
2021


UN NOVO ARTIGO RESCATADO DE RAMÓN SUÁREZ PICALLO
RAMÓN SUÁREZ PICALLO (Sada, 1894-Bos Aires, 1964) foi un xornalista, sindicalista e político galego. Emigrante na Arxentina cando mozo e deputado nas Cortes da II República, foi unha das principais figuras do Partido Galeguista, rematando os seus días no exilio. Colaborador ocasional do diario El Pueblo Gallego, de Vigo, nos anos 30, uns meses despois…

A imaxe comentada por Memoria de Sada
Memoria de Sada Este escaparate, corresponde á Confitería Del Valle hai moitísimos anos e na época de Nadal. O escaparate está repleto de «culebrinas», xa que o confeiteiro D. Guillermo as bordaba. Tras o escaparate pódese ver a tres persoas. A segunda á dereita é a súa muller dona Amparo. Vese tamén unha chaqueta branca…

ENTREVISTA A CARLOS BABÍO SOBRE O PAZO DE MEIRÁS
Nesta ligazón podes escoitar a entrevista que a Radio Galega realizou a Carlos Babío, membro da Asociación Irmáns Suárez Picallo e da Comisión Técnica sobre a actualidade das cuestións que afectan ao Pazo de Meirás.

1965. O ARTIGO NO QUE ISAAC PROPÓN HOMENAXEAR A SUÁREZ PICALLO
Redacción Areal Picallo quería que o enterraran no Fiunchedo Isaac, por Calros Silvar. Caricatura inédita. Cervo, 1980 Sendo eu un neno, entre os anos 31 e 35, levado da man do meu pai, coñecín a Ramón Suárez Picallo en Compostela, e adeprendín a lle ter respeito e ademirazón, inda sen saber outra cousa dil,…

AS VIAXES DE ISAAC
María América Díaz No ano 1966, Díaz Pardo tiña 46 anos e ocupábase o mesmo das súas tres fábricas de cerámica: O Castro, Sada (A Coruña), Magdalena (Bos Aires) e Sargadelos (Lugo), que se inaugurou no 1970. Ao mesmo tempo, mantiña unha actividade frenética de creación: – Publica Discurso sobre organización de empresa manufactureras (Imprenta Moret,…

“AS MIRADAS DE ISAAC”. ACCEDE AQUÍ Á VISITA VIRTUAL DA EXPOSICIÓN
As miradas de Isaac é a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo despois do seu falecemento (5 de xaneiro de 2012) e faise facéndoa coincidir co centenario do nacemento (22 de agosto de 1920) co obxecto de situar como merece na historia de Galicia ao responsable de achegas tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de…

UN POEMA-CARTA PARA ISAAC
Carmen Villar querido isaac, un día dixéchesme: quixera saber máis cousas da esfinxe, mais a esfinxe cuarteou e levou o seu segredo. ti tamén marchaches, isaac, e levaches canda ti moitas respostas a preguntas importantes, preguntas que mesmo corren o risco de deixaren de ser feitas. nós tamén quixeramos saber máis, isaac, todo…

ISAAC DÍAZ PARDO, EMIGRANTE Á ARXENTINA
José Martínez-Romero Gandos Súmome ás homenaxes que galegas e galegos organizan para celebrar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, salientando os méritos, calidades e aptitudes dun importante representante da cultura galega. Para coñecer a súa biografía contamos cunha importante contribución de publicacións, nomeadamente as publicacións da A.C. Irmáns Suárez Picallo, polo que limitarei…

ISAAC DÍAZ PARDO E A XEOLOXÍA DE GALICIA
Juan Ramón Vidal Romaní O primeiro centenario do nacemento (22 de agosto de 1920) de Isaac Díaz Pardo cumpriuse hai uns días cunha repercusión discreta, aínda que moi honrosa, na sociedade galega. Como moito gusta dicir, aínda sen saber o que di, a xente de letras cualifica ao personaxe como poliédrico, unha palabra xeolóxica 100%…

A obra cerámica de Isaac Díaz Pardo
Teresa Pena Moreda – Fernando Arribas Arias Reloxo representando a Cronos, candelabro e nú, pezas deseñadas por Díaz Pardo nos primeiros anos de Cerámicas do Castro Fotografías cedidas polos autores O primeiro contacto de Isaac Díaz Pardo co mundo do deseño ten lugar sendo estudante de Belas Artes na escola de San Fernando, cando, no…

MEIRÁS, UN ESPAZO PARA A APRENDIZAXE
Un artigo do noso compañeiro Manuel Pérez Lorenzo que publica hoxe o diario La Opinión de A Coruña. Pasado, presente e futuro son planos no tempo que se retroalimentan. Se o momento no que vivimos é produto do que nos precedeu, os relatos que construímos para explicar o pasado teñen moito que ver co presente desde…
Historias reais en Sada do mar e da terra por un neno moi ocupado na década dos anos 50 (IV)
X. Farruco Fernández Rivas A pesca do Palangre con liña Lembro con anécdota incluída a pesca do congro ó Palangre co Meu Padriño Pepe de Coques indo a remos no «Eolo» a pescar á outra banda, a os illotes do Carbón e a Carboeira despois de coller sardiñas no porto de Fontán para «encarnada». O…

TRAXEDIA NA RIA. 23 FALECIDOS AO NAUFRAGAR UNHA LANCHA A REMOS (III)
José Manuel Borrazás Babío En canto aos barcos da Armada que aparecen citados, dicir queestamos a falar dos seguintes navíos: corveta a vela «Villa de Bilbao», fragata de hélice «Carmen», e vapor-remolcador de rodas con casco de ferro «Ferrolano». Imos facer unha pequena referencia a cada un deles, que poida servir de modo ilustrativo sobre…

RUTA ROTEIROS SAUDABLES EN SADA
Alejandro Alba O entorno de Sada ofrece unha boa posibilidade para aqueles que lles gusta gozar da natureza. Neste artigo, falaremos da ruta Sada-Lourido, etapa pertencente á ruta de sendeirismo PR-G 96. Trazado da ruta Sada-Lourido e perfil de desnivel da mesma Imaxes do autor

REDEIRAS E REDEIROS
Mercedes Leobalde Homes cosendo nas redes no porto de Sada. Fotografía cedida por Memoria de Sada É ben sabido que Sada é vila tradicionalmente mariñeira, tan mariñeira que ten por escudo unha barca de vela entre dúas torres. Foi noutros tempos abondosa na pesca da sardiña, especie da que chegaban a porto toneladas e toneladas,…

Os crimes de Osedo. Sucesos que conmocionaron á parroquia no albor do século XX
Manuel Pérez Lorenzo D. Pedro Rivas, rico propietario de Osedo (Coruña), ha disparado contra un mozo del citado pueblo tres tiros a boca de jarro. Según parece, al Sr. Rivas le molestó el que dentro de la parroquia no dejaran a su señora que se sentara en el presbiterio […]. El Globo, 27/03/1904 En la…

O CABALO AMARELO: A PESTE E A MORTE
Manuel Lugrís Rodríguez Dise no libro do Apocalipse no seu Capítulo 6, falando da aparición dos catro xinetes: «E ollei un cabalo amarelo, e o que estaba sentado nel tiña por nome Morte e seguíao o Inferno e foille dada a potestade sobre a cuarta parte da terra, para matar con espada, con fame, coa…
SANIDADE PÚBLICA E COVID. OS CENTROS DE SAÚDE
Rexina Basadre A aparición da pandemia do covid-19 podemos considerala unha catástrofe social, con consecuencias tanto na saúde das persoas como na economía. A necesidade de coidar a saúde individual e colectiva para evitar a transmisión incontrolada do virus cambiou moito a nosa forma de vida; o uso das máscaras, o distanciamento entre persoas, así…

UNHA OUTRA VEZ, OS TEMPOS SON CHEGADOS
Isabel Risco Ouxetos Alleos no Ceo de Galicia (1984), grabado de Isaac Díaz Pardo Colección Afundación Os tempos son chegados dos bardos das idades». Como tantas outras veces, este verso cheo de potencia druídica, que con outros moitos, coa mesma forza e significado libertador, compoñen unha alquimia que nos inza o peito de espírito…

SEMPRE SE FALOU BEN DO DEFUNTO, UNHA VEZ FINADO
Miguel Mosquera García. A Terraza de Sada Fotografía de Marisa Naveiro A conformidade popular que existe hoxe co estado do patrimonio arquitectónico de Sada é preocupante. Non só é preocupante, ten consecuencias. Camiñar pola avenida Pedro Barrié de la Maza pode ser unha verdadeira tortura para os transeúntes máis observadores. Edificios terribles, que…

UN DOSSIER COMPLETO SOBRE A SENTENZA QUE OBRIGA A DEVOLVER AO PATRIMONIO PÚBLICO O PAZO DE MEIRÁS
Hoxe rematamos a publicación do Dossier sobre o Pazo de Meirás que compartimos con vos no nº 21 da revista Areal. Aquí podes consultar todos os artigos publicados. Tamén elaboramos unha escolma de documentos relativos ao proceso de declaración do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural, e sobre o proceso que fixo…