Presentación dun novo número dos Cadernos de Estudos Locais. Nesta ocasión adicado ao mestre represaliado polo franquismo, Rafael Fernández Casas

Este vindeiro sábado organizareros nas escolas de Carnoedo desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo , unha homenaxe a Rafael Fernández Casas, o mestre de Souto asasinado no 36 polos fascistas.
Estará presente o seu fillo Rafael, que tiña 6 meses e estaba na casa de Souto cando levaron ao seu pai.
Estarán tamén representantes da Asociación Cultural Terras do Ortegal, de Ortigueira, onde vive na actualidade Rafael.
O acto comezará as 12, será breve e ao final teremos uns pinchos.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *