Un ano despois de que o Estado tomase posesión do Pazo de Meirás, foron moitas as cousas que pasaron. Os Franco están a dar batalla por todos os bens (mobles e inmobles). Desde o noso punto de vista, tan só o noso concello deu a batalla acaidamente contra as pretensións de recuperar a propiedade. Nomeadamente dos bens mobles que existen no Pazo, mais tamén do propio inmoble.
O Estado sigue sen demandar formalmente boa parte deses bens. E a Xunta, con competencias plenas en patrimonio cultural sigue sen protexelos. E ambos escenifican actos e culpas que nada axudan a normalizar unha situación de mais de 45 anos de vergonza.
O vindeiro mes de xaneiro celebrarase a vista pola titularidade dos bens mobles, onde o concello de Sada presentou un informe pericial redactado polo noso vicepresidente Manuel Pérez Lorenzo. Un informe amplo e esclarecedor e que faremos público no momento que sexa legalmente posíble.
Compartimos aquí novas publicadas hoxe con motivo do aniversario da toma de posesión polo Estado do Pazo de Meirás.
Meirás, un ano despois: sensacións “agridoces” e o seu futuro no ar
Meirás: solo visitas al exterior del pazo un año después de su cesión