Feitizaría

 Manuel González Prieto

as diabruras da clase
están a facer unha estivada no monte comunal

gastan bromas
inventan cousas e
quérense moito

tan só é un rumor?!
ou quizais un queixume no arremedado verso de Pondal
aparentemente de madeira e fartura de fastos e festexos

latrican no dialecto
esborrallando as coordenadas
para cando triunfe a revolución verdadeira
 

e logo gobernar
queimar a broza
ciscar a cinza
para arar despois
e non se volveren erguer

baixo o xugo oen
un pequeno tremor

romperon o temón e tamén o aparello!

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *