As recomendacións de Sergio Modia

 CINE

Elephant (2003)

É unha película dirixida por Gus Van Sant e que recibiu unha plama de ouro en Cannes 2003. Narra dunha maneira paralela e desde outro ángulo, a matanza de Columbine dos Estados Unidos.

Genuine (1920)

Un dos directores máis importantes do expresionismo alemán, Robert Weine (O gabinete do doutor Caligari) sedúcenos con esta historia escura sobre vampiros. Un mediometraxe digno de admiración.

Pi (1998)

Esta película está rodada integramente en branco e negro de alto contraste. Unha película moi curiosa, que nos fai reflexionar sobre as obsesións. Darren Aronofsky penétranos na mente dun virtuoso das matemáticas e unha vida ao límite.
 DOCUMENTAL

Inside Job (2010)

Grandiosa obra documental sobre o colapso financeiro do 2008. Ten unha montaxe excepcional, unha condución moi amena, onde nos conta, con entrevistas a persoas dentro do mundo financeiro, como se creou e xerou unha das maiores estafas financeiras a nivel mundial.

 MÚSICA


An American Prayer (1978)


Un dos discos menos coñecidos de The Doors. Fusiona o poemario de Morrison e música da banda. Temas coñecidos e algún tema novo despois da morte de Jim.


Un disco para gozar tranquilamente, onde a voz profunda de Morrison, fúndese coa música, dándolle outra dimensión.

True Mountains (2019)

O seu último traballo evócame os sons máis puros do punk-rock dos 80 e 90. Un disco moi completo, moi divertido e de calidade. Un disco máis que recomendable.

The Cinematic Orchestra (2003)

Este disco dá banda Sonora á reedición da famosa pelicula soviética “Home con cámara”, de 1929. Unha delicia para os oídos, base de drum and bass, mesturado con sinfónica e samples electrónicos, unha pasada.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *