisendra.

Pensamentos e lembranzas que, ben seguro viñeron á memoria de Orientado neste día de decembro tan especial e seguramente difícil de esquecer. Agora só queda recuperar os restos de Rafael, como é o desexo da súa única familia devesana, e volvelos á terra onde foi tan feliz e onde o agarda a súa esposa.

Artigo orixinal publicado en https://revistaortegal.blogspot.com/2021/12/emotiva-homenaxe-en-sada-rafael.html

——————————-

Texto: Emilio Castro Fustes

Para máis información, véxase: Castro Fustes, Emilio. “Rafael Fernández Casas. Un maxisterio de compromiso e paixón en terras do Ortegal”. Revista Terras do Ortegal nº 4 (2017), páx. 39-52.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *