2021
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL. 2021 CENTENARIO DO NACEMENTO DE CARMEN ARIAS DE CASTRO (MIMINA)
Reproducimos a continuación a Declaración Institucional aprobada no día de onte polo pleno da Corporación municipal de Sada, con motivo do centenario do nacemento de Carmen Arias de Castro (Mimina): Neste 2021 o Concello de Sada quere conmemorar o centenario do nacemento de Carmen Arias de Castro, “Mimina”, figura senlleira e fundamental na historia da Galiza do…
XELA ARIAS. A PALABRA ESGAZADA
A Real Academia Galega aborda a vida e a obra da protagonista das Letras Galegas 2021 nesta serie documental de 6 episodios.
UN ARTIGO DE ABEL LÓPEZ SOTO NO XORNAL ARXENTINO “INFORMADOR MGO” EN LEMBRANZA DE MIMINA
https://informadormgd.com.ar/wp/2021/04/15/un-recuerdo-para-mimina-en-el-centenario-de-su-nacimiento/
BELÉN RODRÍGUEZ PAZO: MIMINA EN AZUL COBALTO
E dixo a artista: “Ola, envíovos o seguinte retrato inspirado nunha fotografía familiar de Carmen Arias, Mimina”. Belén Rodríguez Pazo, a autora do mesmo, por veces gusta da forma, dos trazos lineais nesa tendencia que conflúe coa estética oriental. Mais noutras ocasións é a cor a que debuxa, é a superficie fechada a que, por…
ESTE VINDEIRO LÚNS PRESENTAMOS AREAL 21 NA SEDE A AGRUPACIÓN CULTURAL ALEXANDRE BÓVEDA
Este vindeiro lúns día 19 de abril e as 19:30 horas, presentaremos o número 21 da revista Areal na Sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos nº 16 – 1º da Coruña). Lembra que é un acto presencial e para asistir tes que anotarte previamente na web da Agrupación Cultural no seguinte enderezo: https://www.acalexandreboveda.gal/events/areal-meiras-2020/…
XOSÉ DÍAZ LEMBRA OS SEUS PAIS: MIMINA ARIAS DE CASTRO E ISAAC DÍAZ PARDO
Neste día do centenario do nacemento de Mimina Arias de Castro, rescatamos este artigo do seu fillo Xo´se Díaz publicado no blog “Unha manda de pezas para Isaac“ Xosé Díaz achega un texto fermosísimo no que lle dá voz e presenza á eterna compañeira de Isaac, Mimina, persoa tamén formada en artes mais sempre ao…
En lembranza de MIMINA no CENTENARIO DE SU NACEMENTO
Abel López Soto De esquerda a dereita, Carmen Arias de Castro “Mimina”, Isaac Díaz Pardo e o autor deste artigo, Abel López Soto e Xesús Alonso Montero Mimina naceu tal día coma hoxe, un 15 de abril de 1921 na Coruña. A súa figura está moi ligada á do seu marido, Isaac Díaz Pardo, ainda que…
CONMEMORAMOS O 90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA
A AC Irmáns Suárez Picallo conmemorou un ano mais a proclamación da República
90 ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA
Hoxe, 14 de abril, conmemoramos o 90 aniversario do inicio desa experiencia modernizadora que foi a II República, o noso referente máis inmediato de democracia no pasado. Un período curto, apenas cinco anos, no que se puxeron en marcha reformas agardadas desde décadas atrás. Cinco anos nos que comezou a implantarse unha nova cultura…
DISPOÑIBLE O Nº 21 DA REVISTA AREAL
Xa está dispoñible en areal.gal o número 20 da Revista Cultural de Sada “Areal”, tanto na súa versión dixital como en pdf. – Acceder á versión dixital de Areal nº 21 – Acceder á versión en pdf de Areal nº 21 – Acceder á Hemeroteca da Revista Areal Lembra que a revista Areal editada en papel pode recollerse na Oficina de Turismo de Sada…
CONVERSA CON ISAAC DÍAZ PARDO CO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS E AS CIENCIAS AO FONDO
Compartimos con vos este artigo de Xosé A. Fraga que publica hoxe o diario La Opinión de A Coruña e que consideramos de interese: Episodios da cultura científica O pasado 2020 cumpríronse cen anos do nacemento dunha figura esencial na Galicia da segunda parte do século XX, Isaac Díaz Pardo. Lamentablemente, a pandemia COVID-19…
ENTREVISTA AO VICEPRESIDENTE DA AC IRMÁNS SUÁREZ PICALLO SOBRE A SITUACIÓN DO PAZO DE MEIRÁS
Nesta ligazón podes escoitar a entrevista a Manuel Pérez Lorenzo, un dos promotores do Manifesto para que o Estado recorra a sentenza sobre o Pazo de Meirás Aquí podes asinar o Manifesto “volver a pagar polo roubado: unha sentenza inasumible para un Estado democratico
O MOVEMENTO MEMORIALÍSTICO GALEGO, NO QUE ESTÁ INTEGRADO A AC IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, PIDE REUNIÓNS CO PRESIDENTE DA XUNTA, OS GRUPOS PARLAMENTARES E O DELEGADO DO GOBERNO PARA INSTAR Á PRESENTACIÓN DO RECURSO DE MEIRÁS
Os colectivos agrupados na IGM estarán representados por Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo nesta nova loita contra a impunidade franquista, perpetuada nunha sentenza que obriga a indemnizar os Franco e branquea o espolio da ditadura. O manifesto “Volver pagar polo roubado: unha sentenza inasumible para un Estado democrático” conta xa con 3.000 sinaturas e…
MANIFESTO DA AELG NO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021
Con motivo da celebración no día de hoxe do acto central da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021 celebrado no Panteón de galegos ilustres, compartimos aquí o Manifesto que fixo pública esta entidade. Ver manifesto
A VIAXE DE PANDORO
Xacobe Anido Castro Baixa Idade Media: Século XIV Acababa de rematar a Peste Negra, tamén chamada como «Morte Negra», en España. A miña muller acababa de ser unha das moitas vítimas da peste, e eu refuxiábame no dormitorio da miña casa en Segovia. A miña casa era unha das máis grandes e luxosas do tempo.
Poema
Emma Pedreira Proba –desafíote–. Proba a escribir un poema de nós e que non diga pel labios dedos que non diga sede e dano que pase por ti e non fracture cada sílaba da lingua mentres se enlea nun cabelo solto que ignore que hai centímetros salgados e poros comburentes. Proba a eliminar a palabra…
LISTA ORDENADA DO CONFINAMENTO
Vanesa Santiago Ilustración orixinal de David Suárez «Geppe» Non me gusta ter medo a coller o becho, nin a que o collan os seres queridos Non me gusta non ver aos seres queridos e estar preocupada por eles
SOL DE DECEMBRO
Paris Joel Aínda que o ceo amose as engurras máis feroces E a choiva sexa máis perpendicular no inverno, Nada molla tanto coma o Sol de decembro. Esa caloriña que ferve no verde campo, Que agudiza o primeiro sorriso da mañá, Ese aire okupa nos pulmóns deshabitados [da esperanza, Lume para o lixeiro camiñar dun…
FOOTBALLS1
Nacho Taibo Sublime profesor honesto, alcohólico oculto, a Cuniberto foille ben até que se espallou. Non só para os achegados, nin á sociedade galega, senón á Europa enteira. Idea única, recorrente, axiña chegou a apóstolo. Moito debía á súa biografía, un neno de mamá que desatendía os gustos do pai. Até a saciedade repetiu o…
O SETE
Xoanseca Ilustración orixinal de Eduardo Seoane Riveira —Ostras, e agora que demos fago! Andaba na procura dun lugar de especial fermosura nas beiras do río Mandeo do que oíra falar, pero quedei atoado nunha corredoira dos montes da zona. O meu Citroën 2 CV non andaba nin para adiante, nin para atrás. Non era un…
NOTICIA CERTA DA SEREA DE PENAMOURA
Rubén Anido Regueiro O vello saíu de entre as sombras como unha aparición e aproximouse ao resto da xente. Tocado pola luz devalante dun quinqué veciño, levaba consigo algo de etéreo, de trasmundo.
AS RECOMENDACIÓNS DE SERGIO MODIA
Sergio Modia CINE The road (2009) Situados nun futuro post-apocalíptico, un pai e un fillo emprenden unha viaxe cara á costa, onde aínda é seguro vivir, despois dunha sucesión de desastres naturais descoñecidos, que mergulla a terra nunha zona completamente inerte. Non queda vexetación, nin animais, só un pequeno grupo de humanos que intentan sobrevivir…

